martes, 8 de enero de 2008

Remata a Navidade e eu póñome malo do fígado



Poís sí, remata a Navidade, época de excesos culinarios que case sempre se paga cunha visita ó médico por algún tipo de doencia. Eu xa visitei o meu médico onte, pero foi por un problema que arrastro de atrás nun xeonllo. Tamén lle pedín que me fixera unha analítica, pero esquecinme de dicirlle que me mirase haber que é o que me pasa no fígado.

Vouvos a contar. Teño unha gran inflamación no fígado. Comecei a notar unha dor cando me enterei de que a xerarquía da igrexa católica en España ía convocar unha manifestación para defender a familia tradicional porque a vían amenazada. Pensei que non era nada, que era a típica dor que sempre me ataca ó fígado cando vexo a Rouco-Varela na televisión. Pero logo fun vendo como outros bispos e arcebispos, entre eles o ultradereitista García-Gasco (ese que non permite, en contra da Lei, que ninguén se declare apóstata. Outro día falareivos deste tema que tamén me atañe e me preocupa) se posicionaba e atacaba ó Partido Socialista polos avances postos en marcha nesta lexislatura no referente a igualdade de dereitos entre todo tipo de parellas,... e ufff.... a inflamación empeoraba, xa notaba un bulto por debaixo do esternón e entre as costelas que asomaba para afora. Logo comecei a ler as declaracións de Antonio Cañizares, cardenal primado de Toledo- "La familia es la institución social más valorada, pero está siendo sacudida en sus cimientos por graves amenazas, incluso con legislaciones inicuas e injustas" e o meu fígado ía a pior. A estas alturas a bilis xa non me cabe na súa vesícula e comezame a encharcar o meu órgano hepático, pero é máis, non sei como pero á bilis xa me chegou o esófago e está facendo o camiño ó reves que fan os alimentos dentro do meu organismo. Nestes intres estame a chegar á boca e o sabor é insoportable.

Dentro do meu partido hai, segundo estudios, un 25% de católicos, un 50% de persoas que se atopan preto do católicismo pero que non son practicantes e un 25% de agnósticos. Este dibuxo corresponde de maneira moi semellante co da realidad da poboación española. Entón está claro que ningún grupo se atopa en posición de intentar impoñer nada ós demais. Tomo nota, e tamén me aplico o conto.

Pero logo desta análise, eu pregúntome: É lexítimo que un grupo fundamentalista de bispos, que non representan nin tan siquera a toda a igrexa católica intenten impoñer as súas teses retrógradas a toda a sociedade? É lexítimo que unha confesión relixiosa que se atopa en clara ventaxa e privilexios sobre as demais intente que un Estado se identifique unicamente coa súa maneira de entender á sociedade? Eu creo que a resposta rotunda e taxante é que non. Creo que un Estado debe de dictar as Leis e as Normas para todos e todas e que nunca se pode deixar levar por unha confesión relixiosa.

Estes días o arzobispo de Madrid queixouse de que en España retroceden os dereitos humanos, cando o Estado Vaticano non ten asinado moitos dos tratados das Nacións Unidas sobre o tema. O de Valencia lamentouse de que peligrara aquí a democracia, cando eles nin a admiten na súa organización, nin nunca fixeron senón obstaculizala en España. E o de Toledo sostivo que "la familia debe ser la primera prioridad mundial" porque "es lo mejor que tenemos", cando el e todos os demais bispos a eliminan de sus vidas. Seguir crendo nestes guías espirituais non é ter fe en nada, é únicamente caer nunha máis que lamentable credulidade, unha ignorancia ou menosprecio das múltiples advertencias de Xesús contra os fariseos, un grave perxuizo e unha moi perigosa ameaza fundamentalista contra a convivencia entre todos e todas as cidadanas (Fago miñas case ó pé da letra estas palabras de Luis Serrano Rubio deixadas nuns cometarios do xornal El País).

Teño que dicir que creo que o meu partido, o PSOE, non foi nesta lexislatura todo o valiente que me gustaría que fose neste sentido. Cóstame dicilo, pero é o que creo. Paréceme que se tiña que ter revisado o Concordato e que non se debería de haber feito a reforma do IRPF como se fixo, xa que creo que prima a Igrexa Católica, e unha confesión relixiosa débena de manter única e exclusivamanete os seus fieis. Pero dito esto, sigo a apoiar fielmente as posturas do PSOE, porque sei que non todo o mundo dentro dos Socialistas está dacordo cos meus plantexamentos.

De todas maneiras, e como remate, xa que me estou extendendo máis do que me gusta só me queda dicir que o PP debería abndonar a súa postura cínica e dicir se cando chegue o día en que a cidadanía española lle dea a oportunidade de gobernar vai derogar a Lei do Divorcio, a do Aborto, a da Igualdade, a do Matrimonio entre persoas do mismo sexo, etc... Se o van facer que o digan, e se non o van a facer que tamén nolo digan. Que Rajoy deixe de xogar a ser ambigüo.

Espero non tervos aburrido moito, pero este, o da relixión é un tema que me apasiona moito e fai que teña un discurso moi vehemente e cheo de paixón