lunes, 2 de junio de 2008

Unha idea moi boa. Parabéns a Asoc. de Xubilados de Castro Caldelas

Se ve que dende hai un tempo a Asociación de Xubilados de Castro Caldelas vén de poñer en marcha un blog. A verdade é que cada día somos máis os/as blogueiros/as que contamos cousas de Caldelas. Cada quen dende o seu punto de vista.
Pero este non é un blog máis. Esta é unha iniciativa loable e marabillosa. A Asociación de Xubilados de Castro Caldelas, que non para de montar iniciativas para desfrute dos/as seus asociados/as, súmase ó tren das novas tecnoloxías.
Esta é unha iniciativa importantísima para poder rachar esa fenda que non se ve, pero que está ahí, estre os/as máis mozos/as e os/as maiores. A fenda dixital, a fenda das novas tecnoloxías, que fai que nun campo determinado da nosa vida nos distanciemos máis entre dúas xeracións distintas. Con proxectos coma estes bríndaselles ás persoas de máis idade coñecer esta nova experiencia de Internet que é unha nova fiestra a este global no que vivimos.
Meus parabéns a todos/as eles/as.
Se os/as queredes visitar podedes facelo dende este
enlace.

Pleno da Deputación movidiño

Estes días case non tiven tempo de escribir. Pero imaxino que estaredes enterados/as da falcatruada que se acaba de cometer en Calvos de Randín. José Manuel Andrade (tránsfuga) ex do PSOE e catro concelleiros do PP presentaron unha moción de censura contra Aquilino Valencia do PSOE. Todo esto amparado e tramado por Baltar, presidente da Deputación e do PP en Ourense.
O venres houbo pleno na Deputación e o PSOE presentou unha moción de urxencia para condear a moción de censura. Nesto os concelleiros do PSOE en Calvos de Randín e o público despregaron uns carteis, e de inmediato Baltar suspendeu ilegalmente o pleno. Nótase que ó Presidente do PP de Ourense dalle medo entrar no debate do tema. Para poñerlle a guinda ó pastel, o sinvergonza do portavoz do PP, Rogelio Martínez berrou "Que lles traigan uns bocadillos se quedan aquí pechados", dirixíndose ós concelleiros de Calvos de Randín.
Estes señores do PP son os que din que eles non teñen que ver nada con esta trama e que non apoian a moción de censura no concello arraiano.
Este é outro duro golpe á democracia dado polo PP. ¿Por que estas cousas só pasarán en Ourense, e Núñez Feijóo non as impide?