martes, 27 de febrero de 2007

Un asasino quérese converter en mártir.

Juan Ignacio de Juana Chaos, un asasino de ETA, un verdugo que foi quen de decidir sobre a vida dos demais, está en folga de fame.
Esta folga de fame é unha medida de presión para que sexa liberado da súa condea e así poder demostrar ó mundo abertzale que así pódese doblegar ó Estado.
Hai días os seus avogados grabaron un vídeo e realizaron unhas fotos (esta é unha delas) para demostrarlle ó mundo o ruín que é o Estado Español e como trata os presos de ETA.
Compre dicir que ata o de agora De Juana era alimentado por orde xudicial mediante unha sonda, pero hai uns días el mesmo arrincouna, para presionar máis todavía. E por eso polo que debe ser atado para poder cumprir a orde xudicial.
De Juana, baixo ningún concepto, debe ser liberado por motivos humanitarios, como se fai con otros presos. Esta situación foi provocada por el mesmo deliberadamente. Existen outros casos de liberacións pero de presos terminais ou moi graves de enfermedades non provocadas por eles mesmos.
O terrorista de ETA debe ser mantido, obligatoriamante, e empregando os métodos precisos con suero. Este desalmado o único que pretende é provocar a súa morte e converterse nun martir da esquerda nacionalista vasca. Por nada do mundo o Estado pode permitir que eso aconteza. De Juana debe cumprir a súa condea e logo ser liberado, pero este asasino non é quen de converterse nun mártir. Un asasino vil e cruel é sinxelamente eso un asasino.