jueves, 30 de abril de 2009

Cando non se ten altura de miras


Ó longo da Historia, e sobre todo nos últimos cincoenta anos, ás relacións entre Cuba e EE.UU foron bastante malas. Coma sempre, cando hai unha disputa, tiveron parte de culpa os dous paises. EE.UU. na súa época máis escura nas súas relacións con Latinoamérica promoveu varios atentados e golpes de estado contra o Presidente cubano, Fidel Castro, ademais de manter un bloqueo que durou ata hoxe. Este a súa vez, nunca fixo chegar a democracia a un país que vivía sumido na corrupción e a ineficacia baixo a presidencia de Batista e a tutela norteamericana. Fidel desafiu a EE.UU. alineándose coa U.R.S.S. na Guerra Fría e provocando ós norteamericanos creando bases militares sovieticas no seu territorio. De especial dimensións foi a famosa Crise dos Misís.

Pero ó que ía, estes días atrás Barack Obama deu un primeiro paso para normalizar as relacións entre estes dous países veciños e levantou a prohibición que tiñan os seus cidadáns para viaxar á illa caribeña. A administración Obama está a manter tímidos contacto co réxime cubano.

Cando o presidente cubano, Raúl Castro, tiña que estar a altura da situación, e saber mandar xestos ó outro lado do estreito de Florida e devolver o xesto que fan dende Whasington, resposta cunha patada e di que Cuba non ten que facer ningún xesto cara EE.UU.

Cuba ten que facer un xesto, e moi grande, cara ós cubanos e cara o Mundo enteiro, que non foi quen de presionar como se presionou noutras partes do Mundo para que desapareza un réxime totalitario, caduco e propio doutras épocas.

Pode que cando os barbudos se enfdrontaron a Batista, presidente dun país onde as corruptelas campaban as súas anchas fora ben visto por moita xente de esquerdas. Pero hoxe ós que nos consideramos socialistas ou socialdemócratas debemos alzar a nosa voz para que Cuba faga xestos e dea pasos adiante cara a unha democratización da illa.


Parabéns a un amigo


Imos ter que lle poñer de alcume " O home dos cargos", e é que Miguel Diéguez non para. Primeiro asesor na Consellería de Educación, logo Director Xeral no Concello de Ourense, máis tarde asesor na Consellería de Medio Ambiente e agora Vicexerente do Campus de Ourense na Universidade de Vigo.

Eu algo me cheiraba dende hai uns días, pero o sábado en Pontevedra e cuns chipiróns de por medio foi cando Miguel me confirmou a nova. Todos os meus parabéns para este gran amigo que tanto me ten aturado.


miércoles, 29 de abril de 2009

Candidatas 90-60-90


Berlusconi está a facer un cásting entre mulleres italianas para confeccionar a súa candidaturas ás vindeiras eleccións europeas. Sei que vos pode sonar a broma, pero é tan certo como que el é o "premier" italiano.

O político de de dereitas italiano e presidente do conglomerado "Popolo della Libertá" (Pobo da Liberdade), noutra das súa excéntricas ocurrencias, non tivo mellor idea que organizar unhas xornadas (exclusivas para mulleres)  para captar novas caras para o seu partido. A muller de Berlusconi, Verónica Lario declarou que esto é unha desvergonza para diversión do emperador. 

Neste novo episodio de surrealismo político, máis parecido a un episodio de "Gran Hermano" que a elaboración dunha candidatura dun partido serio, estaban invitadas Angela Sozio, Barbara Matera y Eleonora Gaggioli.

Bailarinas, presentadoras de televisión, actrices ou concursantes de Gran Hermano poden chegar a ser as novas representantes da dereita italiana, e compartir grupo parlamentario cos representantes do Partido Popular en España, porque todos/as eles/as se integrarían  no Partido Popular Europeo.

Ver para crer.


lunes, 27 de abril de 2009

O día despois


A veces dende fóra non se ve todo o que hai dentro dun congreso dun partido político. Tampouco eu vos vou a desvelar moitas cousas. Pero sirva coma exemplo que o sábado pola tarde cando cheguei á casa tiven que durmir catorce horas, sí, sí catorce horas.

Parece que as cousas son doadas, que van rodadas, pero hai moitas cousas que facer. Neste Congreso, e por segunda vez, fun elexido para formar parte da Comisión de Garantías Electorais. Somos cinco persoas que velamos porque todos os procesos dentro do Congreso se fagan con trasparencia e con limpeza. Esto, ó largo dos dous días do Congreso dá un pouco de traballo. Sobretodo si as instalacións que acollen o evento non se prestan en absoluto para traballar. Creo que nestes dous días subín dende o Plenario á sala onde nos reuníamos e onde estaba Pepe Blanco, Leire Pajín e a xestora unhas sesenta ou setenta veces. E o ascensor moitas veces non chegaba ata a quinta planta, que era onde se desenvolvía todo.

