jueves, 17 de diciembre de 2009

Parabéns e grazas o GaliciaConfidencial



Imaxino que todos/as os que soledes andar submerxidos na rede e vos interesan as novas de corte político que teñen que ver con Galicia coñecedes de sobra o GaliciaConfidencial, pois resulta que esta semana dita web deu un gran salto cuantitativo e cualitativo. Pasou de ser pouco máis de un blog a ser un xornal dixital en toda regra onde teñen cabida as novas, as opinións,foros, vídeos e enlaces con todas as opinións e sensibilidades políticas que se dan en Galicia, dende a dereita máis a dereita ata a esquerda máis a esquerda.


Por todo elo parabéns. Parabéns por medrar e por esta arriscada aposta de modernizarse e abrise á toda a sociedade. E digno de admiración que un espazo se abra a todo tipo de opinións.


Pero por outra banda tamén lle quero dar as grazas. Grazas por ter contado conmigo para poder colaborar nesta nova aposta dixital. De agora en diante contribuirei regularmente coas miñas opinións a que o Galicia Confidencial sexa un foro de comunicación e opinión plural.


Grazas pola invitación Xurxo.


miércoles, 16 de diciembre de 2009

Feijóo perde poder en Ourense e os ourensáns perdemos oportunidades.






Vaise Baltar, deixa a presidencia do Partido Popular de Ourense. Case parece que non é certo, porque leva dicindo 18 anos que se vai e nunca se ía, pero desta vez a cousa parece ir en serio.


Hoxe o fácil  sería arremeter contra o PP e contra o seu proceso sucesorio na provincia de Ourense, pero non o quero facer. Os partidos políticos e as persoas que están o fronte delas teñen uns ciclos, e estes días en Ourense estamos asistindo ó final dun ciclo.

De José Luis Baltar poderanse dicir moitas cousas. Algúns falarán máis ben que mal del, e outros máis mal que ben. Pero case ninguén quedará sen opinar porque o Presidente do PP de Ourense marcou unha época polo seu xeito de ser e de gobernar.

Non vou ser eu quen se posicione sobre si me gusta máis José Lui Baltar, o seu fillo o candidato do sector do birrete que estes días sairá a luz, eu só quero poñer o foco en todo este proceso, que non só afecta o PP senón a todas e todos os ourensáns.

Baltar estivo xogando ó despiste dicindo que todos o querían a el, para deste xeito tardar máis tempo en aclarar o camiño e protexer o seu vástago. Rogelio Martínez (cabeza visible do sector do birrete), inimigo íntimo de Baltar actuou estes días sendo o altofalante de Feijóo para primeiro pedir unha xestora para levar o congreso (non se fían dos da boina), logo dixo que eles ían presentar candidato contra José Manuel Baltar, logo asegurou que apoiaba a Baltar pai (canto lle tivo que custar ter que dicir esto), e mañá a saber o que dirá.

Núñez Feijóo non quere que se presente o fillo de Baltar porque sabe que ten moitas posibilidades de gañar, grazas a seu pai, e para elo empregou estes días todas as armas o seu alcance para que continuase Baltar pai, como mal menor. Ata forzou a Rajoy a que chamase a Baltar pai para convencelo de seguir á fronte.

O perigo de que José Manuel se poña ó mando do PP en Ourense, para Núñez Feijóo, é que este aprenda controlar a provincia ó igual que José Luis Baltar, e deste xeito o PP do birrete nunca tería a máis mínima posibilidade de facerse co control da provincia. Ademais Baltar fillo xa ten amosado como emprega as súas armas cando puxo contra a parede a Fraga no mítico peche no piso das Lagoas de la “panda del nene”.

E mentres esto acontece, mentres Feijóo é incapaz de controlar o seu propio partido en Ourense, Rogelio Martínez só se adica a chamar os alcaldes para dicirlle que agora e el o que reparte os cartos, e que lle hai que facer caso. Por outra banda, Baltar non deixa de chamar os mesmos alcaldes para dicir que o que manda e el, e que o que empregou ós seus achegados pola provincia adiante lles está a pedir apoio. E os alcaldes todo o día co teléfono a orella. E Núñez Feijóo atento a todo o proceso de sucesión....pero e a provincia?, quen atende á provincia?

