domingo, 12 de agosto de 2007

Detectadas graves irregularidades polo Consello de Contas nos Concellos de Montederramo e Manzaneda



O Consello de Contas de Galicia é un ente imparcial e fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. Cada ano realiza, entre outros, uns informes dalgúns concellos galegos.

Hai uns días saíron á luz pública os informes de dous Concellos da miña comarca, Manzaneda e de Montederramo, entre outros, referidos ó exercicio 2003-2004. Houbo varios medios de comunicación que se fixeron eco destas auditorías: La Voz de Galicia sobre Manzaneda e Montederramo, e Ourensedixital sobre Manzaneda e Montederramo.


De todos os xeitos se queredes ver os informes completos en formato pdf a través do Consello de Contas, podédelos ver dende aquí: Montederramo e Manzaneda.

Por facervos un resumen das tropelías que se detectaron, comentarvos que en Montederramo acusan ó alcalde e a varios concelleiros de cobrar dietas irregulares, e de contratar "a dedo" a catro traballadores. Todos os soldos do alcalde foron cobrados sen acordo plenario e Antonio Rodríguez recibiu máis de 7000 € en concepto de locomoción e manitención habendo só mandamento de pago pola metade. O informe tamén salpica, por cobros irregulares, o tenente-alcalde e a unha concelleira. Podedes ler o informe completo, porque o único calificativo que merece é o de ESCÁNDALOSO. Lembrarvos que o alcalde tivo que deixar o cargo antes das eleccións porque estba inhabilitado pola Xustiza, aínda así volveu a ganar nestas eleccións, nas que xa se podía volver a presentar, por menos dunha ducia de votos.

En Manzaneda non lle andiveron moi lonxe. Inflaron o superávit do Concello e o remanente de tesourería. Detectáronse demoras nos prazos de presentación e falta de expedientes en modificacións de crédito. Así mesmo o Concello non dispón de libro de resolucións da alcaldía e o libro de actas do Concello está sen actualizar dende 2001.O secretario estivo de baixa varios meses e seguiu cobrando complementos de productividade, o igual que unha funcionaria de xeito non xustificado. O alcalde cobrou dietas e non están documentadas. Esto é só parte das tropelías, lede o informe porque o desaguisado é dun calado enorme. Este alcalde, nas pasadas eleccións, pasou á oposición e hoxe goberna o BNG co apoio do PSdeG-PSOE.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

Non creo que nin ti nin a túa parentela no referente as irregularidades económicas e Coa xusticia nos concellos teñades nada que dicir de outros, mais ben tedes moito moito que calar....xa veremos as sorpresas que irán acontecendo....

Anónimo dijo...

" POR XUSTIZA, POR OURENSE. POLO FUTURO DA TUA COMARCA. A-76 POR OURENSE PARTICIPA NA CADEA HUMANA DÍA 19 ÁS 9 EN TRIVES. PÁSAO ”

Anónimo dijo...

Xa está a cansina de sempre. ¿Por qué cando acusas non dis todo o que tés que dicir?, porque o consello de contas consulta a tódolos concellos e deste non di nada.

María dijo...

Hola Eladio! Acabo de encontrar tu blog primeramente felicitarte por todo tu trabajo.

La verdad es que he acudido hasta tu blog "googleando". Estoy haciendo un trabajo relacionado con Castro Caldelas (en verdad una zona al sur: O Burgo, Vilamaior..) Estoy buscando información y por eso te escibo por si podrías quizas echarme una mano. Mil gracias. Mi direccion es mariaecid@hotmail.com

Anónimo dijo...

para acusar hai que ter datos e probas. eu teño datos e probas dun señor que botaron da directiva dunha bodega caldelá por irregularidades e algunhas cousiñas mais, sonache anonima numero un?. cando queiras falamos delas

Anónimo dijo...

Pois se iso e verdade que tes probas contra alguén, deixate de rapazalladas e lerias, e
A O XUZGADO ¡¡¡¡¡¡

PERO.... PARECEME A MIN QUE TEDES MOITO CONTO.
XA SABEDES en O XUZGADO¡¡¡¡¡¡¡¡ saberemos a verdade. Pareceme a min que pronto saberemos de vos en eles.... tantos, tantos trapos sucios....malos son de limpar sen pistas ¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Parece q ainda estades doidos, polo apoyo que tuvo "O Antonio"
nas últimas eleccios municipais.
A verdade é que co candidato socialista que levastes (xa e mellor q o fagades candidato vitalicio-jajaja), puxestello bastante fácil.

