miércoles, 14 de enero de 2009

Faltan 5 días


Non vos esquezades, o vindeiro luns 19 ás 19:00 horas terá lugar en Castro Caldelas a Festa dos Fachós.

A festa do lume, a festa máis enxebre e espectacular que se celebra en Galicia estaravos esperándo. Alá nos vemos.


Balance positivo

Son ducias e ducias os actos que un Comité de Electoral dun partido político ten que organizar ó longo dunha campaña. Pero sempre hai un deles que marca un punto de inflexión na mesma, e no caso de Ourense este acto foi o do pasado domingo.



A verdade é que nunca empezaramos a este ritmo. Nas tres últimas citas electorais Zapatero estivo con nós en Ourense, pero esta vez foi moi distinto. Nas outras ocasións xa estabamos máis metidos en campaña. Desta vez entre que cuadrou á volta de Navidades, co cal a xente parece que está máis fría, ademais por parte do PP e do BNG practicamente non existen as eleccións, non se sabe onde están, non se moven. E pola nosa banda a candidatura aínda está sen rematar, os días claves van a ser este venres e este sábado.


Pero o acto foi todo un éxito, seis mil persoas no Pavillón dos Remediosnun día frío, moi frío. Domigo pola mañá, pero aínda así a xente acudiu dende todos os rincóns da provincia.

Como responsable provincial dos actos no Comité Electoral é normal que os días previos un estea algo nervioso xa que son mil cousas as que poden fallar. Pero entre a xente de Madrid, os de Santiago e un xenial grupo de Ourense que o dan todopara que o acto saia a pedir de boca, non se pode pedir máis.

É moita a xente que se deixa a pel na organización, pero hai un deles ó que lle habería que facer un monumento. Lalo G. Rosales está de sol a sol dandoo todo para que todos/as os asistentes non noten nin un só fallo (que algúns cometemos ;) )



Como sempre hai anécdotas teño que contarvos unha. A víspera á noite preguntámoslle a Lalo si falara cos do Pavillón para que ó limparan todo antes do día do mitin pola mañá. El respostou textualmete "Si, xa ven alguén do pavillón a limpar todo..........................creo".

E poño eses puntos suspensivos porque hai prodúxose un longo silencio seguido do "creo". Ó cabo dun pouco e en ton de broma Blas e Eva vaticinaron que aínda ía ter que limpar eu o pavillón.

O caso é que nos fomos a cear e logo a durmir. Ás oito da mañá do domingo chegamos Lalo e máis eu o pavillón, e este estaba sen limpar, e non había posibilidade de que o limpase ninguén.

Pois escoba en man, os dous, toucos limpar toda a pista antes de que entrara ninguén. E nos alí con trinta policías e os cadelos buscando explosivos a facer a faena.

Esas son as pequenas cousas que non se ven, pero que ó ver o ben que sae todo merece a pena facer e rirse delas.