Ourense está a sofrer a crise, ó igual que outros territorios. Mentres tanto, noutras terras os políticos están a poñer toda a carne no asador para poder atallar este grave problema. Pero en Ourense Baltar, Martínez e Feijóo están sumidos nos problemas internos do Partido Popular inhibíndose dos problemas da provincia.

sábado, 5 de diciembre de 2009

A reorganización municipal en Galicia


Mapa CRTVG

Hoxe volve estar de actualidade o eterno debate de se se debe abordar unha reorganización do mapa municipal en Galicia. Esto é por mor de que o Círculo de Empresarios de Galicia - Club Financiero de Vigo plantexou onte que Galicia debería pasar dos 315 concellos a non máis de 150.


O círculo de empresarios fai un estudio baseado case exclusivamente en aspectos económicos  e buscando a rendabilidade. Teño que dicir que tendo en conta estes criterios estou bastante preto das conclusións que se propoñen.


Ó meu parecer os concellos galegos poderían ser máis eficientes se cos mesmos orzamentos que manexan e prestando os mesmos servicios non tiveran tantas duplicidades como teñen a veces.


Dende esta óptica, vou poñer un exemplo. Tendo en conta que a comarca de Caldelas (historicamente, e non co Plan de comarcalización que levara adiante Precedo Ledo) esta abrangue os concellos de Parada de Sil, Castro Caldelas, Montederramo , A Teixeira, unha ampla parte do Concello de San Xoán de Río e case a metade de Chandrexa de Queixa. Ata hai uns anos para a recollida de lixo neste territorio, que afectaba a uns 4300 habitantes empregábanse seis camións distintos. Aínda que o territorio e amplo, esto podería rendabilidarse empregando tan só un par de vehículos.


Podería seguir poñendo exemplos e exemplos, pero non quero aburrir demasiado, só un máis. Neste territorio somos un total de 46 concelleiros, que como saberedes case ningún percibe un soldo do Concello, pero cada vez que imos a un pleno abóasenos unha indemnización (aproximadamente 50 €, depende do Concello). Se facedes contas e tendo en conta que temos como mínimo un pleno cada dous meses. Se facedes contas, ó final da lexislatura percibimos entre todos máis de 55.000 €.


A miña pregunta é, non serían suficientes 11 concelleiros en vez de 46 para rexir estes concellos?, non sería suficiente un secretario, en vez de seis?. Eu estou totalmente que esto sería positivo.


Pero por outra banda está o sentimento tan profundo que temos en Galicia (sobre todo en comarcais rurais como a miña) de amor á terra. temos un sentimento de pertenza moi arraigado, e contra esto é moi difícil loitar.


Por eso eu non creo que haxa que iniciar unha loita, senón máis ben un debate aberto onde non só opinemos os políticos. Fai falta oír falar ós empresarios, as asociacións, os agricultores, ós gandeiros, a todas e todos aqueles que dun xeito constructivo queiran facer aportacións sobre este debate.





Tamén hai que facer unha puntualización. Sempre tendemos a pensar (e posiblemente sexa polo descoñecemento que temos a como funcionan os concellos no resto de España) que o número de concellos en Galicia é excesivo fronte a outras rexións.


Compre apuntar que en Galicia hai 315 concellos divididos en catro provincias. É dicir, a media é de 79 concellos. En España hai 8111 concellos en 52 provincias, a media de municipios por provincia é de 160.


Mentres en Galicia a media de poboación por concello é 8900 habitantes, en España é de 5500.


Volvo ó principio, creo que sería sano que se abrise un debate sobre a reorganización municipal en Galicia, sen que estivese contaminado por intereses partidistas ou localistas. E tamén creo que sería san facer unha restructuración e unión de concellos, pero non os botemos as mans a cabeza alarmados pensando que o caso galego é unha excepción en España.


Se collemos un mapa podemos ver que en Castela-León, aragón ou a Comunidade Valenciana hai moitos concellos que non pasan do cento de habitantes, e incluso un bo número que non acada unha ducia. Eu non creo que eso sexa bo, pero que nos sirva como exemplo de que somos unha excepción.


E para rematar, non volvamos a caer no mesmo erro de que se deseñe dende unha oficina de Santiago de Compostela de por onde se ten que facer a división administrativa. Porque no borrador que presenta o Club Financiero de Vigo - Círuculo de Empresarios de Galicia volvo a ver os mesmos vicios de aquel plan de comarcalización levado a cabo por Precedo Ledo na Xunta de Galicia presidida por Fraga. Hai que baixar máis ó terreo, escoitar ás xentes e ver os sentimentos e os pareceres dos nosos veciños e veciñas.


Porque reorganización municipal SI, pero contando con todos/a, escoitando a todos/as e non indo en contra de ninguén.


viernes, 4 de diciembre de 2009

Rectificar é de sabios.



