jueves, 26 de junio de 2008

Un grave contratempo e un gran dilema


Non vos podedes imaxinar o mal que o levo pasado todo o día. Preguntarédesvos o por que. Cando volo explique, posiblemente a moitos/as pareceravos unha chorrada, pero a min hoxe tenme sumido nunha seudodepresión.
Algúns aínda non saberedes a que veñen estas fotos e que teñen que ver co meu contratempo e o meu dilema.
Dende hai uns meses (xa bastantes) teño problemas respiratorios (as veces agudos) e algunha alerxia. Decidín por fin ir a facer as probas e hoxe era o día.
O resultado é que son asmático, con todo o que esto conleva, medicación e medicación. Pero esto non foi o que fastidiou o día de verdade. O meu gran contratempo é que nas probas da alerxia o resultado foi que son alérxico a cans e gatos.

Na nosa casa, Belén e maís eu temos dúas gatiñas siamesas (Branquiña e Mouriña), antes tivemos a Mico. Non vos podedes nin imaxinar o cariño que lle chegamos a coller a estes bichiños. Agora a médica dime que vaia pensando en deixar de convivir con elas xa que supoñen un grave risco para a miña saúde.

Despois de coñecer esta nova quedeime totalmente frío. Algúns seguro que non entendedes que esto supoña un pequeno drama para min, pero é que non sabedes todo o que nos teñen dado estas dúas xoias.

Ímonos tomar un par de meses para que me fagan máis probas e ir madurando unha decisión, pero hoxe por hoxe paréceme imposible que deixe a estas dúas siamesas.
Bueno vou deixar de escribir e poñerme a facer algunha cousa por ahí que me distraia porque aínda se me van cair unhas lágrimas.








Noites máxicas no Mosteiro de San Paio

Os/as que sodes asiduos lectores do blog de Bautista Sotelo seguro que estes días estabades todos/as intrigados/as polas últimas entradas que poñían "Faltan XX días".
Agora xa podedes entrar no seu blog ou no de Amigos de Caldelas e saber de que se trata. Bautista andivo polo Castro este último fin de semana e comentoume que xa tiña todo últimado. Eu estaba enterado de que el e algunha outra xente andaban tramando unha iniciativa cultural novedosa en san Paio, e por fin saiu adiante.
O tema en cuestión é que todos/as os/as caldelaos e a xente que se queira achegar ata as ruinas do Mosteiro de San Paio da Abeleda nas noites do 31 de xullo e 1 de agosto poderán disfrutar nas "Noites de Contos" de dous dos mellores contacontos mundiais: Quico Cadaval e Carlos Blanco.
Todos/as os/as que poidades asistir non vos perdades estas noites de contos porque o xa de por si máxico marco no que se desenvolven hai que unir que tanto Cadaval como Blanco aseguran que pasaredes unhas noites de conto...
Vémonos alá.

Dende aquí darlle a noraboa ós/ás organizadores deste evento, porque o merecen.

A primeira foto é unha vista bastante recente do Mosteiro de San Paio dende O Couto. A segunda fotografía é da portada tardorrománica que comunica o patio interior do mosteiro do camposanto, esta é do ano 2003.