Mostrando entradas con la etiqueta política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta política. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de febrero de 2009

Destino Illas Caimán (os tinglados do PP II)



Xa sabemos en que praias e baixo que cocoteros pasan as vacacións algúns do PP. Pillaron á fichaxe estrela de Núñez Feijóo coas mans na masa.

O número 1 do PP galego presumiu ata a saciedade de que ó cabeza de lista dos populares ourensanos o colocara el, gañandolle a partida a Baltar, restregoullo pola cara ata que Balatr tivo que recoñecer que nesa operación el non tiña nada que ver, aínda que a avalaba.


Baltar nunca lle predonou esto a Feijóo, e dende ese mesmo momento comezaron a circular os dossieres, e tardaron pouco en axudarnos a aprender un pouco máis de xeografía, porque agora xa todos/as os/as ourensanos sabemos onde se atopan as Illas Caimán.

Núñez Feijóo asegurou días atrás que Luis Carrera Pásaro, o cabeza de lista do PP por Ourense ía ser o garante dos nosos cartiños se os do Partido Popular gañaban as eleccións.


A min gustariame que nos explicase agora esto que dixo días atrás, se tan bo era hai unha semana, como é que agora é tan malo?

Tería que explicar o señor Feijóo onde coñeceu a Carrera Pásaro, acaso foi tomando o sol nunha tumbona das praias das Illas Caimán.

O PP escondese e ten moitísimas cousas que explicar, pero ó mellor quen sabe moito desto é Baltar, porque está claro que foi do seu entorno de onde sairon estes dossieres, senón como xustificades que o sheriff dos "populares" ourensanos estea dando saltos de ledicia.

A esto hai que sumarlle as detenccións de Garzón coa presunta trama de corrupción urbanística ligada ó PP. Entre os detidos hai un vello coñecido de Baltar, o número dous do seu íntimo amigo, xa falecido José Cuíña.

Baltar trataba moito a Pablo Crespo Sabarís, unha das cabezas pensantes do PP galego en época de Cuiña, e un dos que arranxaba algúns problemillas por ahí, vos xa me entendedes, non se pode dicir máis.

Está claro que o PP está putrefacto e descomponse por todos os frentes. Esta é unha guerra de coitelos afiados ó estilo da que se traen en Madrid entre Rajoy, Aguirre, Gallardón e os espías.

Mañá sigo a contarvos máis cousas, que esto creo que dá para escribir un libro. Voume tarareando unha canción: " Se va el caimán, se va el caimán, se va pa....."

miércoles, 27 de agosto de 2008

¿Dereito á independencia?

Monumento a Stalin en Gori (Xeorxia)
Estes días estaredes vendo polos medios de comunicación que a comunidade internacional está totalmente perplexa polo recoñecemento de independencia de Osetia do Sul e Abjazia por parte de Rusia.
No noso continente, que sabemos moito de descomposición de países e dos feitos traumáticos que esto conleva moitas veces, deberiamos ter algo máis de cabeciña e non deixarnos guiar polos primeiros impulsos.
Eu creo que a Rusia o mesmo lle tería se estes dous territorios son xeorxianos ou o deixan de ser, pero é que EEUU estalle tocando a fibra sensible a Putin e Medvédev co escudo antimisiles, e non hai que esquencer que xeorxia e un paso obrigado de varios gaseoductos e oleoductos ( o cal son moitos cartos).
Pero, ó que eu ía. ¿Deben de ter todos os territorios dereito á independencia? ¿Pode unha rexión, unha provincia, un pobo, unha comunidade de veciños ou unha persoa declararse independente unilateralmente do resto e ser recoñecido unicamente por un país? ¿É eso legal sen o recoñecemento mundial? ¿Non xogan aquí grandes intereses económicos, políticos e militares? ¿Ten xustificación que unha potencia militar mundial invada territorio dun veciño para "defender ós seus cidadáns"?
Eu creo que a resposta é non, por moitos motivos. E creo que hoxe Rusia merece unha resposta contundente da comunidade internacional por violar as leis internacionais.
¿Que lle parecería a Rusia se se declara independente Kaliningrado, Karelia, Daguestán ou Kamchatka sen o seu consentimento e son recoñecidas como países por EEUU?
Seguro que non o aceptarían, pero aquí hai dúas varas de medir e eso non é bó. Nin para Rusia, nin para Xeorxia nin para o resto dos países xa que pode crear precedentes e inestabilidades territoriais.

