jueves, 30 de abril de 2009

Parabéns a un amigo


Imos ter que lle poñer de alcume " O home dos cargos", e é que Miguel Diéguez non para. Primeiro asesor na Consellería de Educación, logo Director Xeral no Concello de Ourense, máis tarde asesor na Consellería de Medio Ambiente e agora Vicexerente do Campus de Ourense na Universidade de Vigo.

Eu algo me cheiraba dende hai uns días, pero o sábado en Pontevedra e cuns chipiróns de por medio foi cando Miguel me confirmou a nova. Todos os meus parabéns para este gran amigo que tanto me ten aturado.


2 comentarios:

Unknown dijo...

joder Eladio, moitas gracias polos parabens. E xa sabes que podesme dar a lata sempre que queiras que para iso están os amigos....

rojillo dijo...

Benquerido Caldelao, ¿sabes por que a este tipo o reclaman para distintos cargos? Porque, ademáis de ser moi resolutivo no eido profesional, ten moi nidias as cousas no plano político. Saúde e saúdos para os dous.