viernes, 4 de julio de 2008

Esto está arrancando

Pois nada, amigos/as, chegamos ben a Madrid. Eran as 12 e xa estabamos no recinto do 37 Congreso Federal (e sin perdernos).
Pola mañanciña non moita cousa: constitución da mesa (por certo está Ricardo Varela nela), informe de xestión, un fenomenal discurso de Pepe Blanco...
Logo comida, e o máis importante ver por primeira vez fisicamente a moitos cibermilitantes e compañeiros/as coñecidos só na rede.
Estiven con César Calderón, José Luis Prieto, Blas García, Carro, Miguel Fidalgo, Iván Puentes, etc... Algúns de nós estivemos concretando un frente común para defender as enmendas relacionadas coa cibermilitancia socialista.
Agora á tardiña ímonos xuntar a delegación de Galicia para aunar posicións e preparar as comisións.
Por certo, eu vou estar na comisión catro, son o único de Ourense presente nesta comisión: a de Estatutos. É a comisión máis importante e onde se van decidir as futuras liñas políticas do PSOE nos vindeiros catro anos.
Non teño moito tempo para seguir escribindo, pero prometo contarvos de cando en vez como vai todo esto.
Unha apertiña dende Madrid.

Pola Paz

Non son nada afeccionado á música de Juanes, pero creo que hoxe merecen que colgue este vídeo no meu blog como homenaxe á liberación dun grupo de reféns que levaban moitos anos presos nas mans das FARC.
Este tema está a ser moi mediático porque estre ós/ás liberados/as atopábase Ingrid Betancourt. Pero non debemos esquecer que na selva colombiana, como noutros moitos lugares do Mundo hai moita xente presa e secuestrada por mal chamados grupos de liberación ou revolucionarios.
Non hai nada neste Mundo que xustifique un asasinato nin un secuestro.
Noraboa ó exército colombiano e a todos/as aqueles/as que combaten o terrorismo en calquera lugar do planeta.