lunes, 4 de febrero de 2008

Por Deus....non sigas dicindo Amén


Bispos sementando odio e rencor polas esquinas, coma cadelos rabiosos. Mesturando terrorismo, con política e con relixión. Manipulando ós feligreses e enganando á xente.Facendo campaña un día sí e outro tamén a favor do PP. Este é o pan noso de cada día. Esta é a Igrexa que fundou Xecucristo hai máis de 2000 anos?.
Agora os bispos fan de víctimas e o cardenal arcebispo de Toledo, Antonio Cañizares asevera que a Igrexa "non ten outra palabra que dicir que Cristo" e "esa palabra non a calará nunca, non a silenciará a pesar dos poderes deste mundo que quixeran silenciala ou vela reducida ós espazos sacrales, non a deixará morrer nunca".
Os curas din que trala nota de "orientacións" difundida nestes días, eles non tratan de impoñer nada en absoluto (só faltaría), senón que só tratan de exhortar, pero de ningún modo de xeito partidista.
Estes señores só merecen un calificativo, o de sinvergoñas.
E aínda por riba de intentar orientar o voto cara a dereita máis retrógrada, póñennos todos os impedimentos posibles á xente coma min que intentamos apostatar e desvincularnos dunha Igraxa ca que non queremos nin temos nada que ver.
Sei que non fago uso desta linguaxe moi a miúdo. Pero como diria o xenio, Fernando Fernán Gómez, xa falecido: VAIÁNSE Á MERDA
Por eso, por Deus....non sigas dicindo AMÉn

martes, 22 de enero de 2008

O libro de Cefe. A esforzada conquista da autonomía (1979-1981)

Hoxe estivemos acompañando a Ceferino Díaz na presentación do seu libro A esforzada conquista da autonomía (1979-1981).
Con el estivemos ducias de compañeiros e compañeiras de partido, moita xente do mundo da cultura e diversas personalidades.
Eu comezarei a ler o libro estes días e xa vós contarei como viviu Cefe en primeira persoa o parto do
Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.
Perdoade pola calidade da foto, pero é o que ten utilizar un móbil para algo para o que non é o seu.

jueves, 10 de enero de 2008

Vota LAICO



Sei que non fago ben con esta entrada reclamando o voto para un partido en concreto cando aínda non comezou a campaña electoral. Pero quería darlle publicidade a este partido político de nova creación.

LAICO, Liga de Anacoretas de la Iglesia Católica de los Obispos, este é o novo partido que concurrirá as novas Eleccións Xerais de marzo de 2008. Aquí tedes a foto dos seus candidatos de retiro espiritual en Fátima para preparar o seu programa electoral.

Esto, que como podedes ver é unha broma, non o é tanto. Dende hai un tempo os bispos españois están a remexer na política española intentando segui coa súa cota de poder na sociedade e na política. Unha cota que cada día vai a menos. Hoxe desvélase nunha enquisa, que grazas a esa labor de achegamento cara a relaidade do día a día da nosa sociedade, a Igrexa Católica fai que xa non se bauticen o 43% dos cativos e cativas, que os sacramentos da comunión e da confirmación descendan en picado ano tras ano, que o 27% dos recén nados o fagan fora do matrimonio, que os matrimonios civís xa superen ós católicos en catro Comunidades, e todo esto mentres o 77% da poboación se segue a definir como católica.

