jueves, 24 de enero de 2008

Cheo a rebentar

Cheo a rebertar, así estivo a sala do Auditorio de Ourense onde celebramos o acto de presentación da candidatura do PSdeG-PSOE ó Congreso e o Senado.
Tiñamos previsto un acto para unhas 250 personas e ó final xuntáronse ó redor dunhas 700 co cal non había unha silla valeira, os pasillos estaban cheos, tivemos que habilitar unha saída de emerxencia como sala nun lateral e gracias que colocaramos unhas pantallas no recibidor e alí poideron seguir o acto unhas 300 persoas por televisión.
Agora estamos a preparar o acto do día 1 ás 19:30 no Pavillón dos Remedios con Zapatero, a ver se aquí nos sae todo mellor.
Na foto podemos ver, en primeira fila e de esquerda á dereita a Juan Crlos de Verín, a Antía de XXSS, a Ismael portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, a Alberto (deputado), a Pachi (Conselleiro de Medio Ambiente e Secretario Xeral do PSdeG en Ourense) a Emilio (Presidente da Xunta e Secretario Xeral do PSdeG), a Elena (Ministra de Agricultura) e a Miguel (Senator in pectore). Pola segunda e terceira fila e no pasillo podo ver a Macu, Pablo, Abel Losada, Alfredo Vázquez, Miguel de Petín, Susana de Coles, Eva Méndez, Carmen de Viana, Santos de Vilamarín, Manuel Luis, Conchita, Vicente, Ana Garrido, Moncho de Entrimo, Fran de Piñor, Milia, etc...