viernes, 30 de marzo de 2007

Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas


Onte, no Castelo de Castro Caldelas, estivemos presentando a candidatura dos socialistas caldelaos ás eleccións municipais. Hai días que xa vos adiantei neste mesmo blog quenes eramos os candidatos e candidatas.
Estivemos arroupados por Pachi Vázquez, conselleiro de medio ambiente e secretario provincial do PSdeG-PSOE, Laura Seara, deputada autonómica e secretaria de igualdade da executiva nacional, Carmen R. Dacosta, delegada de Traballo, Conchita Camiña, delegada de presidencia, Monedero, delegado de sanidade, Sueiro, delegado de educación e varios alcaldes e candidatos tanto da comarca como da prvincia.
Peo o máis importante, asistiron duascentas persoas do Concello. Caldelaos e caldelás que se identifican de cheo co proxecto socialista en Castro Caldelas. A partir de agora imos a formar o Comité de Campaña e comezar a realizar o programa electoral, para o que contaremos con todas as aportacións realizables que nos fagan os veciños e veciñas

viernes, 23 de marzo de 2007

Esto empezame a dar medo


Onte o presidente do grupo PRISA, Jesús de Polanco fixo unhas valoracións sobre a situación da política no noso país e manifestou que é moi difícil estar de acordo coa acción política dalgúns partidos, especialmente nuns momentos nos que hai quen desexa volver á guerra civil e considerou que se a dereita española recupera o poder, van a vir cunhas ansias de revancha que lle dan moito medo. Tamén afirmou que é moi difícil ser neutral cando unha das partes considera que todo vale con tal de recuperar o poder.

Polanco expresou ademais o seu desexo de que en España existise un partido de dereitas, moderno, laico, con gañas de manter o que hai que manter e de cambiar o que hai que cambiar. Na súa opinión, a dereita española mantén nestes momentos unhas posicións que a alonxan notablemente deste perfil de conservadurismo moderado. Puxo como exemplo desa actitude radical da dereita o apoio a manifestacións como a do outro día, que é franquismo puro e duro.

Eu comparto, practicamente, todo o que dixo. Posiblemente houbese suprimido a referencia á guerra civil. Pero no fondo comparto estas afirmacións, ó igual que as comparte outra moita xente.

Pois hoxe o Partido Popular, por medio do secretario de Comunicación, Gabriel Elorriaga fixo público o seguinte comunicado:

"Ante las intolerables declaraciones del Presidente del Grupo Prisa, Jesús Polanco, contra el Partido Popular al que imputa comportamientos, actuaciones e intenciones abiertamente antidemocráticos, manifestamos que: Dichas declaraciones van mucho más allá del legítimo posicionamiento editorial y de la crítica ideológica.
Las declaraciones ponen en evidencia el profundo sectarismo de Jesús Polanco, desvanecen cualquier pretensión de imparcialidad del Grupo Prisa y comprometen la capacidad de cualquiera de los medios que lo integran de informar de manera veraz y objetiva.
Las declaraciones suponen además una agresión injustificada contra millones de españoles que se ven reflejados en los valores de libertad y democracia que representa y defiende el Partido Popular.
Comunicamos a todos los ciudadanos, y de manera especial a los accionistas, anunciantes y clientes de ese grupo de comunicación que, desde este momento y mientras el Sr. Polanco no rectifique pública e inequívocamente sus lamentables declaraciones, el Partido Popular dejará de atender todas las convocatorias de entrevistas, tertulias y programas del Grupo Prisa y demás empresas controladas por Jesús Polanco".

Non lles chega con controlar a práctica totalidade de medios nacionais e varios rexionais ou provinciais, senón que os queren controlar absolutamente todos. Así o que se salia da súa liña será marcado e repudiado para que se veña a ben. Esto a min recordame a este país e a outras épocas. Incluso chega a facer un aviso a accionistas, anunciantes e clientes para que dalgunha maneira fagan presión ó presidente do grupo PRISA.