Portada Público 09-12-04


A estas alturas imaxino que case todos/as estaredes informados das pretensións da Ministra de Cultura respecto da Lei de Economía Sostible.


Esta Lei que está a poñer en marcha o Goberno, pretende ser unha norma programática que incluirá un conxunto de leis que se desenvolverán posteriormente. Con ela afondase en múltiples aspectos da economía e pretende ser unha lei transversal que afcete á práctica totalidade da política.


Pero dentro desta Lei, vai incluído un apartado, proposto por Cultura ( epolo que eu sei sen consulta e negociación sin co sector, nin co PSOE, nin co Congreso), que entre outras cousas permitiría o peche dunha web sin ter que contar con autorización xudicial.


González-Sinde con esta proposta logrou a maior mobilización feita na rede na historia de España. E esta mobilización non estivo nin está politizada, é máis os máis firmes defensores de que non saia adiante non son nada sospeitosos de ser aliados da dereita.


Pero claro, o PP estaba á espera, e está aproveitando este desaguisado que montou a Ministra para intentar torpedear a Lei de Economía Sostible e todo por un párrafo.


Pero onte, o Presidente do Goberno foi taxante: "Si se ha interpretado como un cierre de espacios en la Red, ya digo de antemano que no, bajo ningún concepto. Aclararemos lo que haya que aclarar" 


Eu estou de acordo con que hai que compatibilizar a liberdade de expresión cos dereitos da propiedade intelectual. Pero do xeito que se pretendía caíase en moitos erros, indefinición e hasta desprotección.


Noraboa, Señor Presidente, rectificar é de sabios.


De todos os xeitos, eu apoio e comparto o Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en internet"





Ante la inclusión en el Anteproyecto de Ley de Economía sostenible de modificaciones legislativas que afectan al libre ejercicio de las libertades de expresión, información y el derecho de acceso a la cultura a través de Internet, los periodistas, bloggers, usuarios, profesionales y creadores de internet manifestamos nuestra firme oposición al proyecto, y declaramos que…
1.- Los derechos de autor no pueden situarse por encima de los derechos fundamentales de los ciudadanos, como el derecho a la privacidad, a la seguridad, a la presunción de inocencia, a la tutela judicial efectiva y a la libertad de expresión.
2.- La suspensión de derechos fundamentales es y debe seguir siendo competencia exclusiva del poder judicial. Ni un cierre sin sentencia. Este anteproyecto, en contra de lo establecido en el artículo 20.5 de la Constitución, pone en manos de un órgano no judicial -un organismo dependiente del ministerio de Cultura-, la potestad de impedir a los ciudadanos españoles el acceso a cualquier página web.
3.- La nueva legislación creará inseguridad jurídica en todo el sector tecnológico español, perjudicando uno de los pocos campos de desarrollo y futuro de nuestra economía, entorpeciendo la creación de empresas, introduciendo trabas a la libre competencia y ralentizando su proyección internacional.
4.- La nueva legislación propuesta amenaza a los nuevos creadores y entorpece la creación cultural. Con Internet y los sucesivos avances tecnológicos se ha democratizado extraordinariamente la creación y emisión de contenidos de todo tipo, que ya no provienen prevalentemente de las industrias culturales tradicionales, sino de multitud de fuentes diferentes.
5.- Los autores, como todos los trabajadores, tienen derecho a vivir de su trabajo con nuevas ideas creativas, modelos de negocio y actividades asociadas a sus creaciones. Intentar sostener con cambios legislativos a una industria obsoleta que no sabe adaptarse a este nuevo entorno no es ni justo ni realista. Si su modelo de negocio se basaba en el control de las copias de las obras y en Internet no es posible sin vulnerar derechos fundamentales, deberían buscar otro modelo.
6.- Consideramos que las industrias culturales necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles y asequibles y que se adecuen a los nuevos usos sociales, en lugar de limitaciones tan desproporcionadas como ineficaces para el fin que dicen perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre y sin interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que el saber humano siga siendo libre.
8.- Exigimos que el Gobierno garantice por ley la neutralidad de la Red en España, ante cualquier presión que pueda producirse, como marco para el desarrollo de una economía sostenible y realista de cara al futuro.
9.- Proponemos una verdadera reforma del derecho de propiedad intelectual orientada a su fin: devolver a la sociedad el conocimiento, promover el dominio público y limitar los abusos de las entidades gestoras.
10.- En democracia las leyes y sus modificaciones deben aprobarse tras el oportuno debate público y habiendo consultado previamente a todas las partes implicadas. No es de recibo que se realicen cambios legislativos que afectan a derechos fundamentales en una ley no orgánica y que versa sobre otra materia.

