martes, 3 de febrero de 2009

Os galácticos


Baltar, na provincia de Ourense, tennos acostumados cada vez que hai Eleccións ó Parlamento Galego a fichar a algún galáctico. Pon de cabeza da candidatura a descoñecidos/as que nunca estiveron en política e encumbraos durante quince días, pero ó pasar os catro anos da lexislatura desfaise deles.

Esto aconteceu hai oito anos con Inmaculada Rodríguez, hai catro con Amparo González e agora pon (ou máis ben, desta vez, póñenlle) a Luis Carrera. Augúrolle mal futuro político a este último vendo ó que ten acontecido no pasado.

Pero o que desta vez é unha novidade é a fichaxe de Pedro Arias como número dous do PP pola Coruña. Este home, que ven do Partido Comunista e que logo estivo como concelleiro con Paco Vázquez é a fichaxe estrela do PP coruñés.

Eu non sei que opinan os que están na dirección do Partido Popular sobre este tema, pero si que coñezo a opinión de algúns coñecidos que militan no partido da gaivota, e mellor non volas reproduzo aquí porque algún tachariame de empregar insultos do meu cuño. Pero anímovos a que fagades unha pequena enquisa entre os vosos coñecidos do PP, xa veredes.