Creo que chegamos a un punto no que nós debemos de mobilizar e reaccinar ante esta cadea de sinsentidos que está a levar a cabo a dereita deste país, unha dereita que se escora máis e máis a súa diestra.

Acabamos de dar un paso máis hacia un mundo ó revés. polo ben de todos, da dereita, da esquerda, de España, creo que o PP debe de dar un golpe de temón na súa organización e rachar con esta panda de ultras que o controla. Repito, polo seu ben e polo de todos. Esto é insostible.

jueves, 22 de marzo de 2007

O inxenio de Blas, o desnudo de Pataki e as reaccións do PP

Estes días como poderéderes ver non estou moi prolífico en artigos. É por mor das vindeiras eleccións municipais, xa estamos en precampaña e practicamente non teño tempo para nada. Hoxe tampouco vos vou a escribir nada da miña colleita. Só vós quero invitar a que visitedes un blog dun compañeiro do PSdeG-PSOE, e á vez gran amigo (aínda que pareza raro). A dirección é http://blasgarcia.wordpress.com/.
Trátase dun desternillante artigo que as peores “virtudes” da dereita española. De recomendada lectura. Entrade e xulgade por vós mesmos/as.

jueves, 15 de marzo de 2007

O dereito a vivir dignamente e o dereito a morrer dignamente.

Hoxe morreu Inmaculada Echevarría, morreu porque ela o desexaba. Levaba 27 anos desexando que chegara este intre.Inmaculada padecía unha distrofia muscular progresiva que a deixou tetrapléxica, conservaba a vida artificialmente (se a eso se lle podía chamar vida) porque estaba conectada a unha unidade de ventilación mecánica.

Este foi un tema que provocou moita controversia nos últimos días como xa o fixera no seu día o caso de Ramón Sampedro. Neste tema, coma noutros moitos onde se fala sobre decisións individuais das persoas sempre se mistura unha certa moralina procedente dos principios relixiosos dalgúns.

Con este tipo de decisións ninguén está reivindicando que cando unha persoa se atope postrda nunha cama de por vida padecendo unha enfermidade irreversible a haxa que desconectar das máquinas. Aquí estamos a falar, sinxelamente, de que cando unha persoa se atope nun caso coma este poda decidir por sí mesma que é o que quere facer. Eu respecto, e moitísimo, aqueles que queiran conservar a vida, dende logo que é moi valente pola súa parte. Pero non é menos valente aquel que decide non seguir vivindo porque a súa existencia carece de sentido.

Deixémonos de crernos con poder de decisións sobre os demais e loitemos por ter a capacidade de decidir por nós mesmos e que non sexan outros os que decidan.

Eu entendo que haxa xente que lle dean reparo este tipo de decisións por estar impregnados da cultura que irradia a Igrexa, pero que eles non entendan a nós, os que non temos a "sorte" de crer nun máis alá, nin nun máis acá, nin nun Deus o que lle pertence a nosa vida...

Un gran día para as mulleres...e para os homes



Hoxe aprobouse no Congreso dos deputados a Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, donde foi respaldada por todos os grupos políticos (192 votos a favor), excepto o PP que se abstuvo (119 votos). Unha vez máis the Partido Popular is different.
Foi Zapatero quen defendeu a Lei e afirmou que con ela se transformará para ben, radicalmente e para sempre a sociedade. Eu non sei se a transformafá ou será un paso máis, pero dende logo é unha Lei moi importante que axudará a facer xusticia ás mulleres. Dende logo, dende hoxe España será un pouco máis xusta con esa metade da poboación que día a día sofre discriminación pola súa condición de mulleres.
Acebes, facendo gala do seu talante calificou esta Lei como absurda e excluínte, xa vedes, todo un cabaleiro...

