martes, 13 de febrero de 2007

Benvid@s tod@s

Hoxe nace un novo blog. A partir de hoxe esta será a libretiña virtual na que vaia anotando todas as miñas inquedanzas. Estas notas xirarán, en principio, sobre dous grandes temas, a comarca de Caldelas e a política. Máis adiante irei engadindo algunhas outras cousas, xa veremos. Gustaríame que aquí poidese escribir quen quixera con total liberdade, pero eso sí e co maior respecto as persoas. Espero que neste espazo se poida respirar liberdade e tamen fraternidade. Unha aperta a todas e todos e gracias por visitarme.