Pois nada, a Igrexa xa só lle queda facer o que en Italia fai o cardenal Ruini, fundar un partido que estea en contra dos matrimoinios civís, os de parellas do mesmo sexo xa nin falr (a estes expulsalos do País), que estea en contra do aborto, do divorcio, da fecundación asistida, da eutanasia, da investigación con células estaminais, ... e ver en realidade cales son os apoios que lles brinda a sociedade española.

Eu alegraríame moito de que concorreran a uns comicios, por dúas cuestións. Primeiro, poder ver cal é en realidade a cantidade de xente que os respalda. E segundo, poder ver cal é a cantidade de votantes do PP, disfrazados de centristas, que apoiarían a un partido ultra-católico.

Dentro dun partido como o PP non poden ter cabida dende centristas e liberais a seudo fascistas e ultraconservadores. señores bispos fagan que os votantes quiten a súa máscara e acudas as urnas co seu partido ATEO xa.

lunes, 29 de octubre de 2007

Menudo día



Onte volveu a haber eleccións municipais na Arnoia. Volvéronse repetirdebido a un fraude producido ó día da súa convocatoria oficial. Naquela data a presidenta da mesa, por orde do alcalde do Concello introduciu na urna un feixe de votos que non eran válidos, coa nosa postura en contra. Esto costoulle a Rogelio Martínez non poder ser elexido alcalde ata o de agora. Pero o que máis lle doe é que non puido ser elexido deputado provincial e polo tanto vicepresidente da Deputación.
O día foi moi longo e a tensión moita. Digamos que estabamos en territorio "hostil". Repetíronse as eleccións e repetíronse os resultados: 7 concelleiros para o PP, 1 para o PSOE e 1 para o BNG. Aínda que nós quedamos a 2 votos do segundo concelleiro.
A verdade é que un quédase estupefacto o poder observar de preto a maquinaria electoral que Rogelio Martínez ten montada tanto na Arnoia como no exterior.
Na urna chegaron a entrar tantos votos de emigrantes como de residentes e mentres que os votos dos residentes eran case parexos para o PP e a suma do PSOE e BNG, os da emigración foron 186 para o PP, 23 para o PSOE, 7 para o BNG e 1 branco.
Para o PP entraron na urna 186 votos da emigración e só 179 de residentes. Está claro que Rogelio ten montado en Uruguay e Argentina un "tinglado" que o día que alguén llo dea desmontado este señor deixa de ser alcalde dun dos concellos máis bonitos de Galicia

25 anos despois

Onte fixéronse 25 anos do triunfo do PSOE e Felipe González nas Eleccións Xerais de 1982.
Estas foron un punto e aparte na historia da democracia española. Por primeira vez dende o nacemento da democracia vencía o Partido Socialista.
Os resultados catapultaron a Felipe á presidencia do goberno co respaldo máis grande acadado nunca por un líder político nunhas eleccións a Cortes.
202 deputados do PSOE, 107 de AP-PDP, 12 de CiU, 11 de UCD, 8 de PNV, 4 do PCE, 2 do CDS, " de HB, 1 de ERCe 1 de EE. Estas eleccións supuxeron o descalabro de Adolfo Suárez e da UCD, que perdeu 157 deputados, o PSOE gañou 81 e AP-PDP 97. O PCE tamén foi un dos grandes derrotados ó retroceder 19 deputados.
Este día foi un gran paso adiante na historia da democracia española.
Pódedes profundizar máis no tema lendo este artigo de Joaquín Estefanía no diario El País, ou ver este especial do diario El Mundo.