martes, 13 de marzo de 2007

Un Luxo par aos oídos,Eduardo Madina en Ourense

O pasado día 8 de marzo, día da muller traballadora, tivemos o enorme pracer de escoitar no "Foro La Región" de Ourense a voz do deputado socialista Eduardo Madina.
A verdade é que nunca escoitara a Edu Madina, pero xa me falaran moito e moi ben del, sobretodo Laura Seara e Lalo G. Rosales. Foi todo un luxo poder escoitar as súas verbas tranquilas, esperanzadoras e tranquilizadoras. Fixo un percorrido, dende o punto de vista social, político e antropolóxico, da sociedade vasca e do panorama actual que se vive tanto en Euskadi como en España. Defendeu que a orixe do "conflicto vasco" xurde como un choque de identidades entre os que defenden a concepción romántica e mitolóxica do nacionalismo e os que defenden dende a ilustración o Estado de Dereito. Ante este conflicto Madina fixo un chamamento á razón fronte ó corazón para defender os ideais. Unha razón que invite o diálogo, e é que Edu invita o diálogo. Vendo o panorama actual no que o PP está a crispar todos e cada un dos días do ano, a veces a algún como a min entranos a dúbida de que é o que quere o PP, se quere a paz ou lle compensan máis outras cousas para sacra rendibilidade política. Pero para Eduardo Madina, non hai lugar á dúbida defende sen titubeos que o PP busca a paz. Dinos que non lle cabe a menor dúbida, que teñen traballado moito por ela e tamén sofrido, pero o problema é que non se fían de quen a xestiona.
É esperanzador ver a unha persoa que viviu nas súas carnes a violencia de ETA (padeceu un atentado que lle costou unha perna e case a súa vida)e que aposta pola vía do diálogo fronte a sin razón dalgúns que van ó fácil: a dicir que eles non se moven da súa postura que se movan os outros. Quedeime cunha frase de Madina que é certa como a vida mesma: Nun proceso de paz o último paso pasa sempre, ineludiblemente, pola vía do diálogo. Esto está escrito en todos os manuais de resolución de conflictos, e quen non sexa capaz de ver esta realidade é que non é capaz de resolver o conflicto.
Dende este pequeno rincón, coa miña maior modestia querolle facer unha pequena homenaxe a este home tan grande (non só en altura). Edu dende aquí transmitirche todos os meus respectos e amiña admiración. Unha aperta

Chema Madoz. Un fotógrafo que pinta ideas.


Creo que sabedes que son un namorado da fotografía. teño publicado algúns libros e nalgunhas revistas. Tamén tiven a honra de expoñer tres veces. Pero a parte de disfrutar ó facer as miñas fotos, disfruto moito máis obsevando a obra dos grandes da fotografía. Hoxe quero invitarvos a que disfrutedes cunha das obras do fotógrafo máis inxenioso que temos no noso país. Chema Madoz, xulgade por vós mesmos na súa web ou en Photobolsillo.

Arto Tuncboyaciyan e Armenian Navy Band

Con esta entrada só vos quero convidar a que escoitedes algo de música. Hoxe que moita xente busca o purísmo eu reivindico esa música máis complexa.
Descubrín hai anos a Arto Tuncboyaciyan e a Armenian Navy Band, músicos armenios que intentan mistura todo aquelo que os rodea, esas músicas asiáticas e europeas coas que medraron. Outro tipo de música que seguro nunca escoitaredes nos 40 Principales

