Esta fin de semana puiden desfrutar dunha boa mistura: a cidade da Coruña, a exposición de PhotoGalicia de W. Eugene Smith e o concerto de Bunbury.
Unha das miñas paradas programadas era visitar o edificio da Fundación de Caixa Galicia, que xunto con PhotoEspaña organizan por segundo ano PhotoGalicia e traen á cidade das galerías a excelente exposición fotográfica do gran pai do enaio fotográfico W. Eugene Smith.
Á noite tocoulle a Bunbury... Quen mo diría a min cando tiña dezaoito anos e non podía ver nin en pintura ós Héroes do Silencio. Que queredes que vos diga, non me vou desfacer en eloxios cara este showman porque a música e os músicos teñen que gustar. E por moito que me explique eu non van a gustarvos nin máis, nin menos.
Dúas horas largas de concerto no Coliseum nas que repasou todo o seu pasado musical e presentou o seu novo disco, que sairá á venda a próxima semana.
Todo indica que Bunbury volta ó rock and roll logo de ter experimentado con case todo no eido musical. Esta aseveración é moi particular, pero para min hoxe é o maior showman que hai no escenario musical español. Porque falar de Bunbury non é só falar dun músico, é falar dun verdadeiro show.
Se queredes máis sobre el ide aquí.