martes, 1 de diciembre de 2009

De minaretes e campanarios



Suiza é un país que me sorprende. É un país que me sorprende enormemente, para o bó e para o malo. Tiven oportunidade hai un ano de percorrela de cabo a rabo: Locarno, Gotthard, Altdorf, Luzern, Basel, Bern, Geneve, Zurich, Laussane, Schaffhausen, Kreuzlingen, Interlaken, Spiez, Thun, Lauterbrunnen, etc. e a verdade é que viñen maravillado. Tamén me chamou sempre moito a atención da historia, a relixión (luteranismo maioritariamente) e o sistema político helvético. Suiza sempre estivo no centro de todo, sen mollarse, e gracias a este posicionamento (que non comparto en moitísimos casos) souberon aproveitarse e beneficiarse do seu en múltiples cuestións.


Suiza, históricamente, sempre foi un país moi aberto cara os inmigrantes. Cando visitas calquera cidade podes atoparte con xente de todos os recunchos do planeta que foron hasta a Confederación Helvética en busca de traballo. A colonia galega é moi numerosa, e non hai máis que darse unha volta polas principais cidades para ver caixas de aforros galegas, restaurantes galegos, centros galegos, etc.


É un país moi heteroxéneo formado por 23 pleno cantóns e 6 semi-cantóns onde se falan catro linguas diferentes. Culturalmente, xeográficamente e políticamente son moi diferentes uns doutros. Pero sempre souberon atopar ese punto intermedio para chegar a entendementos.


As competencias dos gobernos cantonais son moi amplas. A autonomía cantonal é tan ampla que cada cantón ten a súa propia constitución, dun goberno autónomo, un parlamento e tribunais xudiciais propios.


A autonomía cantonal e os poderes de decisión son moi extensos. Un dos poderes máis importantes é a autonomía fiscal: os cantóns son soberanos en cuestións ficais e, ademáis, posúen a súa propia autoridade policial.


Pero duns anos cara aquí Suiza está a coller un rumbo un pouco errático influído pola forza que cobra o seu partido de ultranacionalista de extrema dereita UDC-SVP.


Neste post que escribín en outubro do 2007 podedes ver cal era a cartelería xenófoba que presentaban nas eleccións confederais. Este partido que ten unha gran presenza nos cantóns de fala alemana é un claro exemplo da política máis conservadora de Europa que rexeita todo aquelo que non sexa familia,  patria e tradición (pero entendido á vella usanza).


Os/as suizos recurren en múltiples ocasións a inicitaivas populares e a referéndums, en ocasións sobre temas moi serios e outras sobre custións máis banais.







Nesta última fin de semana celebrouse un sobre si poderían seguir proliferando os minaretes nas mezquitas levantadas en solo helvético (ata agora hai catro) é gañaron por ampla maoiría e contra todo pronóstico os promotores da prohibición.


Parello a este celebrábase outro referéndum sobre si Suiza debería seguir exportando armas de guerra a terceiros países, e os helvéticos deron un claro sí á proliferación e venda armamentística.


Preocupante, moi preocupante a deriva que está a tomar este país. Eu son un firme defensor de que dentro das escolas ou na administración pública non se faga ostentación da simboloxía relixiosa. Pero defendo esa postura, precisamente, porque creo que a relixión e a súa simboloxía debe de ter cabida nos centros relixiosos.







Deberían entón destruirse todos os campanarios que hai en Suiza? Eles respostarán que non porque Suiza é maioritariamente cristiana luterana. Pero, entón debería prohibirse que se erixira unha igrexa con espadana en solo turco ou marroquí? Se esto chegase a ocorrer todos/as os/as occidentais botariamos as mans á cabeza acusando ós/ás musulmáns de radicais e talibáns.


Abramos os ollos, nós estamos a facer o mesmo. E eu creo que os radicalismos só conducen a que os que non pensen coma nós se radicalicen máis. Suiza que sempre foi un país que se xactou por saber negociar e estar no medio de grandes polémicas internacionais agora toma un rumbo moi dubidoso.


Que nos lles extrañe que mañá países como Irán, Mauritania, Indonesia ou Exipto reclamen que a sede do COI, CCI (CNUCED/OMC), CINU, CNUCED, HCR, HCDH, UNRISD, UNITAR, UNIDIR, etc.. porque non consideran a Suiza un país neutral.