Canto peor...mellor

Este é o lema do Partido Popular dos días de hoxe: Canto peor...mellor. Canto peor vaia a política, para eles moito mellor.
Estamos a atravesar un dos mellores ciclos económicos da historia, o paro está a sofrer un gran recorte chegando a aproximarse a media europea, estase a por en marcha o cuarto piar do estado de benestar (Lei de Dependencia), estamos a ser un dos países claves nas relacións europeas, co mediterráneo e con latinoamérica, estamos a xulgar ós asasinos do 11-M, estamos a ampliar a gratuidade dos libros de texto, estamos a por en marcha máis leis que ningún outro goberno, pero nada desto se ve, nin se escoita.... Ó PP non lle interesa que se vexa nin se escoite.
Agora que a súa (e a de El Mundo) teoría conspirativa sobre o 11-M xa se caiu e se esta a levar a cabo o proceso contra os terroristas islámicos, o PP está a crispar cada día máis a vida política co tema de De Juana para que outros temas pasen inadvertidos.
Os señores do PP excarcelaron a 62 presos por redencións extraordinarias, algúns deles por facer cursos de punto de cruz. Estes mesmos señores achegaron a 42 presos ó País Vasco mentres o secuestro de Ortega Lara, pero todo esto parece que ninguén o quere ver nin escoitar, e está ahí, é certo. ¿Como se pode ir a unha manifestación para condenar a política antiterrorista do PSOE cando é a mesma que a do PP?
Parece que hai xente a quen lle interesa que a paz non se produza, porque senón non hai outra explicación.
Estes días Zaplana encárgase de recordar que as excarcelacións que eles fixeron son legais. E deixa a frase ahí, para sembrar a dúbida. Pero é que as do PSOE tamén son legais. Podemos estar ou non conformes con elas (eu fago constar que algunhas decisións costáronme bastante entendelas), pero son legais.
Poñámoslle entre todos un pouco de sentidiño a este tema, intetemos enfriar a cabeza e sosegarnos, que España está moito mellor do que o PP nos quere facer ver e somos moitísimos, millóns, os españois de ben que non queremos acudir as súas concentracións.
Eu dende aquí quero facer un chamamento a todos/as aqueles/as persoas de esquerdas a que axuden a contribuir a serenar España.
Din que non hai pelexa se un non quere, pois sexamos nós os que non queiramos pelexar, non nos deixemos levar por Aznar, Rajoy, Espe, Pío Escudero, Zaplana, Acebes...

jueves, 8 de marzo de 2007

Nova páxina web do PSdeG-PSOE de Ourense


O PSdeG-PSOE de Ourense acabar de colgar na rede a súa nova páxina web. Nesta páxina pódese ver información variada como a axenda, notas de prensa, a composición do consello provincial, grupo provincial socialista, a representación institucional, a estructura territorial, etc. Na estructura territorial poderedes ver un mapa da provincia no que vos irán aparecendo os candidados socialistas ás distintas alcaldías.
Nesta páxina tamén aparecen as direccións das sedes espalladas pola provincia, un correo de contacto, así como múltiples ligazóns de interés.
Si queres facer unha visita e botarlle un vistazo á web dos socialistas de Ourense pódelo facer dende aquí.

lunes, 5 de marzo de 2007

Os axitadores de gaseosa

Todo o mundo sabe que se se axita a botella da gaseosa antes de abrila, ó sacar o tapón bota todo para fora. Estes dous señores, Alcaraz e Jiménez Losantos son, entre outros uns dos que máis lles gusta menear o recipiente. Estamos vivindo uns momentos convulsos en España. Xente como estes dous elementos dedícanse a poñer a palla. Rajoy, Aznar, Acebes, Zaplama e Espe poñen o mechero. Logo por detrás veñen estes grupúsculos de extrema dereita que hoxe habitan dentro do Partido Popular e son os que pegan lume.
O problema de todo esto é que detrás desta radicalización da sociedade están arrastrando a xente sensata e serena que sempre militou no centro dereita. A base de enganos, mentiras e manipulacións están a levar a milleiros de persoas o terreo da radicalización. Non hai máis que ver as bandeiras e as pancartas que portan nas manifestacións. Nesas que vai Rajoy.
Hoxe podía escoitar unhas declaracións de Mariano Rajoy nas que dicía que na próxima concentración que están a preparar non lle importaba en absoluto que apareceran bandeiras preconstitucionais nin que se unisen á mesma xente de extrema dereita. Dicía que el convocaba a manifestación para que se unisen todos os cidadáns que estiveran en contra das decisións do goberno en materia de terrorismo.
Que fráxiles de memoria somos moitos, ou non nos queremos dar conta da realidade, ó esquecer un pasado tan recente no que se produciron 53 excareracións de presos de ETA e que levou a cabo o PP. Como curiosidade compre dicir, por se alguén se esquecera, que algúns dos máis radicais agora no Partido Popular foron os que asinaron tales liberacións: Mariano Rajoy e Ángel Acebes.
Hoxe por curiosidade entrei en tres webs: Falange, Falage-Auténtica y España 2000, tres grupos de extrema dereita, estiven lendo as súas novas e comunicados. E, de verdade, non difiren en absoluto das lindezas que estes días están a pronunciar os políticos do Partido Popular.
Dende logo neste país bótase de menos esa outra dereita que hai por Europa adiante, esa dereita nacida do liberalismo e loitadora en pro das liberdades. Aquí seguemos a ter unha dereita rancia e retrógrada basada nos restos dun réxime totalitario e fascista.

