viernes, 31 de julio de 2009

Descanso, descanso, descanso


Cando escribo estas liñas fáltanme unhas horas para poder coller vacacións. A verdade é que creo que este ano foron merecidas, pero non me vou a poñer aquí a relatar todos os momentos de traballo estresante que houbo nestes meses.


Xa só penso nestes días de descanso que vou a pasar entre Ourense, Castro Caldelas, varias escapadas por ahí adiante, e sobre todo unha viaxe que tiña metida entre cella e cella para facer, e que xa intentei durante os dous últimos veráns pero que logo tiven que cambiar.


Por fin vou ir ás Illas Azores. A ver se se cumplen todas as expectativas que teño sobre este arquipélago no medio e medio do Atlántico.


Espero poder traer tan boas fotos como estas atopadas no flickr de Roy McGrail (krm gib), Patxi 64, EudaldCJ (out) e Casimiro Valério, respectivamente. Xa as colgarei aquí no blog ou na miña conta de Panoramio.

De todos os xeitos espero seguir escribindo estes días. Unha aperta a todos e todas os/as que ledes este blog.