lunes, 12 de mayo de 2008

SALVAXADA con letras maiúsculas

Vedes este ANIMAL. Pois este ANIMAL que acaba de matar a estes gatiños e que se exhibe con eles ante un amigo que lle fai unha foto é un membro das Novas Xeracións do PP en Talavera de la Reina. Chámase Jaime Ferrero e foi candidato do PP nas pasadas municipais ó concello de Talavera de la Reina.
Espero que a parte da expulsión do seu partido, a este ANIMAL a Xustiza lle caía con todo o peso (que seguramente neste caso non é moito) enriba del.
Unha persoa que é capaz de facerlle esto a uns gatos indefensos, de que será capaz nesta vida?

Xa coñecemos esta vella historia

Outra vez máis... e van mil. Baltar volve a facerse a víctima e fai unhas declaracións dicindo que el non quere seguir áfronte do PP provincial se non o queren as bases. Tamén afirma que cando determinen que sexa o congreso, que se debería buscar candidato. Baltar Pumar, lembra que el non quere permanecer e que leva á fronte da "nave" popular 16 anos. Di que a el ninguén o vai facer inútil á fronte de de nada". Sen embargo, pese a manifestar que cre que o que teñen que facer é ir preparando a sucesión", o Presidente do PP en Ourense non descarta totalmente a súa continuidade no cargo, xa que, admite que estaría a disposición do que queiran", que sería moi reticente a volver a presentarse, e que só se me chaman e me piden auxilio.
Esta canción xa a coñecemos doutras veces, Baltar chorando para logo dicir que todos o queren, que vai facer un esforzo, que el non abandona esto e que segue adiante co PP de Ourense.
E para máis inri hoxe sae Ruiz Rivas dicindo que Baltar é un crack e que Ourense está marabilloso, e todo grazas a el.

En ano de fame, todo son piollos


Non saio do meu asombro. No PP todos os días nos sorprende alguén con algunha saída de ton. Os cementos que sustentan a Rajoy son cada día máis endebles. Aínda que el saia reelexido como próximo presidente do PP, nunca puido imaxinar que sería tan cuestionado por case todos. Hoxe Gustavo de Arístegui fai hoxe unha declaracións no xornal Público onde afirma que "moita xente me pediu que me presente". Houbo movementos para que se presentase Zaplana e incluso Rato. Sen esquecerse de Espe. Pero a última nova sorprendente con todo este proceso é a referente a María San Gil. A dirixente "popular" vasca era unha das encargadas da redacción da ponencia política de cara o seu congreso, e onte fixo público que abandoaba a súa redacción por grandes diferencias de criterio no seo da mesma. ë dicir, outra máis que choca frontalmente coas directrices da actual dirección. Se é que exite algunha dirección, porque dende hai uns meses está totalmente desaparecida.

Pistoletazo de saída para o XI Congreso

O sábado pola mañá celebramos en Santiago de Compostela o Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE. A orde do día xiraba en torno á convocatoria do XI Congreso do PSdeG-PSOE. Este vaise a celebrar do 25 ó 27 de xullo na capital galega.
Emilio Pérez Touriño, na análise da situación política actual, avanzou que “o Congreso debe ser unha convocatoria para o futuro, para a esperanza, para mellorar a posición de Galicia en España e no Mundo”. O Secretario Xeral pediu “un Congreso de debates, de propostas, un Congreso que profundice nas políticas de cambio” e apelou “ó compromiso, á xenerosidade, ó traballo, á valentía, á lealdade, á imaxinación e á cohesión do Partido Socialista”. Para o Presidente da Xunta o Congreso “debe consolidar a marea do cambio e completar a folla de ruta, o Congreso é órgano soberano que decidirá o futuro do partido e seguramente do pais para os próximos catro anos”. Touriño matizou que “o PSdeG-PSOE debe asegurar a convivencia entre todos os cidadáns, manter unha posición de centralidade no mapa político galego e afondar no compromiso de autoidentificación coa terra”.
Ó longo da súa intervención, Pérez Touriño lembrou que o 19 de Xuño se cumplirán tres anos das últimas eleccións autonómicas galegas, e que nas pasadas xerais, o PSdeG-PSOE obtivo máis de 750.000 votos, algo máis de 68.000 votos novos, e o 40,6% do apoio electoral.
No Comité Nacional Galego debatimos sobre o calendario precongresual, o peche do censo, os criterios de asignación de delegados e o proxecto de orzamentos
.