domingo, 4 de marzo de 2007

O Horror da guerra dos Balcáns

Hoxe podía ler un par de atigo en El País sobre a matanza de Srebrenica na guerra dos Balcáns e como trascorreu este conflicto. Mladic, o xefe militar serbobosnio daba ós cativos pan fronte ás cámaras, e cando estas deixaban de grabar quitáballo. En Sebrenica aniquilaron a 8000 homes musulmáns a sangue fría, doce anos despois o Tribunal Internacional de Xustiza da Haxa dictaminou que foi un xenocidio, pero absolve a Serbia da responsabilidade do mesmo. Esto parece unha burla, e máis despois de que este xenocidio se producira pola pasividade dos cascos azuis destacados na zona.

Os cascos azuis foron a mediar neste conflicto fraticida pero non podían intervir co cal eran tomados a pitorreo polos soldados, e civis armados de ambos bandos. Moitas veces estas forzas internacionais dispoñías de 40 ou 50 efectivos para controlar poboacións de 20000 ou 30000 habitantes.

Recoméndovos que vexades a película "En tierra de nadie" de Danis Tanovic, gañadora do Oscar a mellor película de fala non inglesa en 2002, define á perfección cal era a situación de pasividade dos cascos azuis. Os europeos fomos complices de todas estas matanzas por non intervir con máis firmaza.

Ó fío deste tema vouvos a contar unha experiencia un tanto tétrica que me ocorreu. Uns anos despois do conflicto entre Serbios, Bosnios e Croatas, produciose o conflicto de Kosovo. Por esas datas eu ía dende Barcelona ata Viena en avión e o cruzar os Alpes, o comandante da nave informounos que tiña que elevar a altura porque por debaixo de nós, e a esquerda ía pasar un escuadrón de cazas e caza-bombardeiros que saían dunda base da OTAN en Italia para ir a bombardear á guerra de Kosovo. Aqueles avións ían cheos de armas para destruír edificios e matar persoas.

O día seguinte estaba eu paseando polas rúas de Viena e fixeima que preto da catedral podíase observar que había tres ou catro edificios de máis de 200 ou 300 anos e de repente uns bloques de edificios de non máis de 60 anos, o cabo duns metros pasaba o mesmo, e así por todo o casco vello. Pregunteille a un cativo que falaba español o por que daquel feito e explicoume que donde había edificios máis ou menos novos eran os lugares onde caeran bombas nos bombardeos na II Guerra Mundial. Estivern varios días cavilando sobre aqueles cazas que vin nos Alpes e a destrucción que puderan haber causado nos Balcáns. A verdade e que durante uns días non conciliei o sono nada ben.