Anónimo dijo...

Eu estou jodidísimo co super resultado do PP, que resulta que é o peor resultado en número de votos en 20 anos, que jodido estou; hai catro anos sacos o peor en número de concelleiros.
A ver si para as próximas o volven presentar, porque non sei que record lle falta por conseguir, ...
Ánimo Antonio a ver si para as próximas non che vota nadie, que é o que mereces, por ter unha muller tan petarda...

Anónimo dijo...

Para que se vexa o fulminante ascenso do supercandidato do PP (esto dígoo para que non só lle vote piropos a muller):

Resultados do PP nas municipais:
-2007 389 e 3 concelleiros
-2003 415 e 2
-1999 737 e 5
-1995 618 e 5
-1991 394 e 3 (por certo desta presentouseo CDS con 228 e un concelleiro)

Toda a info sacada de:
http://www.ourensedixital.com/eles_select/castrocloc.htm#91

Por certo a culpa non é solo do Toño, senón que o Baltar, e a súa teima de elixir candidato a dedo, e de espaldas ao seu propio partido tamén axuda moito.

Anónimo dijo...

Non sei donde sacades os resultados, pero creo recordar que ten 5 concelleiros.
Foi o único que se mantivo co mismo nº de concellais en toda a comarca.
Ven sabes que o nº de votos van en relación co nº de censados.

Anónimo dijo...

Siempre estamos en lo mismo mezclando familia y politica.
Eso mismo fue lo que hizo ganar las elecciones al PP en Montederramo.
Yo soy progresista, no residente en montederramo, pero si censado, y no voto al psoe de montederramo mientras este ese tipo "Juan", porque creo que no tiene iniciativas, solo tiene un rencor contra Antonio y su familia. La lista del bng era buena, pero le faltaba a alguien con experiencia, yo le di mi confianza.

Anónimo dijo...

Os resultados son de Castro Caldelas

Anónimo dijo...

Se te referias a castro caldelas, esta ben, eu entendin q te referias o concello de montederramo.
Eso esta ben, pero non me compares o candidato do psoe de castro caldelas co de montederramo.
O de montederramo non vale pa nada, so pra criticar, non ten ningunha iniciativa, xa esta mais que visto.

Anónimo dijo...

Podense dicir moitas cousas ó respecto duns resultados electorais, que si un sube que si o outro baixa etc... O que si é unha verdade coma un templo e é irrefutable é que o resultado do PP en castro Caldelas é o pior de toda a comarca, non hai ningún concello onde o PP teña menos concelleiros, e o resultado en % pior da comarca. E tendo en conta toda a provincia só hai un concello onde o PP o fixera pior: en Petín. Pero o PP de Castro Caldelas segue a ter un "juligan" que non quere ver esto, claro como é o seu marido o portavoz do PP. Abride os ollos, mentres en Castro Caldelas se presente un tipo que viña do BNG, un tipo estirado, un tipo amargado, un tipo que non fala con ninguén, un tipo que non o quere ninguén, e que aínda por riba ten como muller a esa señora tan salada e amable, así lle irá o PP de CAstro Caldelas. T´ño, por favor, segue presentando moitas máis veces, porque dende logo esa é a garantía de que o PP en Castro Caldelas nunca terá nada que facer.

Huracana dijo...

Estos del PP de Castro Caldelas, mean por encima de eloos y dicen que llueve. Hay que ver

Anónimo dijo...

Tienes razón........... hace falta valor. Jua, jua, jua

Anónimo dijo...

Os do PP do Castro son máis listos que o seu candidato, si llo impoñen votan ó Osorio... eu sei duns cantos da directiva do PP, ex-concelleiros que ou non votan ou o fan para o PSOE

Anónimo dijo...

Osorio mintirán, deves explicar todalas recomendacios que pon o consello de contas, non so o que che interesa.Eu acabo de leelo.
Creo que xa esta ben a caza de buxas contra o Tone.
O e que acaso ainda non asumistes a derrota en montederramo.
A verdade e que llo puxestes moi fácil co candidato socialista que levastes, ánimo vades seguir batindo recores en montederramo, nas prosimas igual nin sale o tal Juan ise, porcerto non tedes outro candidato millor?, o e masoquista, porque mira que ten levado.