miércoles, 24 de octubre de 2007

Segue a xira


A nosa particular xira segue sen parar por todas as comarcas de Ourense. Hoxe tocounos O Ribeiro. Fixemos un acto de partido para analizar a situación comarcal e as vindeiras eleccións xerais entre outras moitas cousas.
A actividade desenvolveuse no Pazo Abadía Caldaria de Arnoia. Como recibimento o alcalde encheu o camiño dende o pobo ata a abadía de carteis en contra do parque ambiental. Rogelio Martínez tennos acostumados a este tipo de manifestacións moi propias do sur de Italia. É o Martínez "El facha" particular desta provincia.
Por certo, o domingo vólvense a celebrar eleccións municipais na Arnoia logo de que a Xustiza o ordenase debido as irregularidades levadas a cabo por este elemento do PP sobre o voto emigrante.
Sabemos que está moi difícil mellorar os resultados, pero eu aposto a que aínda gañamos un concelleiro máis. O domingo saberémolo. Ánimo Jorge.

lunes, 22 de octubre de 2007

Ledicia e tristura na política internacional



Hoxe na política internacional unha de cal e outra de area.

Onte celebraronse en Suiza eleccións xerais e gañou o Partido Popular de Suiza, un partido de dereitas e corte populista. O UDC-SVP levou a cabo unha campaña racista e xenófoba. O seu cartel electoral díceo todo, cun eslogan que reza "creando seguridade", unha ovella branca expulsa dunha patada no cu a unha ovella negra fora do tapiz que forma a bandeira suiza. Como diría un amigo meu "para que falar..."

Por outra banda, onte tamén se celebraron eleccións parlamentarias en Polonia. Non gañou a esquerda, que foi a terceira forza, pero gañou un partido de dereitas (liberal) normal.E digo normal porque o Partido de Lei e Xustiza dos irmáns xemelgos Kaczyski que levan gobernando Polonia dende hai uns anos é de todo menos normal. Un partido que rompe a cada pouco a estabilidade en Europa, ultracatólico, antieuropeísta e perseguidor dos ex-comunistas. Por certo, para Aznar son os seus ídolos en Europa.

Pois nada, que o sinto polos suizos que sempre foron un exemplo de convivencia entre distintas nacionalidades e etnias e que a partir de agora seguro que entran nun grave retroceso en canto a convivencia, e noraboa ós polacos por darlle un pouco máis de seriedade a política do su país.

jueves, 18 de octubre de 2007

Zupermán

Zimplemente....Zupermán

martes, 25 de septiembre de 2007

¿Feliz aniversario?



Hoxe hai 75 anos que naceu Adolfo Suárez González. Non sei se este será un feliz aniversario para el e para a súa familia, xa que o Ex-Presidente do Goberno de España pola UCD está sumido nunha grave enfermidade dexenerativa dende hai anos. Pero eu, dende aquí, quero rendinlle unha pequena homenaxe a aquel presidente que chegou á democracia vindo de ser ministro secretario xeral do Movemento, do réxime franquista. Adolfo Suárez acadou a maioría nas primeiras eleccións democráticas e foi quen de tecer con moito coidado as bases na nosa democracia. Legalizou o PCE e o divorcio, en contra da opinión da dereita daquela época e comezou a andaina dunha feble democracia que facía augas polos catro costados. O avispeiro que era o seu partido e aforte oposición levada a cabo daquela polo PSOE acabaron coa súa carreira política, pero dende aquí quero facer un gran recoñecemento a este gran político ó que todos/as lle debemos a súa gran aportación para que España saíra do réxime franquista.

domingo, 16 de septiembre de 2007

O luns volta ó traballo


Bueno..., agora si que rematou o descanso. Remataron as viaxes, remataron as festas dos Remedios e o Irrio Peliqueiro, remataron as pequenas escapadiñas como a destes días á Devesa da Rogueira no Caurel....
E o luns volta ó traballo, poñerse as pilas e a comezar o novo curso político. Na Deputación comezaremos con moitas ganas logo de gañar dous deputados e de ter ó PP a tiro para dentro de catro anos. Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, será o novo portavoz e peza clave deste grupo para levar ó PSdeG-PSOE a facerse coa presiencia da Deputación nas vindeiras eleccións. Pero, non hai que esquecer que dentro de nada volven a celebrarse eleccións ó Parlamento e ó Senado, co cal o comité de campaña provincial teremos que estar ó cen por cen dende xa.
Preséntase un outono moi apoixoante, políticamente falando. Pero xa vós irei contando pouquiño a pouco.
Por certo, a foto do Irrio é de Carlos Hervella do xornal O Sil, eu non puiden poñer ningunha das miñas debido a uns problemas técnicos.

martes, 4 de septiembre de 2007

Ja sóc aquí.