Dende logo na nosa especie podemos chegar a ser ben ruíns e inhumanos

O casco vello de Castro Caldelas é declarado Área de Rehabilitación de Conxunto Histórico

A Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia acaba de declarar o casco antigo da vila de Castro Caldelas como Área de Rehabilitación de Conxunto Histórico. A área de actuación dispón de 80.000 metros cuadrados e engloba case 200 vivendas. Este é o primeiro paso para os propietarios das vivendas poidan acceder ás subvencións destinadas á rehabilitación e mellora das súas casas por un importe non superior ós 11.000 euros, ás axudas chegan ata o 80% a fondo perdido. Tamén se contemplan outras axudas de ata o 60% para obras de urbanización e reurbanización de prazas e rúas no entorno da área. Así preténdese acadar un incremento dos niveis de ocupación poblacional na área do Conxunto Histórico. Esta política de rehabilitación de vivendas antigas fronte a nova construcción de edificios é xeradora dun conservacionismo moi riguroso dos pequenos núcleos históticos. Dende logo estanse a ver en Castro Caldelas os novos aires da Goberno galego. Que estes aires non deixen de soprar.

sábado, 3 de marzo de 2007

Candidatura do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas

En días pasados reunímonos a Asamblea do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e eleximos a candidatura ás eleccións municipais de 2007. Hai unhas semanas xa eleximos ó cabeza de lista, Eladio Osorio Castro. En ambos procesos a unanimidade foi a tónica dominante.


Os elexidos para afrontar este novo reto fomos:


1.- Eladio Osorio Castro

2.- Alberto Labrador González

3.- Sara Inés Vega Núñez

4.- Eladio Osorio Montenegro

5.- Manuel Pérez Villar

6.- Rosa Domínguez Rodríguez

7.- José Luis Díaz Gómez

8.- Manuel López Pérez

9.- Eva Méndez Domínguez

S1.- José Ramón Nóvoa Fernández

S2.- Antonio Pérez Blanco

S3.- Cristobal Campos González

O Partido Popular e a autovía A-76

Nota de prensa difundida no día de onte ós medios de comunicación.
O PSdeG-PSOE da Comarca de Trives-Caldelas quere manifestar ó respecto da crise xurdida sobre a Plataforma Pro Autovía A-76 Corredor 3 ó seguinte:

Estamos totalmente convencidos, e xa o estabamos hai meses, que os alcaldes do Partido Popular da comarca están a empregar a Plataforma como unha arma electoral. Baltar, presidente do PP, ve perigar a súa hexemonía nas comarcas de Trives e Caldelas debido as excelentes candidaturas que está a presentar o PSdeG-PSOE e dá orde os seus alcaldes de que empreguen e manipulen a Plataforma mentres lles sexa beneficiosa. Ata o de agora utilizaron o seu presidente para dinamitar ó PSOE, pero dende o momento en que se fixo público que Francisco José Fernández optaba á alcaldía de Trives como independente, resulta que todo o que ata o de agora era bo convértese en malo.

Os alcaldes do PP censuran que Francisco José Fernández sexa candidato á alcaldía de Trives e critícano por haber utilizado a plataforma como trampolín de salto cara a política. Cunha dobre moral e dúas varas de medir se trata á xente neste colectivo, xa que nunca se criticou por parte dos do PP que a plataforma estivera controlada por unha concelleira do Partido Popular de Montederramo como presidenta dunha asociación, ou que na directiva estivese o tenente-alcalde de Chandrexa de Queixa representando a un sindicato, ou que un dos membros máis destacados fora o tesoureiro do Partido Popular en Trives.

É totalmente lexítimo que as asociacións se agrupen para defender os intereses da comarca, pero todos estes feitos veñen a avalar a nosa teoría de que o PP se subiu ó carro e foi o partido que adoptou posturas máis radicais e de total enfrontamento cara ó goberno para desgastar ó PSOE e sacar rédito político.

Posiblemente o presidente da plataforma tería que habela deixado antes, para que non se visionase que empregaba esta como un altavoz da súa candidatura. Pero e se os alcaldes do PP esixían esto, ¿como é que eles seguen sendo maioría na plataforma e son eles os que poñen e quitan presidentes?.

A xogada de onte votando todos os alcaldes do PP da comarca en bloque para forzar a dimisión do presidente confirma que o Partido Popular ten unha estratexia marcada na que só lle vale dinamitar ó PSdeG-PSOE e favorecer os seus intereses.

