viernes, 13 de julio de 2007

O meu blog está censurado na China



Si, si.... como o escoitades, o meu blog está censurado na China. Eu non sei que mal cometería, xa que este blog creo que ten uns contidos que os pode ler calquera (outra cousa é que opine igual).

Lendo un post do blog de Arbillas entereime que o dela estaba censurado, e entrei eu a consultar o meu blog a través de greatfirewallofchina, cal foi a miña sorpresa ó ver que ningún chinés que resida no seu país non poderá ver nuca estes comentarios.

A verdade, e sinceiramente, non creo que a ningún chinés lle interese moito o que eu aquí escribo, pero bueno sempre che fastidia ser merecedor de tal distinción.

Dándolle voltas ó asunto, houbo un momento no que entrou a dúbida de se esta páxina fose unha web propagandística en contra do réxime chinés, pero creo que non, porque fixen varias consultas de temas relacionados co comunismo e sempre deixaba acceder.

Bueno, aquí queda esto como curiosidade.

Aznar Borracho fala do viño, a DGT e moito máis

Lebrádesvos daquelas lindezas que se lle ocurriron o soso queridísimo ex-presi "Ansar" sobre a DGT e o viño... Pois hoxe atopei este vídeo-parodia sobre aquel caso. O final non é que sexa moi bó, pero a manipulación do son que fan ó principio sobre aquela célebre frase é mítica. Pasade e disfrutade.