domingo, 12 de octubre de 2008

A Xuntanza de Bloggers Socialistas ten imaxe

Hai dous días publicaba unha reseña convidándovos a que asistísedes á Xuntanza de Bloggers Socialistas. daquelas aínda non había cartel do evento.

Aquí vos deixo a imaxe da xuntanza e sigo animándovos a que asistades. Se entrades no Blog de Blas García poderedes ver quenes foron confirmando a asistencia.

Vémonos o mércores en Santiago de Compostela.

O "coñazo" de Rajoy



"Somos una nación y el 12 de octubre debemos dejar constancia de que nos alegra".

"Mañana tengo el coñazo del desfile...en fin, un plan apasionante"

Non vos rompades moito a cabeza e debanedes moito intentando saber que patriota e que anti-sistema fixeron estas declaracións.

As dúas sairon da mesma boca, e entre elas só median un ano e un día. O tempo que Rajoy tardou en pasar dr ser o patriota máis grande de España a recoñecer que a el esto do día das Forzas Armadas non lle fai tilín.

Esta é unha mostra de como o PP utilizaba a todos/as os/as que cren en España como nación para que votaran ó seu partido e non o fixeran ó PSOE nas pasadas Eleccións Xerais. O PP era o partido dos patriotas, o PSOE o partido dos rompepatria. Por eso se poñía esa máscara de nacionalista español. Hoxe, xa vedes o patriota que é...

Non son eu un gran defensor das bandeiras, dos himnos e dos desfiles; de ningúns (non creo moito na simboloxía). Pero creo que hoxe Mariano Rajoy tería que deixar de facer filigranas e pedir disculpas en toda regra.

Hoxe no desfile foi a comidilla de todos/as os presentes. Eu sólo mirarlle á cara podía estarlle lendo o pensamento: Quen me mandaría a min abrir a boca...