Están nerviosos porque saben que a día de hoxe teñen unha grave crise interna en Trives e a súa alcaldía dana por perdida. Os Socialistas estamos facendo un gran esforzo por renovar e ampliar as nosas candidaturas nos concellos da comarca, e os alcaldes do PP e Baltar ven perigar o seu deputado provincial. Esto é o que verdadeiramente lle importa a eles, e nada máis que eso.

viernes, 2 de marzo de 2007

Os matrimonios homosexuais e a moral do PP

Nestes días ven de debatirse no Congreso dos Deputados unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por HazteOir.org e o Foro de la familia para derogar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e que só os matrimonios heterosexuais poidan adoptar cativos/as. Foi rechazada xa que votaron a favor PSOE, PNV, ERC, CC, IU, Grupo Mixto, dous diputados de CiU e unha drputada do PP, Celia Villalobos, o que provocou que o seu partido a multara. En contra posicionuse o PP e Unió Democrática de Catalunya, mentres varios deputados de CiU se abstiveron.

Podédesme crer, de verdade, que neste tema, como nalgúns outros, intento reflexionar e profundizar en todos os seus aspectos e facer un exercicio de empatía cara os que defenden cun fervor un tanto exacerbado que o matrimonio só debe ser entre dúas persoas de distinto sexo. Pero non logro entender o porque desta postura tan radical e tan pouco solidaria.
E o que menos entendo é esta postura tan radical e empapada de clericalismo rancio do Partido Popular. Tampouco entendo como algunha xente que comulga con este partido e que é homosexual non é capaz de alzar a súa voz contra tanta intolerancia. Respeto moito, no persoal, a Pepe Araujo, concelleiro do PP en Ourense, homosexual confeso, e unha das primeiras persoas en España que contraiu matrimonio coa nova Lei, pero non sei como é capaz de convivir co carnet do seu partido todos os días no seu bolsillo. (Aínda así quero enviarlle dende aquí a miña máis sincera noraboa polo seu matrimonio).

Hai xente que me di que eso debe ser así porque así o di Deus. Eu profeso o agnosticismo e polo tanto esta postura parece falta de toda razón, é unha postura apoiada na "sin razón", digamos que é unha posición fácil: O Cura na misa dí eso e polo tanto eu creo nela.

Outras personas defenden que non poden contraer matrimonio porque o diccionario di que o matrimonio é a unión do home e da muller concertada mediante determinados ritos ou formalidades legais e no catolicismo, é o sacramento polo cal o home e a se ligan perpetuamente con arranxo ás prescripcións da Igrexa. Pero, imos a ver, o diccionario está para cambialo. No diccionario cambiase o significado das palabras segundo o uso que lle deamos a poboación as mesmas. Entón, ¿non sería solidario e de igualdade que lle brindásemos o oportunidade de usar unha mesma palabra os homosexuais?. Porque non é máis ca eso unha palabra.
Outra xente dí que o do matrimonio vale, pero o da adopción de ningunha maneira, que eso é moi perxudicial e contraproducente para os/as cativos/as. Pero, ¿non é máis contraproducente ver a un pai e una nai que non se queren, que berra, ou pelexan?. Por cada informe que sae a luz pública defendendo que non é bó este tipo de adopcións, outro defende o contarrio.

Hai algúns que din que este tema non pode estar ben, xa que noutro países esto non se fai. É certo somos o terceiro país do mundo en que os matrimonios enter persoas do mesmo sexo está permitido. Para unha vez que imos en algo por diante, hai xente que reprocha este progresimo.

De verdade penso neste tema case todos os días e non atopo nin unha sóa razón para non defender que dúas persoas que se aman, queren e desexan poidan convivir sin ser encarcelados, perseguidos, insultados, mirados de reollo ou criticados polos demais.

Deixemos que cada quen elixa o seu destino, e non nós convirtamos nuns dictadores e donos do benestar dos demais.

P.D.: Por certo, acepto moi gustosamente razóns de peso en contra de todo o aquí exposto, para ver si tan confundido estou neste tema.