lunes, 14 de julio de 2008

O que lle importa o PSOE. O que lle importa á sociedade. O que non lle importa ó PP

O luns pasado por estas horas, aínda case sen tempo de dixerir e analizar todo o que acontecera no 37 Congreso Federal do PSOE, Mariano Rajoy facía un breve balance e sentenciaba: "El PSOE sólo habla de aquello que no les interesa a los españoles".
Estas cousas que segundo a el non lle interesaban ós españois eran o xiro cara a laicidade, o dereito á eutanasia, a lei de prazos do aborto, etc...
Este domingo no xornal El País podiamos ver unha enquisa que se titulaba "O primeiro exame ó governo" (da cal non saía todo o ben parado que a min me gustaría) que desvelaba cal era o interese da cidadanía sobre estes temas.
Resumindo: Un 80% da poboación está a favor da regulación do dereito a morrer dignamente e da eutanasia (62% entre o s votantes do PP e 92% entre os do PSOE), un 64% dos/as españois están a favor da reforma da lei do aborto para que adopte unha lei de prazos, un 59% dos votantes están a favor de que os inmigrantes non comunitarios que residen en España poidan exercer o seu voto nas eleccións municipais e son amioría (superando entre dez e quince puntos) os que opinan que se debe avanzar máis na laicidade do Estado.
Mentres esto acontece, Rajoy segue en babia, sumido e inmerso no seu particular mundo, sen ver que a sociedade reclama que se avance máis nalgúns temas sociais e de carácter relixioso.

Fin de semana cultural en Castro Caldelas


Dende o día 31 de xullo ó 2 de agosto non vai faltar que facer e que ver en Castro Caldelas. Xa vos comentei hai días que nas noites do 31 de xullo e 1 de agosto iamos poder desfrutar, gracias á organización de Amigos de Caldelas, de dúas noites de contos no Mosteiro de San Paio, con Quico Cadaval e Carlos Blanco. As entradas podedes atopalas aquí.
Ademais o día 2 de agosto celebrarase o xa tradicional Festival Ponte Louco, cun fabuloso cartel, coma sempre. Dende aquí darlle tamén os parabéns a Juan Luis, Natalia, Teti, Alejandro, Encarna, e ducias de persoas máis. Gracias a elas temos Ponte Louco todos os anos.