Parafraseando ó derradeiro Presidente de Cataluña na República, cando poido voltar a España logo do exilio: Ja sóc aquí.

As pequenas vacacións que tomei fóra de Ourense coa miña parella trancorreron sen problemas. Antes de marchar colgáravos unha foto do lugar ó que fun, pero non vos dixera onde era, para aqueles/as que aínda non o sabedes, estivemos en Madeira. Un lugar recomendado para todos aqueles amantes da natureza, das paisaxes espectaculares e do sendeirismo.

Pero agora vou a aclimatarme a Ourense e á vida diaria, e logo xa falaremos. Hoxe recén chegado, aínda que teño vacacións ata o 15 xa tiven reunión do "aparato" provincial do PSOE, reunión cos deputados provincias, logo o pleno da Deputación, máis tarde rolda de prensa do grupo de deputados e para rematar comida cos deputados e o Secretario Provincial e o Secretario de Organización Provincial para trazar as liñas do curso político.

O día 6 e ata o 11 vou a estar en Castro Caldelas de festas e despois volta o traballo de verdade.

domingo, 12 de agosto de 2007

Detectadas graves irregularidades polo Consello de Contas nos Concellos de Montederramo e Manzaneda



O Consello de Contas de Galicia é un ente imparcial e fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. Cada ano realiza, entre outros, uns informes dalgúns concellos galegos.

Hai uns días saíron á luz pública os informes de dous Concellos da miña comarca, Manzaneda e de Montederramo, entre outros, referidos ó exercicio 2003-2004. Houbo varios medios de comunicación que se fixeron eco destas auditorías: La Voz de Galicia sobre Manzaneda e Montederramo, e Ourensedixital sobre Manzaneda e Montederramo.


De todos os xeitos se queredes ver os informes completos en formato pdf a través do Consello de Contas, podédelos ver dende aquí: Montederramo e Manzaneda.

Por facervos un resumen das tropelías que se detectaron, comentarvos que en Montederramo acusan ó alcalde e a varios concelleiros de cobrar dietas irregulares, e de contratar "a dedo" a catro traballadores. Todos os soldos do alcalde foron cobrados sen acordo plenario e Antonio Rodríguez recibiu máis de 7000 € en concepto de locomoción e manitención habendo só mandamento de pago pola metade. O informe tamén salpica, por cobros irregulares, o tenente-alcalde e a unha concelleira. Podedes ler o informe completo, porque o único calificativo que merece é o de ESCÁNDALOSO. Lembrarvos que o alcalde tivo que deixar o cargo antes das eleccións porque estba inhabilitado pola Xustiza, aínda así volveu a ganar nestas eleccións, nas que xa se podía volver a presentar, por menos dunha ducia de votos.

En Manzaneda non lle andiveron moi lonxe. Inflaron o superávit do Concello e o remanente de tesourería. Detectáronse demoras nos prazos de presentación e falta de expedientes en modificacións de crédito. Así mesmo o Concello non dispón de libro de resolucións da alcaldía e o libro de actas do Concello está sen actualizar dende 2001.O secretario estivo de baixa varios meses e seguiu cobrando complementos de productividade, o igual que unha funcionaria de xeito non xustificado. O alcalde cobrou dietas e non están documentadas. Esto é só parte das tropelías, lede o informe porque o desaguisado é dun calado enorme. Este alcalde, nas pasadas eleccións, pasou á oposición e hoxe goberna o BNG co apoio do PSdeG-PSOE.

miércoles, 1 de agosto de 2007

¿Esta é a democracia do PP?



