viernes, 25 de enero de 2008

Suspendo a actividade ata o luns


Estes días tiña pensado asistir ó acto que iamos celebrar hoxe en Verín, neste "tour" que estamos a facer polas comarcas, e o sábado e domingo ía ir a Madrid xa que alí o PSOE celebramos a Conferencia Política, na que eu asistiría en calidade de invitado.
Pero a media mañá torcéronse as cousas, cando asistía o pleno da Deputación (fotografía da sesión), recibín unha chamada da miña parella anunciandome unha mala nova familiar.
Por todo elo suspendo toda a actividade política ata o luns que me volverei a incorporar para levar a cabo un acto con Amparo Válcarce, Secretaria de Estado de Asuntos Sociais. Ata entón tócame estar coa miña xente e deixar a política de lado. Ata o luns a todas e todos.