viernes, 3 de abril de 2009

Santa Cristina de Ribas de Sil xa está no clube dos Bens de Interés Cultural

Un dos mellores monumentos de toda a Ribeira Sacra, o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil aínda non contaba coa protección que lle otorga ser declarado Ben de Interés Cultural. Dende onte o Mosteiro sito en Parada de Sil xa está incluído dentro das relacións de BICs froito da aprobación desta declaración por parte do Consello da Xunta.

Unha boa nova para Parada de Sil e para a Ribeira Sacra.




Comeza a VIII Lexislatura


Antonte asistín o "solemne acto" de Constitución do Parlamento de Galicia na súa VIII Lexislatura. Nunca fora a un acto coma este e tiña ganas de asistir. Aparte da importancia que merece un acto coma este, posto que se pon a andar a Cámara Galega, o poder lexislativo teño que dicirvos que a sesión e tremendamente lenta, aburrida e non da moito de sí.

Só uns lapsus  por parte da nova Presidenta animaron a sesión. Chamoulle  señor Venezuela ó seu compañeiro de filas Rueda Valenzuela, logo mandou erguer a todos/as os/as presentes para escoitar o himno nacional (cando o que soaba era o himno galego), e rematou o acto dicindo que había facer traslado dos acordos adoptados ó Rey e o Presidente da "nazón". Algúns retorcíanse nos seus sillóns.

A mesa da Cámara estará composta pola Presidenta Pilar Rojo, como Vicepresidente primeiro José Manuel Baltar, Vicepresidente segundo Ricardo Varela, Secretario José Manuel Balseiro e Vicesecretario Anxo Quintana.