Nas pasadas eleccións municipais o PP, o igual que outros moitos partidos (PSE-PSOE, PNV, EA, EB-IU, etc.) tiveron problemas para confeccionar as súas candidaturas a algúns concellos de Euskadi por mor das amenazas do entorno de ETA.
Ante estes feitos, é unha práctica moi extendida confeccionar as candidaturas con xente de fóra do Concello, e incluso de fóra de Euskadi.
O PP fai desta causa, case unha cruzada e son centos os simpatizantes que se brindan para participar como membros das candidaturas nos comicios municipais.
Desta vez o PP de Galicia marcouse como obxectivo que participasen 400 galegos nas súas listas, cen por provincia. Creo que é moi loable que unha persoa, sexa da opción política que sexa, se brinde para que calquera cidadán da aldeaq máis recóndita de Euskadi poda votar á formación política que desexe.
Pero hai uns días descubríuse que na provincia de Pontevedra e en concreto na zona do Grove e Vilagarcía de Arousa foron varias as persoas que se enteraron que concurriran ás eleccións vascas formando parte de candidaturas do PP, e todo elo sen o seu consentimento falsificando a súa sinatura e aportando unha fotocopia do DNI que, presuntamente, alguén lle fixo sen o seu consentimento.
Máis dunha ducia de galegos presentaron denuncia ante este atropelo tan grave e a fiscalía xa tomou cartas no asunto. Non é o primeiro escándalo que xurde no PP de Pontevedra, que preside Rafael Louzán. Algúns deles podédelos ver aquí.
Así é como quere o PP facer de Euskadi un territorio máis democrático?

viernes, 27 de julio de 2007

Iñaki Anasagasti e a Casa Real

Teño que confesar que a miña comunión con calquera tipo de nacionalismo é máis ben escasa. Se este nacionalismo é, aínda por riba, de dereitas case me sae un salpullido no corpo ó ver as súas teses ou as súas defensas románticas que fan sobre o terruño, porque os nacionalistas nunca falan da xente, nunca... só falan da terra. Para máis inri hai un partido vasco en concreto, o PNV, que nunca foi santo da miña devoción debido a esa posición tan ambigüa que a veces ten cando se hai que posicionar ó carón dos que asasinan ou dos que son asasinados. Pero para colmo, dentro deste partido hai dúas persoas cara as que sinto un rexeitamento visceral: Xabier Arzalluz e Inaki Anasagasti.

Logo de facervos esta introducción, teño que dicir que a pesar das moitísimas discrepancias que teño con Iñaqui Anasagasti hai nunha cousa que coincido plenamente: o seu republicanismo confeso.
E diredes vós, ¿a que ven todo esto?. Anasagasti ten un blog no que o outro día escribía un artigo sobre a Casa Real. Este personaxe a veces pásase de frenada, e neste caso arremete contra o PSOE, o Rei, etc... Eu creo que o artigo é pouco coherente co que logo el fai (asistir as recepcións reais) e falto de rigor (ó afirmar que a Casa Real é intocable debido ó PSOE) pero ten algúnhas pasaxes que fan reflexionar sobre o noso sistema democrático.
Sendo moitas as discrepancias e algunhas as coincidencias sobre o artigo aquí volo deixo para que opinedes:


