lunes, 15 de septiembre de 2008

O Caldelao de Caldelas no Ourense Dixital

Hoxe levei unha grata sorpresa. Cando estaba a ler o Ourensedixital (un dos mellores medios para enterarnos de que acontece na nosa provincia), vin que na nova sección de Confidenciais, Oído al parche, falaba do novo vídeo blog de Anxo Quintana. Pero a miña sorpresa foi maiúscula cando comparaba este co de José Manuel Baltar, deputado do PP por Ourense, e co meu, o Caldelao de Caldelas.

Non quixera parecer (como se fai moitas veces) un falso modesto, pero sinceramente creo que o meu blog está a anos luz destes dous. De todos xeitos teño que dicir que me fixo bastante ilusión. 

José Manuel Baltar foi un dos pioneiros nesto da ciberpolítica e agora Anxo Quintana únese cunha páxina cun excelente deseño e contido. Os meus parabéns para eles dous (e para outros/as moitos) por ser valentes e aproveitar as oportunidades que nos brinda a Rede para poder expresarnos e debater cos demais.

Dende aquí quixera seguir animando a todos/as aqueles que teñan inquedanzas (non só políticas) a que participen, creando o seu propio blog ou web, no desenvolvemento de internet.