martes, 21 de octubre de 2008

Eu síntome Ánxela Merkel

Non vos escandalicedes, non é que pase "ó outro lado". O do título simplemente ven a conto do pequeno desencontro que tiveron Merkel e Sarkozy estes últimos días.

Resulta que a chaceleira alemena presentou unha protesta por medio da embaixada xermana en Francia, pedíndolle ó presidente Sarkozy que non a bicara e non a sobara tanto.

Ó mellor o tema foi un pouco esaxerado e deúselle demasiada importancia, pero algunhas persoas non saben distinguir onde está esa liña imaxinaria que hai entre onde acaba a intimidade de un/a e onde comeza a do/a outro/a.

Din que Merkel é así porque é protestante e foi criada na Alemania Oriental, fronte a Sarkozy que é moito máis latino e "mediterráneo".

Eu creo que son, culturalmente falando, un pouco máis parecido a Sarkozy que a Merkel, debido ó legado cultural que herdamos dos nosos ancestros, pero neste tema aínda que a cultura inflúe moito, tamén ten moito que ver a forma de ser de cada quen.

Non estou con esto facendo un alegato a favor dos seres uraños. Simplemente dicir, que en moitas ocasións, non sabemos respectar ó espacio vital do noso interlocutor, eeso para algúns (coma min) resulta un pouquiño desagradable.

Polo resto, estou bastante alonxado ideoloxicamente tanto de Merkel coma de Sarkozy.

NOTA: (Engadido logo da primeira redacción do post). Leo agora que Ánxela Merkel desmite que existira a comentada queixa diplomática. Aínda así, eu sigo aproveitando para reclamar o dereito a ter un espazo vital sen ser violentado polos/as "tocóns" ou "sobóns". ;)