EL BRIBÓN
Se ha organizado una buena a cuenta del dibujo de El Jueves. Y la verdad es que todo esto es de risa. La mitad de la mitad de lo que ocurre en Gran Bretaña y allí la Casa Real lo aguanta todo porque viven en un verdadero sistema democrático. No son intocables. Aquí si. Aquí se ríen de nosotros a cuenta de los derechos históricos y resulta que el derecho histórico de una pandilla de vagos, eso es intocable. Por eso lo que más me ha gustado ha sido eso de que el Príncipe Felipe diga que ese es su único trabajo.
Y digo esto porque en Madrid, en el Madrid político y sobre todo en el Madrid del PSOE, no se les puede tocar ni con el pétalo de una rosa.
Mi última discrepancia con esta familia fue durante el discurso del Rey en el 30 aniversario de las primeras elecciones democráticas con el video encargado por Marín que era una página de la revista HOLA pareciendo que lo importante había sido lo que había hecho el Rey y no la gente con su voto y, antes, en la entrega de los Premios Carandell en el Senado donde no logré le pusieran de número 1 al presidente del Senado que era el anfitrión y le pusieron de número 2. Yo argumenté que Felipe de Borbón no había sido elegido por nadie, que no era el Jefe del Estado, que no se hacía el acto en su Casa, pues no hubo forma ni manera. La cortesanía con esta familia es enfermiza y de ahí esa obsesión, cubierta de silencio, de decir que es la Institución más valorada.
Luego, de vez en cuando ocurre lo de El Jueves y el rey se queda desnudo, o se descubre que está cazando y no acude el primero a la Clínica cuando nace su nieta y cosas así. Por cierto. Cuando nació Juan Carlos, en enero hará setenta años, su padre Juan de Borbón también estaba cazando cerca de Roma.
Esta es pues una familia impresentable, rodeada de censura de prensa y con un nivel de empalago de la mayoría hacia una institución caduca que clama el cielo.
Se me dice que es mejor eso a que el presidente sea Aznar y les contesto que si lo fuera Aznar sería por el voto popular y a este lo puso ahí Franco, un general asesino y golpista y que al cabo de cinco años a Aznar se le mandaría a casa y a estos a lo sumo, solo se les puede hacer una caricatura...
Ese es el verdadero escándalo de esta semana. No la caricatura que está muy bien sino que toda la familia con el presupuesto público veranee de gorra dos meses, Marichalar incluido.
Y ahora, esta semana, con yate nuevo.
Si, si. No ha tenido el hecho la menor repercusión y sin embargo el Borbón ha estrenado otro Bribón. Lo acaba de hacer en una regata en Mallorca, sacando al mar su nuevo barco de regatas, un moderno diseño adecuado para competir en la clase TP-52, una categoría considerada la estrella de la vela. Acaba de ser construida en el astillero valenciano King Marine. Y no ha habido escándalo alguno.
El Bribón fue botado el pasado mes de mayo y en junio, en el litoral de Alicante, ya demostró sus condiciones triunfadoras con su tripulación habitual. El barco es el decimocuarto velero que con el mismo nombre construye su armador, el empresario José Cusí, amigo del rey y compañero habitual de francachelas deportivas.
Bueno, para mi este es el verdadero escándalo y no el dibujo, y, ante esto, el juez del Olmo no hace absolutamente nada. Dos meses de vacaciones, un Bribón nuevo, cacerías y ausencias pero lo importante es un dibujito diciendo que está trabajando. España sigue siendo diferente. Pero si sigue así, la estancia de esta familia en La Zarzuela y en Marivent, tiene fecha de caducidad. Que la gente empieza a despertar.
Y, en el fondo, todo por culpa de un PSOE cortesano y pelota. ¡Ya está bien

lunes, 23 de julio de 2007

Ala Dura

Esta é a viñeta que publicaban Pinto e Chinto o sábado 23 de xullo no diario La Voz de Galicia sobre o xiro que dá o PP á dereita logo de cargarse a un dos seus valores máis centristas, Josep Piqué. Creo que a viñeta o di todo e sobran os comentarios.
A verdade é que a min gostaríame que cambiasen algúns deses reactores que levan na á dereita para a esquerda, polo ben do noso País, pero así son estes do PP, que lle imos facer....

viernes, 20 de julio de 2007

Acebes cepíllase a Piqué co beneplácito de Rajoy

Agora sí, agora está claro que a volta ó centro do PP xa é imposible. Rajoy rechaza o ofrecemento de Ruiz Gallardón para as vindeiras eleccións, e agora encárgalle o Pit-bull do PP (Ángel Acebes) que se cargue a Piqué, unha das cabezas máis centristas que operaban no Partido Popular.


