miércoles, 22 de julio de 2009

Estimada Señora Dona Rita Barberá....


Estimada Señora Dona Rita Barberá, non teño o placer de coñecela, nin tampouco moito interés (todo sexa dito de paso). O motivo de dirixirme a vostede é que me sentín ofendido, como cada vez que escoito alguén do PP coa mesma cantinela, de que todos/as somos iguais. Dixo vostede estes días que todos/as os/as políticos/as recibiamos agasallos.

Vostede fixo tales afirmacións logo de que a implicasen como receptora de unhas dádivas en forma de bolsos de firmas pouco asequibles para o resto dos mortais. As persoas, que parece ser, a obsequiaron con tales complementos, son os mesmos que aparecen imlicados no Caso Gurtel e que agasallaron a Francisco Camps cuns traxes a medida.

Eu non sei cal foi o motivo polo que vostede recibiu estes agasallos, e non quero parecer desconfiazo, polo que vou a pensar que foi sinxelamente porque quen llos fixo era seu amigo.

Se é así, eu teño que recoñecer que recibo moitos agasallos de amigos, pero sempre na miña condición de cidadán da pe. O que non teño recibido é ningún obxecto sen abonar diñeiro a cambio na miña condición de concelleiro e por facer "favores".

Aquí está o "tic" da cuestión. Calquera pode recibir agasallos?. A resposta é sí. Pero sempre na súa condición de cidadán e sen dar nada a cambio. O problema ven cando o obsequio é reibido polo alcalde, concelleiro ou presidente de turno, pero por ter feito algunhas "cousiñas" a cambio. E ahí é onde hai que dicir NON taxantemente.

Entón non pretenda meternos a todos no mesmo saco, porque eu xamais recibin ningunha dádiva como concelleiro nin por ter feito nada a cambio.

Moi atentamente, o seu adversario político, Eladio Osorio Montenegro.