Hoxe nace un novo blog. A partir de hoxe esta será a libretiña virtual na que vaia anotando to
das as miñas inquedanzas. Estas notas xirarán, en principio, sobre dous grandes temas, a comarca de Caldelas e a política. Máis adiante irei engadindo algunhas outras cousas, xa veremos. Gustaríame que aquí poidese escribir quen quixera con total liberdade, pero eso sí e co maior respecto as persoas. Espero que neste espazo se poida respirar liberdade e tamen fraternidade. Unha aperta a todas e todos e gracias por visitarme.
martes, 13 de febrero de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Noraboa polo teu blog
Moi boa idea a do teu blog. Visitareino de cando en vez.
Saúdos dende meu gabinete onde rebusco historias vellas e novas de galenos ourensáns.
Noraboa polo teu blog, e por unirte á rede socialista.
Conta conmigo como un asiduo visitante.
Un saúdo
Noraboa polo blog. Vin a túa mensaxe no da miña filla e decidín pasar saudar. A miña familia paterna é da Teixeira, así que me gustou atopar un blog caldelao.
Saúdos.
Estás comezando unha importante labor, que vas facer con moito cariño e á que lle vas dedicar moito tempo. Seino porque te coñezo ben, e porque vivo cada día esa paixón que sintes pola túa terra e polas túas ideas políticas.
Non podo máis que sentirme fachendosa de que teñas o propósito e sexas capaz de transmitir todo ese mundo teu para que nos fagas reflexionar e nos emociones a todas as persoas que leamos este blog.
Non me cabe dúbida de que neste teu diario vas plasmar eses valores que levas dentro e que eu tanto admiro. Tal vez sexa eso o que máis me impresiona de ti, toda a túa valía, as túas ganas de cambiar as cousas, o teu espírito de loita, a túa solidariedade, a túa bondade, a túa honestidade, a túa integridade persoal, o teu saber facer, a túa forza...
... a forza que me imprimes. Representas todo o que a min me gustaría ser.
A través de un extraña pegada vin que no meu blog entrara un Caldelao de Caldelas. Deixeime levar polo enlace e eiquí estou. Alegrame ver que nacen novas fiestras. Noraboa por ista aventura que permite reflexionar e interactuar na rede. Un saúdo dende máis alá do transformador.
empecemos con respecto: alguén coñece politicos honestos?...íntegros?...solidarios?
Publicar un comentario