martes, 25 de septiembre de 2007

¿Feliz aniversario?



Hoxe hai 75 anos que naceu Adolfo Suárez González. Non sei se este será un feliz aniversario para el e para a súa familia, xa que o Ex-Presidente do Goberno de España pola UCD está sumido nunha grave enfermidade dexenerativa dende hai anos. Pero eu, dende aquí, quero rendinlle unha pequena homenaxe a aquel presidente que chegou á democracia vindo de ser ministro secretario xeral do Movemento, do réxime franquista. Adolfo Suárez acadou a maioría nas primeiras eleccións democráticas e foi quen de tecer con moito coidado as bases na nosa democracia. Legalizou o PCE e o divorcio, en contra da opinión da dereita daquela época e comezou a andaina dunha feble democracia que facía augas polos catro costados. O avispeiro que era o seu partido e aforte oposición levada a cabo daquela polo PSOE acabaron coa súa carreira política, pero dende aquí quero facer un gran recoñecemento a este gran político ó que todos/as lle debemos a súa gran aportación para que España saíra do réxime franquista.