Ariadna dijo...

Eu tamen acabo de ler o informe, e é demoledor. Só lle falta chamar ladrón ó alcalde de Montederramo. Non sei con que ollos miras ti o informe. Por certo se eres de Montederramo tes nas túas mans votarlle a quen creas que é mellor. Pero si eres de Castro caldelas, como supoño, está claro que ti si que non asumiches o batacazo do PP aquí.

Anónimo dijo...

Porque a do PP que tanto entra neste blog a dar a lata, non se dedica a entrar no do seu marido, quepor cierto non entra nin dios y menos os do PP, para que este teña algo que facer?????
¿E porque non se pregunta gracias a quen o seu marido conseguiu ter a plaza na que traballa onde a ten?
¿a quen lle pediu o favor?????.
Hay que ter collons,falando en plata, para dedicarse a difamar sen probas e ter inda algo que decir de a quen fai moitos anos lle andabas a pedir favores, Toñito.

Anónimo dijo...

Os de Montederramo poden estar contentos co alcalde que teñen, claro que e cousa deles que son os que o votan, pero vamos que o Concello e o pobo mismo poden estar contentos. Só salen na prensa cando o alcalde fai algunha das súas. Do resto nin mú, pobo fantasma, e máis fantasma que vai ser co paso dos anos. O peor e que dentro de unhos anos prácticamente non quedará ninguén, entre outras cousas gracias a política que está facendo o PP, e despois a ver a quen gobernan. Pero bueno por outra parte cando non haxa de quen chupar os cuartos igual temos sorte e o alcalde non se presenta máis, ou mellor ainda pasa a formar parte do Concello do Castro.
Pero bueno eso é o que se está buscando o pobo e o alcalde tamén chamado entre os conocidos "o iso está feito", porque a todo che dí que sí e logo nunca fai nada (por os demáis, o chollo del e da súa familia xa o ten solucionado dende fai tempo).

Anónimo dijo...

O do Bng en Montederramo tampouco é moi serio, ahora apoian o Psoe, porque o "pobre" do alcalde de Montederramo non fixo as cousas ben porque non sabía, vaia pena, toda a vida facendo o mismo e aínda non aprende cómo o ten que facer. E por si fora pouco ahora chupa as culpas a secrretaria do Concello que estaba antes, que po certo,está morta e non se pode defender. Rubén se non vas facer nada polo Concello de Montederramo non te presentes na lista do bloque, e se non preséntate na do PP, porque para acabar déndolle a razón o Antonio érache moito mellor. Se estás verde para estar na oposición, madura

Anónimo dijo...

O representante do Bng de montederramo chamase David, non Rubén, pero polo menos falou no pleno, cousa q o do Psoe non dixo nin mu, a verdade e que non sabe nin falar, e un falso.
Eu creo q o David aprendeu dos erros do pasado.
Hai q facer unha oposicón constructiva, e non unha política contra a persoa do alcalde e a sua familia.
Animo David.

Anónimo dijo...

Todos eses que se dedican a criticar á oposición é porque queren tapar o desastre que hai montado en Montederramo.
Se o antonio non sabía deberíalle quedar claro cando foi denunciado, xulgado e condeado, ...
Respeto o que din que o Juan só sabe meterse coa familia decirlle que a unha das funcións da oposición é fiscalizar, igual que o consello de contas (que imaxino que tamén lle terá manía o Antonio???).
Por certo recomendo ler o informe, e que así a xente sabe de que se fala de primeira man.

Anónimo dijo...

Hai que ver a hipocresía deste personaje, que é a maior lacra de Montederramo.

Vede unhas declaracións tras ser condeado:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/06/01/4823547.shtml

Anónimo dijo...

Home que diga alguén que fixo ben o do BNG de Montederramo apoiando as falcatruadas do alcalde..... esto so pode sair dalguén do PP. Pero donde se viu que unha persona roube, e logo o do BNG diga que pobriño que non sabía o que facía. este rapaz é un novato e non se entera de nada, pero xa aprenderá a base delevar hostias, como esta claro.... Seguro que no BNG xa lle estan chamando a atencion

ariadna dijo...

