jueves, 24 de julio de 2008

"Retransmisión" dende Santiago de Compostela



Prometo facer unha paréntese cada día do Congreso para irvos contando as últimas novas ( e se cadra algún cotilleo). Todo elo dende o espazo habilitado para tal fin, dende o rincón dos bloggers e cibermilitantes.

Para ós/ás que vaiades a Santiago como delegados/as, observadores ou invitados/as decirvos que nos vemos alá.

Por certo, por mor do Congreso pérdome a primeira feira do viño da Ribeira Sacra ourensana, espero que sexa un éxito. E xa sabedes, se podedes, pasade por Castro Caldelas.
Acordádevos destas palabra, vai ser clave no Congreso: ALCALA PAMAPA (falamos á volta do Congreso) ;)

Pre-Congreso



PONENCIA 11 CONGRESO NACIONAL DO PSdeG.
LAICISMO E FEDERALISMO


O PSdeG-PSOE defenderá no Congreso a os valores do laicismo e o federalismo que atopan as súas raíces máis fondas na tradición republicana que inspirou o nacemento do partido.
No cónclave, que se celebrará os próximos días 26 e 27 de xullo, os socialistas defenderán o principio de laicidade como propio de toda democracia constitucional que afonde na separación entre o Estado e as confesións relixiosas . Asemade, afondarán na extensión dunha educación para os máis novos, nunha ética pública, cívica, baseada na Constitución e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no desafío de crear unha cultura laica e na consolidación de relacións de cooperación apropiadas caracterizadas pola igualdade e a non discriminación coas diferentes confesións relixiosas .
Os socialistas galegos debaterán tamén no seu 11 Congreso sobre a progresiva desaparición de símbolos e liturxias relixiosas nos edificios públicos e nos actos da CCAA . Como xa ten acontecido no Congreso federal do PSOE, falarase dos retos pendentes de afrontar nos próximos anos, como a extensión do principio de laicidade.
Federalismo
O PSdeG proporá un modelo federalista baseado nun goberno compartido. Os socialistas afondan no autogoberno e o federalismo como un ideario de autonomía territorial, de descentralización política e acomodación do pluralismo cultural e nacional, constituíndo así un complemento aos principios socialistas irrenunciables da liberdade, igualdade, xustiza, pluralidade , solidariedade e paz.
Novas tecnoloxías
Outro dos puntos importantes da documento a debater no Congreso galego é a aposta decidida polo software libre e a igualdade de acceso as tecnoloxías da información e comunicación, básicas nunha administración moderna . A aposta pola igualdade en condicións de acceso ás novas tecnoloxías é un compromiso claro da Ponencia.



