viernes, 20 de marzo de 2009

Xa estou de volta


Volvo estar aquí de novo. Algúns xa me dicían por ahí que pensaran que me retirara ou que estaba sumido nunha fonda depresión logo de que o PSdeG perdera a Presidencia da Xunta, pero nada deso.

Esta tempada estiven un pouco vago xa que necesitaba descansar, descansar de verdade. E non me apetecía nada escribir no blog. 

Como podedes supoñer a campaña é esgotadora, eu polo menos quedo feito polvo. Pero é que despois hai que poñerse co reconto do voto emigrante. Dezasete horas seguidas recontando votos, saen as papeletas polos ollos.

Pero é que ademais de todo esto, e como xa sabedes todos/as, logo da demisión de Touriño como Secretario Xeral do PSdeG, andivemos co Comité Nacional Galego, agora coas asambleas locais para elexir representantes de cara ó Congreso do PSdeG. E con todas estas cousas e volvendo a poñerme ó día das cousas no Grupo Socialista da Deputación de Ourense, non me apetecía nada escribir.

Ademais tamén lle empezei a adicar un pouquiño de tempo a unha das cousas que máis me gusta e que máis abandono cando entro de cheo nas campañas: a fotografía.

Por fin podo volver a pasar horas e horas dando voltas coa miña Nikon disparando a diestro e sinistro. E logo volver a pasar moito tempo diando do ordenador preparando as imaxes. Teño que poñervos un enlace dos sitios onde as colgo de cando en vez para que lle deades un vistazo.

A partir de agora douvos a miña palabra de que seguirei escribindo case a diario para contarvos as miñas cousiñas e tamén para contarvos como vai o día a día deste proxecto tan ilusionante que se nos pon por diante a todos/as os/as socialistas galegos/as, como é o inicio dunha nova etapa.

Unha aperta e gracias por esperar.