jueves, 26 de junio de 2008

Noites máxicas no Mosteiro de San Paio

Os/as que sodes asiduos lectores do blog de Bautista Sotelo seguro que estes días estabades todos/as intrigados/as polas últimas entradas que poñían "Faltan XX días".
Agora xa podedes entrar no seu blog ou no de Amigos de Caldelas e saber de que se trata. Bautista andivo polo Castro este último fin de semana e comentoume que xa tiña todo últimado. Eu estaba enterado de que el e algunha outra xente andaban tramando unha iniciativa cultural novedosa en san Paio, e por fin saiu adiante.
O tema en cuestión é que todos/as os/as caldelaos e a xente que se queira achegar ata as ruinas do Mosteiro de San Paio da Abeleda nas noites do 31 de xullo e 1 de agosto poderán disfrutar nas "Noites de Contos" de dous dos mellores contacontos mundiais: Quico Cadaval e Carlos Blanco.
Todos/as os/as que poidades asistir non vos perdades estas noites de contos porque o xa de por si máxico marco no que se desenvolven hai que unir que tanto Cadaval como Blanco aseguran que pasaredes unhas noites de conto...
Vémonos alá.

Dende aquí darlle a noraboa ós/ás organizadores deste evento, porque o merecen.

A primeira foto é unha vista bastante recente do Mosteiro de San Paio dende O Couto. A segunda fotografía é da portada tardorrománica que comunica o patio interior do mosteiro do camposanto, esta é do ano 2003.

1 comentario:

fredulfo, lobo dijo...

Si Parabéns. Se podemos acudimos.
O marco é incomparable.

Que aconteceu para que o mosteiro sigha sen arreglare?.

Eu souben que perteñecera a Nica, ex arquitecto do concello e outra xente, pero tendo recursos e cartos de europa porque nunca se arranxou.

Ademáis habería que discutir como. os franceses fano moito mellor.

grazas