O sábado pola mañá celebramos en Santiago de Compostela o Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE. A orde do día xiraba en torno á convocatoria do XI Congreso do PSdeG-PSOE. Este vaise a celebrar do 25 ó 27 de xullo na capital galega.
Emilio Pérez Touriño, na análise da situación política actual, avanzou que “o Congreso debe ser unha convocatoria para o futuro, para a esperanza, para mellorar a posición de Galicia en España e no Mundo”. O Secretario Xeral pediu “un Congreso de debates, de propostas, un Congreso que profundice nas políticas de cambio” e apelou “ó compromiso, á xenerosidade, ó traballo, á valentía, á lealdade, á imaxinación e á cohesión do Partido Socialista”. Para o Presidente da Xunta o Congreso “debe consolidar a marea do cambio e completar a folla de ruta, o Congreso é órgano soberano que decidirá o futuro do partido e seguramente do pais para os próximos catro anos”. Touriño matizou que “o PSdeG-PSOE debe asegurar a convivencia entre todos os cidadáns, manter unha posición de centralidade no mapa político galego e afondar no compromiso de autoidentificación coa terra”.
Ó longo da súa intervención, Pérez Touriño lembrou que o 19 de Xuño se cumplirán tres anos das últimas eleccións autonómicas galegas, e que nas pasadas xerais, o PSdeG-PSOE obtivo máis de 750.000 votos, algo máis de 68.000 votos novos, e o 40,6% do apoio electoral.
No Comité Nacional Galego debatimos sobre o calendario precongresual, o peche do censo, os criterios de asignación de delegados e o proxecto de orzamentos.
No Comité Nacional Galego debatimos sobre o calendario precongresual, o peche do censo, os criterios de asignación de delegados e o proxecto de orzamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario