domingo, 18 de mayo de 2008

Nova da Galega sobre a crise de Calvos de Randín

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Margarita quere estar á ultima

Onte foi un día completo de paz e tranquilidade para min. A mañá andiven pola feira de Castro Caldelas. E como non podía ser menos non llo perdoei ó pulpiño.
A tarde andiven pola casa de Belén, a miña compañeira. E alí andiven a remexer cos animais, algo que me encanta. Estiven cos cadelos, pero sobre todo cunha cadeliña nova que é un xoguete. Unha cadeliña para o coello que aínda non ten nome. Logo andiven remexendo dun montón de "monte" onde criou unha gata, e dinlle sacado o gatiño para estar un rato con el, ata que logo apareceu a nai e houbo que volvelo poñer no seu sitio.
Belén e máis eu fomos co Selmo (pai de Belén) a darlle de comer ós becerros e cortar unha pouca herba para os coellos.
Pero o momento de maior tranquilidade foi cando saín eu só un intre ata o lameiro de debaixo da casa onde andaban a pastar as vacas. e ahí podedes ver a Margarita, unha vaca rubia moi interesada nas últimas tecnoloxía, que quería dar conta da miña Blackberry, non sei se para poder facer unha foto, navegar, ou simplemente probar se estaba tan boa como a herba que estes días non para de medrar en Torbeo.

Baltar baixa á cloacas en Calvos de Randín


Na anterior lexislatura o PSOE en Calvos de Randín só tiña un concelleiro. Celebráronse os comicios municipais e o PSOE acadou cinco concelleiros e a maioría absoluta. todo un trunfo. Un trunfo que tivo Tres pes principais: o fenomenal equipo que fomos capaces de presentar, encabezado por Aquilino Valencia; a enorme ilusión que este equipo soubo xenerar; e o nefasto traballo que fixo o anterior alcalde cun talante nespótico, chulesco e dictatorial de cae todos/as coñecido.

Aquilino foi amable e fixo un equipo moi heteroxéneo, para elo fichou moita xente de esquerdas que nunca tivera relación co PSOE. E ahí apareceu Andrade, que foi o número dous.

Este "listillo" con quen tiven o "pracer" de intercambiar algúns pareceres o día que presentou a súa renuncia a seguir pertencendo ó grupo socialista e se pasou ó grupo dos non adscritos, pretende ser agora o alcalde, e para elo válese do PP.

Os concelleiros do PP van presentar a súa renuncia como tales o luns e pasaránse o grupo dos non adscritos. este é o primeiro paso para a moción de censura. Esta moción de censura está avalada polo presidente provincial do PP, José Luis Baltar, xa que este se reuniu hai tres días en Ourense con todos/as os/as implicados (Andrade incluído).

Baltar volve baixar os baixos fonfos, as cloacas da política para valerse de todo. E mentres en Calvos de Randín pretende cargarse o lexítimo alcalde do PP co voto dun tránsfuga, na Pobra de Trives pretende facerse cos favores dos nosos concelleiros para encumbrar ata a alcladía o alcalde de "toda a vida" do PP. Así é Baltar, onde ve debilidade e merda, alá se vai enzoufar como os marraos.Él sempre foi así, e agora que está agonizando (politicamente falando) válelle todo.

O que non sei e se Núñez Feijóo e Rajoy lle deixaran vía libre nesta acción de piratería. Porque eles estar, están o tanto. De feito onte Baltar e Alberto Núñez Feijóo compartiron mantel en Vilanova dos Infantes. Na fotografía inferior podédelos ver nunha imaxe publicada hoxe no xornal Faro de Vigo.

Pois nada volvemos a ter o Baltar de sempre, o que lle vale todo en política, o que compra vontades con favores. Eu que xa pasei por esto debido a unha moción de censura que nos fixeron en Castro Caldelas só vos pido unha cousa: se se produxera esta mobilicémonos todos/as os/as que cremos na democracia e o día do pleno vaiamos todos/as a Calvos de Randín a respaldar a uns compañeiros que foron elexidos nas urnas e que agora o PP, con tretas chavacanas, pretende desbancar.

Que saiba Baltar, que se esto segue adiante, na provincia de Ourense, comezou a guerra do "todo vale".