martes, 29 de abril de 2008

Estudio informativo de impacto ambiental da conexión da OU-536 coa N-120

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a asistencia técnica para a redacción do estudo informativo e impacto ambiental da obra: nova estrada de conexión da comarca de Trives coa estrada N-120 que servirá para conectar as comarcas de Caldelas e Trives coa estrada que transcorre ó carón do Sil e coa futura autovía A-76, vaia por onde vaia.
Esta é unha boa nove que significa a boa vontade da Consellería de Obras Públicas para que os nosos concellos estean ben comunicados.
Posiblemente nos próximos días haberá máis novas boas relacionadas coas estradas de Castro Caldelas, pero xa vos irei comentando todo ó seu tempo.

Obras en Castro Caldelas


Nestes próximos días comezarán as obras de renovación da rede de saneamento de Castro Caldelas. Que todo hai que dicilo, facíalle boa falta. As obras van a ter un custo de 163.000 euros e servirán para evitar as contínuas roturas das actuais tuberías de fibrocemento. Ademais, estas tuberías vellas está demostrado que non é o mellor sistema de conducción de augas para consumo humano.
Estarán as rúas da vila algún tempo levantadas para a mellora da rede, pero que todo sexa polo beneficio das veciñas e veciños de Castro Caldelas.
Esta obra intentouse, dende o Concello, poñela en marcha en varias ocasións co anterior goberno do PP na Xunta de Galicia e foi imposible. Agora, gracias a que o novo Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Pachi Vázquez, ten un especial coidado en poñer en marcha obras verdadeiramente necesarias pódese levar a cabo esta mellora.

Goodbye Edu

Vaise Zaplana. deixa a política para ir a Telefónica Europa.
Como se dí por ahí habitualmente que "Vaia con Deus". Creo que non o habemos extrañar moito. E o día en que se una a el Acebes habemos durmir todas e todos un pouquiño máis tranquilos.
Imos ver se esto serve para que o PP cambie o rumbo e se faga un pouco serio e menos barrulleiro.
A todo esto e por se non vos lembrades, este home pasará á historia da política española por aquela frase de "Estoy en política para forrarme"
¿Que será agora dos locais de Raios UVA que había preto do Congreso dos Deputados?. Esto si que é unha crise do sector ;)