jueves, 15 de marzo de 2007

O dereito a vivir dignamente e o dereito a morrer dignamente.

Hoxe morreu Inmaculada Echevarría, morreu porque ela o desexaba. Levaba 27 anos desexando que chegara este intre.Inmaculada padecía unha distrofia muscular progresiva que a deixou tetrapléxica, conservaba a vida artificialmente (se a eso se lle podía chamar vida) porque estaba conectada a unha unidade de ventilación mecánica.

Este foi un tema que provocou moita controversia nos últimos días como xa o fixera no seu día o caso de Ramón Sampedro. Neste tema, coma noutros moitos onde se fala sobre decisións individuais das persoas sempre se mistura unha certa moralina procedente dos principios relixiosos dalgúns.

Con este tipo de decisións ninguén está reivindicando que cando unha persoa se atope postrda nunha cama de por vida padecendo unha enfermidade irreversible a haxa que desconectar das máquinas. Aquí estamos a falar, sinxelamente, de que cando unha persoa se atope nun caso coma este poda decidir por sí mesma que é o que quere facer. Eu respecto, e moitísimo, aqueles que queiran conservar a vida, dende logo que é moi valente pola súa parte. Pero non é menos valente aquel que decide non seguir vivindo porque a súa existencia carece de sentido.

Deixémonos de crernos con poder de decisións sobre os demais e loitemos por ter a capacidade de decidir por nós mesmos e que non sexan outros os que decidan.

Eu entendo que haxa xente que lle dean reparo este tipo de decisións por estar impregnados da cultura que irradia a Igrexa, pero que eles non entendan a nós, os que non temos a "sorte" de crer nun máis alá, nin nun máis acá, nin nun Deus o que lle pertence a nosa vida...

Un gran día para as mulleres...e para os homes



Hoxe aprobouse no Congreso dos deputados a Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, donde foi respaldada por todos os grupos políticos (192 votos a favor), excepto o PP que se abstuvo (119 votos). Unha vez máis the Partido Popular is different.
Foi Zapatero quen defendeu a Lei e afirmou que con ela se transformará para ben, radicalmente e para sempre a sociedade. Eu non sei se a transformafá ou será un paso máis, pero dende logo é unha Lei moi importante que axudará a facer xusticia ás mulleres. Dende logo, dende hoxe España será un pouco máis xusta con esa metade da poboación que día a día sofre discriminación pola súa condición de mulleres.
Acebes, facendo gala do seu talante calificou esta Lei como absurda e excluínte, xa vedes, todo un cabaleiro...