Touriño afirma que a aposta pola confianza en Galicia, o federalismo e autogoberno e a cidadanía farán do Congreso do PSdeG-PSOE e do partido un elemento “activo, de integración e de vertebración do país”
“O Partido Socialista aspira a seguir traballando cos cidadáns nun proxecto de país, nunha Galicia que avanza, que progresa e que é capaz de superar dificultades e de responder as dificultades”, asevera
O secretario xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou esta mañá que os tres grandes “pivotes” do congreso que se celebrará esta fin de semana serán a confianza en Galicia, o federalismo e autogoberno e a cidadanía, tres elementos, dixo, “que farán deste congreso e do partido que saia do congreso un elemento activo, un elemento de integración e un elemento de vertebración do país.”
Así o explicou esta mañá en resposta a preguntas dos xornalistas o secretario xeral do PSdeG, para quen o Congreso desta semana vai confirmar que o Partido Socialista “é unha parte central na nosa sociedade”.
Segundo dixo, a primeira clave do Congreso é a aposta “de confianza no país, de confianza na cidadanía, de confianza en Galicia e na capacidade de Galicia de labrar o seu mellor futuro”. “O Partido Socialista aspira a seguir traballando cos cidadáns de Galicia, cos galegos e galegas, nun proxecto de país, nunha Galicia que avanza, que progresa e que é capaz de superar dificultades e de responder as dificultades”.
A segunda clave cifrouna Emilio Pérez Touriño no galeguismo, o federalismo e o autogoberno. Segundo afirmou, será un Congreso que parte
do ideario galeguista, “desa herdanza e tradición galeguista que asume o noso partido”, un “galeguismo federalista, un galeguismo por unha España federal e por unha España federal e solidaria, un galeguismo cívico, dos cidadáns”.
“Esa é a aposta fundamental, a conxunción entre a tradición galeguista e a tradición socialdemócrata e socialista. A fusión nun plantexamento federalista e solidario” que vai permitir que o Partido Socialista saia reforzado “e cunha auténtica panca e plataforma de impulso e renovación de Galicia, e de impulso do cambio e de profundización no cambio político, social e cultural da nosa comunidade.”
A este respecto, o secretario xeral agradeceu o traballo “moi importante” realizado pola militancia na dirección do impulso do autogoberno, da proxección da nosa cultura e da nosa lingua e da presenza exterior da nosa comunidade e o impulso dos valores e dereitos da nosa cidadanía, co obxectivo de extender e de crear un espazo de máis igualdade, de máis benestar e de máis protagonismo cidadán en Galicia.
O terceiro piar concretouno Pérez Touriño na cidadanía “elemento central, que xunto coa idea de unión e de solidariedade propia do socialismo, conforma o eixo deste congreso”. Ao respecto, o secretario xeral adiantou que o Congreso vai propoñer un auténtico pacto polo benestar, desde a cooperación dos concellos, do Goberno autonómico e do Goberno de España “para facer das políticas de asistencia social, de inclusión, de atención aos maiores, as políticas de conciliación de vida familiar e laboral, a plataforma fundamental de progreso da nosa sociedade”. “E cun compromiso, en momentos de dificultade económica, para que o benestar social e a extensión da igualdade de dereitos non sufran”, ratificou Pérez Touriño quen, pola contra, afirmou que serán políticas “preferenciais”. “Esa é a preocupación e a aposta do Partido Socialista polos sectores máis desprotexidos e con máis dificultades”, agregou.
O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos avanzou así mesmo que o Congreso centrará tamén as súas propostas nos ámbitos do emprego e o transporte público.
Respecto do primeiro asunto, Touriño adiantou que se achegarán medidas relacionadas co impulso do emprego da mocidade, coa recuperación dos mozos que están fóra, con medidas de incentivación á contratación e á reinserción e coa posta en marcha de itinerarios personalizados para o emprego, tanto das persoas que quedan desempregadas como, “de maneira
prioritaria”, as mozas e os mozos da nosa comunidade.
En canto ao transporte público, anunciou que se aprobarán propostas para impulsar o transporte público nas grandes áreas urbanas de Galicia na liña da redución dos tempos de desprazamento, a mellora de frecuencias, a creación dos consorcios de transporte metropolitano, ou a redución das tarifas nun termo medio do 40%.
“É dicir, un gran impuslo ao transporte tanto nas áreas metropolitanas como no medio rural a través de servizos adaptados e de servizos de transporte á demanda para xeneralizar un auténtitco transporte público tamén no medio rural da nosa comunidade”, valorou o secretario xeral, quen aludiu a que tamén se aprobarán propostas para a creación do ente público de infraestruturas ferroviarias, encargado “de xerar un auténtico servizo de cercanías ferroviarias e o impulso dos metros, dos tranvías lixeiros”. “En definitiva, de todos os elementos que en colaboración cos concellos e o Goberno de España son decisivos para esa política de transporte público complementaria ás infraestruturas que se están a realizar nestes momentos desde o Goberno”.
Finalmente, o secretario xeral asegurou que se trata dun Congreso que será unha apelación “á capacidade de resposta e confianza ilimitada en Galicia para facer fronte á situación de dificultade económica que estamos a vivir”. “É unha aposta de confianza e de unión, unha aposta por elementos activos na resposta, que sempre serán un modelo de política social, de defender e pensar nos cidadáns e nos sectores sociais máis desprotexidos e de seguir impulsando o investimento produtivo, ese investimento xerador de emprego, de actividade, de riqueza. Deste Congreso sairá unha folla de ruta de resposta á situación económica nesa clave. Os cidadáns e o investimento produtivo son a resposta que Galicia debe dar en clave de diálogo social e en clave de unión como veño reiterando estes días”, concluíu.



Pachi Vázquez di que apostará no congreso do PsdeG por que Ourense sexa "un piar fundamental" do futuro de Galicia


Mostra o apoio absoluto a Touriño do PSOE ourensán e aposta por fórmulas para estar representados igual que outros territorios galegos
OURENSE, 23 de xullo de 2008.- O conselleiro de Medio Ambiente e coordinador provincial do PSOE en Ourense, Manuel Vázquez, avanzou hoxe que no Congreso que o PSdeG celebrará a próxima fin de semana apostará por que Ourense sexa "un dos piares fundamentais" do futuro de Galicia.Manuel Vázquez sinalou que os socialistas ourensanos chegarán ao cónclave "con moita ilusión" e "cos deberes feitos". Así mesmo, recalcou que o partido en Galicia conta con "o líder máis cualificado de Galicia sen discusión como é Emilio Pérez Touriño", e xunto a el "un partido unido e ben vertebrado" que aspira a ser "o partido maioritario de Galicia nos próximos 12 anos". O dirixente socialista salientou que o PSOE da provincia chegará ao congreso "cunha unanimidades tremenda entre tódolos socialistas ourensanos" e ademais "cun absoluto consenso entre tódalas propostas que levamos".O coordinador provincial do PSOE de Ourense sinalou que o PSdeG "está sufrindo un crecemento moi importante en toda Galicia", aínda que en Ourense "probablemente é a provincia onde está tendo un maior crecemento". Así mesmo, lembrou que era a provincia galega "onde estabamos máis lonxe da media" e por iso "nos imos colocando nunha dimensión normal". Sobre as sensacións do PSOE de Ourense perante este congreso, resaltou que cada vez reciben "máis confianza dos cidadáns, os datos electorais, máis alá das opinións, son incontestables e o soporte do presidente Touriño para Ourense nestas tres anos de goberno da Xunta non deixa lugar a dúbidas".