O partido conservador queda agora en mans de personas como Acebes, Zaplana, Esperanza Aguirre, Martínez Pujalte, unha garantía de partido centrista e centrado. A flor e a nata da dereita máis recalcitrante. Rajoy coma sempre non intervén na operación lávase as mans. Que vaia poñendo as barbas a remollo Gallardón porque dame a mín que lle quedan dous telediarios, e que Espe será a encargada de afeitalo a cuchilla.


Malos tempos para os "descarriados" no PP, ou eres da liña dura ou tes que parecelo, senón esto é o que hai.


Os centristas a casa, que non molesten. Acebes dixit.

viernes, 13 de julio de 2007

O meu blog está censurado na China



Si, si.... como o escoitades, o meu blog está censurado na China. Eu non sei que mal cometería, xa que este blog creo que ten uns contidos que os pode ler calquera (outra cousa é que opine igual).

Lendo un post do blog de Arbillas entereime que o dela estaba censurado, e entrei eu a consultar o meu blog a través de greatfirewallofchina, cal foi a miña sorpresa ó ver que ningún chinés que resida no seu país non poderá ver nuca estes comentarios.

A verdade, e sinceiramente, non creo que a ningún chinés lle interese moito o que eu aquí escribo, pero bueno sempre che fastidia ser merecedor de tal distinción.

Dándolle voltas ó asunto, houbo un momento no que entrou a dúbida de se esta páxina fose unha web propagandística en contra do réxime chinés, pero creo que non, porque fixen varias consultas de temas relacionados co comunismo e sempre deixaba acceder.

Bueno, aquí queda esto como curiosidade.

jueves, 12 de julio de 2007

"Se todos foramos ateos, o mundo sería máis pacífico". Saramago dixit.



O pasado día 10 o premio Nobel de Literatura 1998, o portugués José Saramago, congregou a máis de tres mil personas na capital colombiana, para escoitar unha mesa redonda sobre literatura, política e vida. Saramago sinalou que "se todos foramos ateos, o mundo sería máis pacífico" e concluiu ó dicir que "yoeu non son pesimista, o que pasa é que o mundo está pésimo".
Saramago, aínda que unha persoa de esquerdas e moi comprometido socialmente, non é santo da miña devoción, politicamente falando. Difiro moito del cando nalgún dos seus libros solicita o voto en blanco masivo. Para min un acto coma ese é darlle pulo á dereita. Agora ben, no relixioso e no espiritual son un fervente seguidor no escritor do Alentejo. Hai un libro del que llo recomendo a tod@ aquel co que teño a oportunidade de falar de Saramago: O evanxelio segundo Xesucristo. Este libro é como José Saramago interpreta as Sagradas Escrituras e como cré que foi a vida de Xesús realmente. É un libro totalmente recomendable para todos aqueles que practicamos o agnosticismo.
Pero o que iamos, comparto totalmente as palabras do escritor. Non é que se todos foramos ateos non habería ningunha guerra, pero a meirande parte delas, o igual que doutros males na nosa sociedade son producto das crenzas relixiosas e da influencia que os líderes das distintas relixións exercen sobre nós.
Un dos grandes males das relixións é que nun determinado momento da historia unha persoa escribe unha afirmación, logo esta tomase coma un dogma e hai que cumprila a raxatabla. A humanidade cambia moi rapidamente en todos os aspectos menos no relixioso, e o que hoxe vale no tecnolóxico mañá está obsoleto, pois deso deberían tomar nosa as relixións, de que co tempo non é malo mudar certas afirmacións, senón que sería avanzar e modernizarse.
Bueno outro día seguimos falando deste tema que a min me preocupa tanto ou máis que a política.