lunes, 22 de octubre de 2007

Seguimos co Tour 2007-2008

Nós seguimos co tour 2007-2008. Todos os días por ahí adiante facendo actos do PSOE.
Hoxe tocounos a comarca máis lonxana de Ourense, Valdeorras. As 19:00 h. tivemos unha reunión comarcal para analizar como se atopa o Partido en Valdeorras e ver como imos afrontar as vindeiras eleccións xerais. Logo as 20:30 fixemos un acto sobre os dous anos de goberno na Xunta.
A verdade é que vir ó Barco de Valdeorras é moi alentador, é a comarca onde mellor se atopa o PSdeG de toda a provincia, por primeira vez na historia o noso partido foi a forza máis votada. Esto hai que llo agradecer a todas as personas de Valdeorras, pero especialmente ós/ás nosos/as compañeiros/as do PSOE valdeorrés e en especial a Alfredo García, o secretario comarcal.
Na foto entre outros están Toño (ex-Alcalde de Rubiá), Carmen (Delegada de Traballo), Paco (Alcalde de Ourense), Alberto (Deputado no Congreso), Gonzalo (Delegado de Educación), Alfredo (Alcalde do Barco de Valdeorras), Pachi (Sº Provincial do PSdeG-PSOE e Conselleiro de Medio Ambiente), Macu (Deputada Autonómica, Conchita (Delegada de Presidencia), concelleiros/as do Barco de Valdeorras, Fumega (Delegado de Medio Ambiente), Raúl (Delegado de Obras Públicas), Miguel (Alcalde de Petín), Santos (portavoz en Vilamartín de Valdeorras), Luis (portavoz e próximo alcalde de A Rúa)...

Ledicia e tristura na política internacional



Hoxe na política internacional unha de cal e outra de area.

Onte celebraronse en Suiza eleccións xerais e gañou o Partido Popular de Suiza, un partido de dereitas e corte populista. O UDC-SVP levou a cabo unha campaña racista e xenófoba. O seu cartel electoral díceo todo, cun eslogan que reza "creando seguridade", unha ovella branca expulsa dunha patada no cu a unha ovella negra fora do tapiz que forma a bandeira suiza. Como diría un amigo meu "para que falar..."

Por outra banda, onte tamén se celebraron eleccións parlamentarias en Polonia. Non gañou a esquerda, que foi a terceira forza, pero gañou un partido de dereitas (liberal) normal.E digo normal porque o Partido de Lei e Xustiza dos irmáns xemelgos Kaczyski que levan gobernando Polonia dende hai uns anos é de todo menos normal. Un partido que rompe a cada pouco a estabilidade en Europa, ultracatólico, antieuropeísta e perseguidor dos ex-comunistas. Por certo, para Aznar son os seus ídolos en Europa.

Pois nada, que o sinto polos suizos que sempre foron un exemplo de convivencia entre distintas nacionalidades e etnias e que a partir de agora seguro que entran nun grave retroceso en canto a convivencia, e noraboa ós polacos por darlle un pouco máis de seriedade a política do su país.

Unha aperta, compañeiro

Estes días atrás Pasqual Maragall sorprendianos a moitos anunciando a súa baixa de militancia no PSC, e por conseguinte no PSOE.
Hai tempo que o ex-President Maragall discrepa co posicionamento do noso partido sobre diversos temas, sobretodo coa nosa relación co nacionalismo e os/as nacionalistas.
Teño que dicir que nestes temas non coincido moito coa postura expresada polo compañeiro Pasqual Maragall, pero tan respetable é a súa opinión como a miña.
Para min é unha mágoa perder no PSOE a unha persoa que tanto ten aportado ó socialismo en España, pero é a súa decisión e polo tanto respectoa.
Aínda me sorprendeu máis a súa rolda de prensa que deu ó día seguinte e na que anunciou que lle diagnosticaran que padecía alzheimer. Sorprendeume, non porque llo diagnosticaran a el, senón pola entereza con que o fixo público e a dignidade con que se ve que afronta unha enfermidade tan temida.
Quero, compañeiro Maragall, enviarche unha aperta dobre. Primeiro porque che vaia ben na túa andaina fóra do PSC, e logo porque sexas capaz de vencer a ese monstruo que é o Alzheimer.
Unha aperta.