O venres comín uns pinchos, cenei uns pinchos e o sábado seguín comendo máis pinchos. Xa vedes un menú moi equilibrado. Pero o pior foi a noite do primeiro ó segundo día de Congreso. Só me puden deitar unha hora, de sete a oito da mañá. Xa que lle estiven botando unha man a Pachi nesa longa noite. Pero valeu a pena.

Temos nova executivana que se convinan veteranía e renovación. Son cuarenta e un membros e dentro dela hai sete ourensanos e ourensanas. A verdade e que estou moi contento polas responsabilidades que van a levar algúns compañeiros, porque sinceiramente, creo que son ós mellores. Os escollidos son Pachi Vázquez, Laura Seara, Miguel Fidalgo, Agustín Fernández, Mariló Cubillo, Eladio Fernández e Miguel Bautista. A miña noraboa a estes sete compañeiros e amigos.

Deixovos coa intervención de Pachi Vázquez o novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.


viernes, 24 de abril de 2009

Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE

Dentro dunhas horas comezá en Pontevedra o Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE. Dentro dun ananco arranco para a cidade doLérez.

Alí estaremos acompañados por Zapatero, Pajín, Blnaco, Espinosa, etc...

Dende a comarca de Trives-Caldelas aportaremos dez delegados/as dos cincocentos que alí nos daremos cita.

Espero ter algo de tempo para irvos contando como se desenvolve todo. 

"Vémonos" á volta.


jueves, 23 de abril de 2009

Benvida


Ó mellor agora pode soar como moi oportunista o meu comentario, pero sempre me gustou moito Rosa Aguilar. Tanto cando formaba parte do Congreso dos Deputados como na alcaldía de Córdoba.

Agora que parece que entra a formar parte do goberno socialista andaluz na área de obras públicas,  da man de Pepe Griñán, dende aquí quero darlle a benvida e desexarlle ó mellor.


miércoles, 22 de abril de 2009

Consello da Xunta ilegal

Non tardou Feijóo nin dous días en meter a pata. O domingo desvelou os nomes dos conselleiros e conselleiras que o acompañarán nesta andaina no goberno. Con estes nombramentos rompeu a equidade entre homes e mulleres que se establecera no anterior goberno. Aínda así nomeu a catro mulleres e seis homes, co cal cumpre a Lei de Igualdade.

O problema ven á hora de compoñer o Consello da Xunta, no que se sentan tanto os/as Conselleiros/as como o Presidente, co cal a relación é de catro mulleres contra sete homes.

Agora, o Partido Popular, ese partido que votara en contra da Lei de Igualdade pero que nas eleccións municipais se apresurou a denunciar as candidaturas doutros partidos que cometeran erros na súa elaboración, teñen que enmendar tal ilegalidade.

Non ten moito marxe de manobra, pero a ver que se inventan desta vez para sair de rosiñas como soen facer eles sempre.

Un novo PSdeG


Esta fin de semana ós/ás socialistas galegos/as celebraremos o Congreso Extraordinario do PSdeG logo da demisión do secretario xeral Emilio Pérez Touriño.

Despois desta fin de semana moitas cousas mudarán no partido. Novas caras, novo xeito de facer política, etc... A algunha xente non lle gustará moito o equipo e a maneira de realizar o traballo, a outros gustaralle bastante, e espero que a unha ampla maioría lles estusiame.

Eu xa o dixen a noite electoral cando perdemos as eleccións. Agora abrese unha nova etapa que debería ser moi ilusionante, porque van a mudar cousas, algunhas delas que non se estaban a facer da mellor maneira.

Nun principio parece ser que hai dunhas persoas con intención de presentar a sús candidatura á secretaria xeral, pero para elo hai que reunir polo menos cen avais dos/as cincocentos delegados que imos participar no congreso. Pachi Vázquez non debería ter ningún problema para reunilos debido o amplo respaldo co que conta, e Gonzalo Caballlero parece telo bastante difícil por non contar con demasiados apoios.

Tanto eu persoalmente, como dende a miña agrupación e dende a miña comarca  imos apoiar a Pachi Vázquez porque cremos que é o compañeiro máis preparado para asumir este reto, con gran experiencia e que coñece de sobra o partido. Quere mudar bastantes cousas dentro da organización e creo que con bo criterio por eso dende aquí doulle todo o meu apoio.


miércoles, 8 de abril de 2009

Baltar, esto é un delicto.


Só vos vou a deixar a entrevista que o outro día lle facía o Xornal de Galicia para que a leades. Fíxadevos no penúltimo parágrafo e dicídeme se esto é constitutivo dun delicto ou non.

O PSdeG xa puxo en coñecento da fiscalía este asusnto para que proceda. Unha lindeza máis das moitas ás que nos ten acostumado José Luis Baltar. Este personaxe segue a pensar que está na época do gran cacique Romanones.

O que non me gusta da toma de posesión dos/as Ministros/as


Esta é a foto de "familia" dos novos/as ministros co Presidente do Goberno e os Reis de España. É unha vez máis (xa o teño dito en varias ocasións) sigo dicindo que non me gusta. É non é porque non me gusten os/as ministros/as que creo que van a ser bos para España, senón outra vez polo crucifixo.

