domingo, 20 de enero de 2008

Faltan 49 días. Comezamos a "xira".



Onte faltaban 50 días e os socialistas comezamos a "xira" polas diversas comarcas ourensáns para presentar o comité de campaña, os/as candidatos/as e o método de traballo de cara ós vindeiros comicios do 9 de marzo.

O sábado o acto celebrouse en Castrelo de Miño e ía destinado ós/ás comapñeiros/as do Ribeiro. Eu non puiden asistir debido a que estaba no meu pobo desfrutando da festa dos Fachós. Era o último luxo que me podía permitir ata o 9 de marzo. A partir de agora tócanos traballar a reo. Para nós xa non quedan nin festivos nin domingos.

Hoxe fixemos un acto con triplete en San Cibrao das Viñas destinado ós/ás compañeiros/as da comarca de Ourense. Primeiro houbo un primeiro acto de traballo sobre a campaña, logo un acto público con prensa no que falaron Eladio Fernández (portavoz en San Cibrao), Alberto Fidalgo (nº " ó Congreso), Miguel Fidalgo (nº1 ó Senado) e Elena Espinosa (Ministra de Agricultura e candidata nº1 ó Congreso), e logo inaugurouse a Casa do Pobo de San Cibrao (no Polígono).

Foi un acto moi bonito. Primeiro por ver xa a todos/as os/as candidatos/as "actuando" xuntos, e logo tamén pola presencia de Eladio, que sempre é tan emotivo.

Bueno, volve a comezar a campaña (ou precampaña). A partir de agora procurarei estar todos os días 5 minutos con vós contándovos o acontecer destes días.

Fachós 2008. Un éxito


Un ano máis e xa rematou a festa máis fermosa de Castro Caldelas, a festa dos Fachós. A festa das festas.
Coma todos os anos foi moita a xente que se achegou ata a vila caldelá para desfrutar desta noite tan enxebre e tan fermosa.
Pero este ano cadraba a sábado, e a cantidade de xente ata foi de máis. Había ducias de persoas de Santiago, de Vigo, da Baixa Limia, de Valdeorras, de Verín, de Ferrol, da Coruña...
Por primeira vez puiden ver ata autobuses fletados para asistir a este evento. Calcúlase que se achegaron ata a festa ó redor de 8000 persoas. Posiblemente se haxa que replantear a organización deste evento xa que é case imposible atender a tantos visitantes co sistema que hai hoxe en día.
O que sí é certo é que cada vez as persoas que nos visitan vanse máis entusiasmadas cos Festa dos Fachós.
Este ano conmigo estiveron: Méndez Romeu, Conchita Camiña, Camilo Ocampo, Raúl, Monedero, Chelis, Miguel de Petín, Juan de Montederramo, Paco Magide, Paco del Río, Fran de Piñor, etc... (seguro que me esquezo de moitos/as, pero perdoade)
Para o ano que ven, a ver si aínda sae mellor ca este ano.
Por certo, tivemos grandes apuros para chegar ata o final co fachón grande (preto de 35 m. de lonxitude)