jueves, 27 de septiembre de 2007

Público, un novo diario

Onte naceu un novo diario de índole nacional, chámase Público. Non sei se estaredes ó tanto pero xa parece que hai algo de polémica enter dito diario, o País e o goberno.
Público nace como xornal progresista, e polo tanto claro competidor do País. Eu creo que esto é bó para os lectores que nos consideramos de esquerda, xa que así poderemos ver distintos puntos de vista de medios de información progresistas.
Na dereita existen varios xornais no mercado: Abc, La Razón, El Mundo... o cal abre un abano de posibilidades para os lectores de dereitas que agora tamén nós teremos.
Dende aquí quero darlle a noraboa por este nacemento e desexarlle que teña unha longa traxectoria.
Por certo o diario tan só custa 0,5 € e trae de regalo un DVD, onte Los lunes al sol, hoxe Fahrenheit 9/11 e mañá María llena eres de gracia

martes, 25 de septiembre de 2007

¿Feliz aniversario?



Hoxe hai 75 anos que naceu Adolfo Suárez González. Non sei se este será un feliz aniversario para el e para a súa familia, xa que o Ex-Presidente do Goberno de España pola UCD está sumido nunha grave enfermidade dexenerativa dende hai anos. Pero eu, dende aquí, quero rendinlle unha pequena homenaxe a aquel presidente que chegou á democracia vindo de ser ministro secretario xeral do Movemento, do réxime franquista. Adolfo Suárez acadou a maioría nas primeiras eleccións democráticas e foi quen de tecer con moito coidado as bases na nosa democracia. Legalizou o PCE e o divorcio, en contra da opinión da dereita daquela época e comezou a andaina dunha feble democracia que facía augas polos catro costados. O avispeiro que era o seu partido e aforte oposición levada a cabo daquela polo PSOE acabaron coa súa carreira política, pero dende aquí quero facer un gran recoñecemento a este gran político ó que todos/as lle debemos a súa gran aportación para que España saíra do réxime franquista.

domingo, 16 de septiembre de 2007

O luns volta ó traballo


Bueno..., agora si que rematou o descanso. Remataron as viaxes, remataron as festas dos Remedios e o Irrio Peliqueiro, remataron as pequenas escapadiñas como a destes días á Devesa da Rogueira no Caurel....
E o luns volta ó traballo, poñerse as pilas e a comezar o novo curso político. Na Deputación comezaremos con moitas ganas logo de gañar dous deputados e de ter ó PP a tiro para dentro de catro anos. Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, será o novo portavoz e peza clave deste grupo para levar ó PSdeG-PSOE a facerse coa presiencia da Deputación nas vindeiras eleccións. Pero, non hai que esquecer que dentro de nada volven a celebrarse eleccións ó Parlamento e ó Senado, co cal o comité de campaña provincial teremos que estar ó cen por cen dende xa.
Preséntase un outono moi apoixoante, políticamente falando. Pero xa vós irei contando pouquiño a pouco.
Por certo, a foto do Irrio é de Carlos Hervella do xornal O Sil, eu non puiden poñer ningunha das miñas debido a uns problemas técnicos.

martes, 4 de septiembre de 2007

Ja sóc aquí.


Parafraseando ó derradeiro Presidente de Cataluña na República, cando poido voltar a España logo do exilio: Ja sóc aquí.

As pequenas vacacións que tomei fóra de Ourense coa miña parella trancorreron sen problemas. Antes de marchar colgáravos unha foto do lugar ó que fun, pero non vos dixera onde era, para aqueles/as que aínda non o sabedes, estivemos en Madeira. Un lugar recomendado para todos aqueles amantes da natureza, das paisaxes espectaculares e do sendeirismo.

Pero agora vou a aclimatarme a Ourense e á vida diaria, e logo xa falaremos. Hoxe recén chegado, aínda que teño vacacións ata o 15 xa tiven reunión do "aparato" provincial do PSOE, reunión cos deputados provincias, logo o pleno da Deputación, máis tarde rolda de prensa do grupo de deputados e para rematar comida cos deputados e o Secretario Provincial e o Secretario de Organización Provincial para trazar as liñas do curso político.

O día 6 e ata o 11 vou a estar en Castro Caldelas de festas e despois volta o traballo de verdade.