viernes, 2 de marzo de 2007

Os matrimonios homosexuais e a moral do PP

Nestes días ven de debatirse no Congreso dos Deputados unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por HazteOir.org e o Foro de la familia para derogar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e que só os matrimonios heterosexuais poidan adoptar cativos/as. Foi rechazada xa que votaron a favor PSOE, PNV, ERC, CC, IU, Grupo Mixto, dous diputados de CiU e unha drputada do PP, Celia Villalobos, o que provocou que o seu partido a multara. En contra posicionuse o PP e Unió Democrática de Catalunya, mentres varios deputados de CiU se abstiveron.

Podédesme crer, de verdade, que neste tema, como nalgúns outros, intento reflexionar e profundizar en todos os seus aspectos e facer un exercicio de empatía cara os que defenden cun fervor un tanto exacerbado que o matrimonio só debe ser entre dúas persoas de distinto sexo. Pero non logro entender o porque desta postura tan radical e tan pouco solidaria.
E o que menos entendo é esta postura tan radical e empapada de clericalismo rancio do Partido Popular. Tampouco entendo como algunha xente que comulga con este partido e que é homosexual non é capaz de alzar a súa voz contra tanta intolerancia. Respeto moito, no persoal, a Pepe Araujo, concelleiro do PP en Ourense, homosexual confeso, e unha das primeiras persoas en España que contraiu matrimonio coa nova Lei, pero non sei como é capaz de convivir co carnet do seu partido todos os días no seu bolsillo. (Aínda así quero enviarlle dende aquí a miña máis sincera noraboa polo seu matrimonio).

Hai xente que me di que eso debe ser así porque así o di Deus. Eu profeso o agnosticismo e polo tanto esta postura parece falta de toda razón, é unha postura apoiada na "sin razón", digamos que é unha posición fácil: O Cura na misa dí eso e polo tanto eu creo nela.

Outras personas defenden que non poden contraer matrimonio porque o diccionario di que o matrimonio é a unión do home e da muller concertada mediante determinados ritos ou formalidades legais e no catolicismo, é o sacramento polo cal o home e a se ligan perpetuamente con arranxo ás prescripcións da Igrexa. Pero, imos a ver, o diccionario está para cambialo. No diccionario cambiase o significado das palabras segundo o uso que lle deamos a poboación as mesmas. Entón, ¿non sería solidario e de igualdade que lle brindásemos o oportunidade de usar unha mesma palabra os homosexuais?. Porque non é máis ca eso unha palabra.
Outra xente dí que o do matrimonio vale, pero o da adopción de ningunha maneira, que eso é moi perxudicial e contraproducente para os/as cativos/as. Pero, ¿non é máis contraproducente ver a un pai e una nai que non se queren, que berra, ou pelexan?. Por cada informe que sae a luz pública defendendo que non é bó este tipo de adopcións, outro defende o contarrio.

Hai algúns que din que este tema non pode estar ben, xa que noutro países esto non se fai. É certo somos o terceiro país do mundo en que os matrimonios enter persoas do mesmo sexo está permitido. Para unha vez que imos en algo por diante, hai xente que reprocha este progresimo.

De verdade penso neste tema case todos os días e non atopo nin unha sóa razón para non defender que dúas persoas que se aman, queren e desexan poidan convivir sin ser encarcelados, perseguidos, insultados, mirados de reollo ou criticados polos demais.

Deixemos que cada quen elixa o seu destino, e non nós convirtamos nuns dictadores e donos do benestar dos demais.

P.D.: Por certo, acepto moi gustosamente razóns de peso en contra de todo o aquí exposto, para ver si tan confundido estou neste tema.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

gustaríame completar o que dis acerca da definición de matrimonio que aparece no diccionario comentando, para quen non o saiba ou non o queira saber, que as palabras son un invento, que todas as acepcións a esas palabras tamén son un invento. polo tanto, matrimonio aparece definido así nos diccionarios porque alguén un día pensou que ese era o seu significado. hoxe en día, moitas das palabras que utilizamos variaron o seu significado, e tamén matrimonio o vai variar. estase a recoller un novo concepto, unha nova realidade. haberá quen estea máis ou menos de acordo, pero é así, as parellas non teñen porque ser de muller e home; podemos ser dúas mulleres e ninguén ten porque nos menosprezar.

Anónimo dijo...

tamén me gustaría comentar toda a dor que pode implicar non recoñecer a homosexualidade como unha orientación sexual máis, tan "normal" como a heterosexualidade. hai que pensar que ninguén escolle ser nin o un nin o outro, é algo que persoalmente non se pode controlar, como ser zurdo. a todas esas persoas tan críticas e tan retrógradas só lles diría que elas poderían ter nacido así, ou os seus irmáns, ou os seus fillos. ¿como se sentirían se a sociedade se manifestara na súa contra? ¿como se sentirían sendo obxecto de desprezos e de negación de dereitos tan básicos como formar unha familia? creo que hai que ter moito respecto con todo o mundo e non ver as cousas só desde a nosa perspectiva. a realidade é moi ampla e moi complexa como para crer que só o que nós pensamos é o acertado.

Andrederabal dijo...

AMIN DE MOMENTO VANME AS MULLERES

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Estou dacordo contigo Belén as palabras non son máis que constructos, son definicións para nomear as cousas.
André alegrome de que a ti che vaias as mozas, igual que me alegraría de que che foses os mozos, porque todo elo é a túa elección, e eu non son quen para guiar o teu futuro e atúa vida. Unha aperta para os/as dous.

Anónimo dijo...

hai que defender as leis que benefician a un colectivo e non prexudican a ninguén. ole tamén pola recién aprobada lei de identidade sexual, que permite a persoas transexuais ter a súa identidadde sen necesidade de pasar polo quirófano nin dunha resolución xudicial.

Anónimo dijo...

Belén, como filóloga te puedo asegurar que tu apreciación sobre las palabras y su significado son totalmente acertadas. Las palabras son signos inventados por el hombre y, como todo signo, constan de un significante perceptible por un sentido (en la lengua oral el sonido o las letras)y que es inventado, y constan también de un significado o realidad extralingüística que asociamos a dicho significante. Este significado se lo damos los hablantes y, por tanto, también es inventado. Así que, por supuesto no es válido el argumento perogrullesco de que matrimonio SÓLO significa unión entre mujer y hombre. Quizás esto sea así en la religión católica, pero no en lingüística pura y dura. Ya lo dijo Saussure: las lenguas están vivas y por eso cambian y evolucionan, las hacemos evolucionar los hablantes con el uso que le damos.
Ya ves, cuñada, que, aparte de que estemos de acuerdo en "legalidad y normalidad" de la homosexualidad en sí, los argumentos lingüísticos nos dan la razón en nuestra apreciación sobre el significado de las palabras.

Anónimo dijo...

si fuera tan simple no necesitaríamos luchar por un lenguaje no sexista. El lenguaje es más que una invención, es reflejo del pensamiento y de la cultura de los pueblos. Y a menudo puede suponer un lastre en la evolución de ese pensamiento y un arma para defender las ideas. Hay que cambiar el pensamiento para que las palabras pueden mudar o ampliar su significado. Pero, tal y como lo han entendido los que luchan por un lenguaje no machista, cambiar esos significantes puede hacer que la idea vaya calando en el cerebro de algunos y ayudar a que poco a poco cambie el siginificado.Uff que lío!!!