Non vexo nada relacionado co Antonio nesa direccion da Voz de Galicia, podedesme aclarar donde é?

Anónimo dijo...

Respeto o link da voz, só fai falta poñer no buscado desta páxina montederramo alcalde, e xa che sale todo o curriculum do Antonio. Pero recoméndovos esa "Demóstrase que me condenan por algo no que non interviñen", si parece que se siguen demostrando moitas cousas.

Respeto ao último anónimo, insisto, se vos adicades a insultar ao Juan será porque non tedes nin un argumento en favor do alcalde. Eso si xa postos a descalificar personalmente creo que son moito más graves os vicios personais do Antonio, pero en todo caso quédome coa súa labor como alcalde: mentiroso, aproveitado, malversador, ... e ladrón

Anónimo dijo...

O enlace é:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/06/01/4823547.shtml

Anónimo dijo...

VIVA MONTEDERRAMO E O SEU ALCALDE.
Porcerto Osorio, fallaches na porra de montederramo.
Foi o unico alcalde do pp q mantivo o tipo na comarca, por algo seria.

PAU C. dijo...

Yo me hago una pregunta, de q vive el alcalde de castro caldelas.
Al de montederramo se le acusa de cobrar siete mil euros en 4 años en dietas, esto sale a 146 € por mes, no creo que sea excesivo, o cuanto cuesta un desplazamiento a ourense o santiago?
Las dedicaciones exclusivas de Luis y Amelia, fueron realizando trabajos, uno con el tractor, y la otra enseñando el monasterio.
Que hace el alcalde de castro caldelas con su dedicación exclusiva??
Al Antonio se le pueden recriminar muchas cosas, pero no se le puede acusar de ladrón.
Animo Antonio

Anónimo dijo...

Acabanme de chamar para q entrase no blog "caldelaodecaldelas", para vela noticia de montederramo.
E o único que podo decir e que conozco a Antonio, e non mete un peso pro seu bolsillo, mais seguro que ten postos moitos do seu bolsillo.
E ademais é unha persoa sen rencor, senón co que lle levan feito, sacaría a relucir moitos trapos sucios, e nembargantes ai o tedes aguantando todo o que lle botan, e sempre dando a cara.
O único defecto q ten pra min é estar no PP, pois as ideas dil son mais progresistas.

Anónimo dijo...

Unha pequena explicación: Ninguén di se oalcalde de Montederramo cobra moito ou pouco. O alcalde de Montederramo, o igual que 2 concelleiros cobraron de maneira irregular. Eso diceo o Consello de Contas. Compre dicir tamén que o Antonio será buenísimo, pero é un alcalde condenado pola Xustiza, a cal o apartou durante unha tempada da política por cometer un delicto. Ó resto son interpretacións de cada quen

UN VECIÑO DE MONTEDERRAMO dijo...

YO LA VERDAD ALUCINO CON EL DICHOSO ALCALDE DE LOS COJONES, PERO BUENO, CREO QUE LA CULPA ES DE LA GENTE DE MONTEDERRAMO QUE LE VOTA LEGISLATURA TRAS LEGISLATURA. ESO TIENE UNA EXPLICACION, Y ES QUE TIENE A LA MITAD DE LOS VOTANTES COMPRADOS CON UN PUESTECITO DE TRABAJO EN SU RESTAURANTE, EN LAS BRIGADAS DE INCENDIO, CON UNA FAROLITA, O UN BANCO EN LA PUERTA DE CASA ANTES DE LAS ELECCIONES.
YO SOY DE MONTEDERRAMO, Y ES UN PUEBLO SUPER BONITO Y CON MOGOLLON DE RECURSOS NATURALES QUE SE PODIAN EXPLOTAR, Y DARLE UN POCO DE VIDA, PORQUE, COMO BIEN DECIA ALGUNO, ACABARA SIENDO UN PUEBLO FANTASMA, Y TODO POR LA DESIDIA DE ESTE TIPEJO LLAMADO ANTONIO. LO UNICO QUE HACE BIEN ES TOMAR CUBATAS DE BAR EN BAR, AHI SI QUE TIENE UN MASTER Y MUCHOS AÑOS DE EXPERIENCIA FACILMENTE DEMOSTRABLE.
"ALCALDE TEN DIGNIDADE E DIMITE XA"