España é un Estado aconfesional e como tal nas tomas de posesión, promesas de cargos ou calquera outro acto oficial está de máis a simboloxía relixiosa.

Alguén podería dicirme que é que os/as ministros/as cren en Deus (que non sei se cren ou non), pero aínda así están representando a un Estado onde hai diferentes sensibilidades relixiosas e non teñen porque facer ostentación das mesmas, igual que non xuran diante dun cartel do seu partido político ou da bandeira do seu clube de fútbol.

É unha das asignaturas pendientes deste goberno, entre outras moitas e de maior relevancia. Pero coma sempre quero que se poña atención neste asusto.


martes, 7 de abril de 2009

Cambios ministeriais


Estes días estábase a especular sobre os posibles cambios ministeriais. Era un segredo a voces que Zapatero ía adiantar esta remodelacion de goberno para antes das Eleccións Europeas, pero as filtracións que se produciron estando el en Turquía fixerono volver a España antes do previsto para facer público os novo cambio.

O denominador común deste cambio é que se foma un goberno con moitísimo peso político.Salgado cambia de ministerio. Entran Chaves, Blanco e Jiménez, tres pata negra do PSOE. Tamén entran Gabilondo e González-Sinde. Saen Solbes (que o pedía a berros), Magdalena Álvarez (que non era moi afortunada coas súas intervencións), Garmedia, Soria e Molina (estes tres de moi baixo perfil político.

Zapatero acomete un cambio de ministros-xestores a ministros-políticos. Algo co que eu estou moi de acordo e que é o que veño repetindo dentro do PSOE a nivel galego sobre os males de algúns nomeamentos que se fan dende o noso partido. Persoas que xestionan ben pero que non saben aplicar criterios políticos. E en política estase para facer política.

Non son eu moi dado a ver as cousas eb clave territorial, pero Galicia segue a ter un peso moi grande neste executivo. Salgado será a número tres do goberno. Blanco ministro dunha das carteiras máis importantes. Espinosa titular do superministerio dos "tres medios", e Caamaño á fronte da súa recén estreada carteira de Xustiza.

Gústanme os cambios.



Andaina por Caldelas

Este venres día 10 vaise a celebrar a II Andaina por Caldelas organizada pola Asociación que organiza o Festival Ponte Louco. A cousa promete, xa hai bastante xente anotada. Podedes atopar información no blog do Ponte Louco e tamén no Facebook se buscades "II Andaina de Castro Caldelas".

Esta andaina non é como estas que organizan por ahí adiante os Concellos con dorsais, avituallamento, etc. Aquí é todo máis enxebre. Hai que levar o bocata ou a tortilla e logo comemos todos/as xuntos na Ponte das Táboas.

Se vos animades hai que estar ás 10 da mañá na Praza do Prado o vindeiro venres día 10. Alí nos vemos.


lunes, 6 de abril de 2009

Flickr ven de censurar a campaña das Linces


Flikr, ese sitio imparcial onde se poden colgar as túas fotos, baixo a influencia dalgún bispo con man no tema ven de retirar todas as fotografías que tiñan colgadas as do grupo de Las Linces.

O malo de intentar censurar algo en internet é que case ó momento e de forma exponencial obteñas como di Maripuchi unha resposta viral.


viernes, 3 de abril de 2009

Santa Cristina de Ribas de Sil xa está no clube dos Bens de Interés Cultural

Un dos mellores monumentos de toda a Ribeira Sacra, o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil aínda non contaba coa protección que lle otorga ser declarado Ben de Interés Cultural. Dende onte o Mosteiro sito en Parada de Sil xa está incluído dentro das relacións de BICs froito da aprobación desta declaración por parte do Consello da Xunta.

Unha boa nova para Parada de Sil e para a Ribeira Sacra.




Comeza a VIII Lexislatura


Antonte asistín o "solemne acto" de Constitución do Parlamento de Galicia na súa VIII Lexislatura. Nunca fora a un acto coma este e tiña ganas de asistir. Aparte da importancia que merece un acto coma este, posto que se pon a andar a Cámara Galega, o poder lexislativo teño que dicirvos que a sesión e tremendamente lenta, aburrida e non da moito de sí.

Só uns lapsus  por parte da nova Presidenta animaron a sesión. Chamoulle  señor Venezuela ó seu compañeiro de filas Rueda Valenzuela, logo mandou erguer a todos/as os/as presentes para escoitar o himno nacional (cando o que soaba era o himno galego), e rematou o acto dicindo que había facer traslado dos acordos adoptados ó Rey e o Presidente da "nazón". Algúns retorcíanse nos seus sillóns.

A mesa da Cámara estará composta pola Presidenta Pilar Rojo, como Vicepresidente primeiro José Manuel Baltar, Vicepresidente segundo Ricardo Varela, Secretario José Manuel Balseiro e Vicesecretario Anxo Quintana.