domingo, 19 de octubre de 2008

Adeus Jaime, adeus...

Foisenos o Jaime. Despois dunha longa enfermidade, hai unhas horas faleceu Jaime Garrido, un dos mellores socialistas que deu a nosa provincia.
O que fora alcalde de Trasmiras durante varias lexislaturas e un gran activista do socialismo e da defensa dos saharauis será enterrado o luns, día 20, as 17h no cemiterio do seu Trasmiras querido.
Non teño palabras para seguir escribindo dunha das persoas que máis nos ensinou a todos/as os/as socialistas ourensáns de como ser un político honrado e cuns ideais firmes.
Adeus Jaime, adeus... estarás sempre nos nosos corazóns.