Bueno..., agora si que rematou o descanso. Remataron as viaxes, remataron as festas dos Remedios e o Irrio Peliqueiro, remataron as pequenas escapadiñas como a destes días á Devesa da Rogueira no Caurel....
E o luns volta ó traballo, poñerse as pilas e a comezar o novo curso político. Na Deputación comezaremos con moitas ganas logo de gañar dous deputados e de ter ó PP a tiro para dentro de catro anos. Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, será o novo portavoz e peza clave deste grupo para levar ó PSdeG-PSOE a facerse coa presiencia da Deputación nas vindeiras eleccións. Pero, non hai que esquecer que dentro de nada volven a celebrarse eleccións ó Parlamento e ó Senado, co cal o comité de campaña provincial teremos que estar ó cen por cen dende xa.
Preséntase un outono moi apoixoante, políticamente falando. Pero xa vós irei contando pouquiño a pouco.
Por certo, a foto do Irrio é de Carlos Hervella do xornal O Sil, eu non puiden poñer ningunha das miñas debido a uns problemas técnicos.
2 comentarios:
O de ter que volver pásanos a moitos, así que haberá que tomalo con paciencia. Pero eso sí quédanos menos para as próximas.
Que vaya moi ben o chollo.
1saudo
Publicar un comentario