jueves, 23 de octubre de 2008

Boas novas para a comarca de Trives e Caldelas


Esta está sendo unha gran semana para as comarcas de Trives e Caldelas. Hai uns días coñeciamos as liñas mestras dos orzamentos para o ano 2009, e neles veñen plasmadas varias inversións que viñamos reclamando os socialistas desta comarca.

Xa se contempla partida orzamentaria para o estudo da conexión de Trives coa N-120 e futura autovía e o estudo para a conexión de Trives con Valdeorras. Pero ademais, ven contemplado o estudo para arranxan a OU-536 que cruza a comarca de Trives e de Caldelas para comunicarnos con Ourense. Ademais xa veñen reflexados os cartos que faran falta nas próximas anualidades. Contémplase un total de 25,5 millóns de euros de inversión en tres anos, é dicir 4.242 millóns das antigas pesetas.

A todo esto temos que engadirlle que hoxe no Consello da Xunta aprobou a realización da concentración parcelaria nas parroquias de Vilamaior, O Burgo e Camba, dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

Unha boa semana para Trives e Caldelas.

Cumio de alcaldes socialistas ourensáns


Hoxe tivo lugar en Ourense un encontro cos alcaldes socialistas da provincia de Ourense.

Á reunión asistiron ademais do vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, a secretaria de Organización, Mar Barcón, o secretario de Política Municipal da CENG, Xoaquín Fernández Leiceaga e o secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Manuel Vázquez.

Alí estiveron case todos.
Eu comín con Blas, Eva e Víctor. A compañía excelente, e a comida exquisita. Non sei se Moas pensará ó mesmo ;)

Xa sabemos quen é o primo de Rajoy

Podería comezar dicindo aquelo de que: onte José María Aznar, ex-presidente do goberno, sorprendeunos cunhas declaracións nas que cargaba contra os valedores do ecoloxismo. Pero non, non podo comezar a sí, porque a min xa non me sorprende nada, absolutamente nada, das idioteces que di este señor.
Eu creo que máis dun elector, que hai uns anos lle de u o seu voto a Aznar nunhas eleccións estará na casa entonando aquelo de "Yo pecador me confieso".
Cando todos os científicos do Mundo,todos, absolutamnete todos, (outra cousa son algúns medios de comunicación) nos din, día tras día, que o fenómeno do cambio climático é real e de moita seriedade, ven o apóstol das grandes multinacionais contaminantes a dicir que é unha teoría "científicamente cuestionable". E todo esto desemboca nunha "nova relixión" dos que os seus abanderados son uns "enemigos da liberdade".
Aznar cuestiona ás conclusións de miás de 2.500 científicos que compoñen o Panel Intergubernamental do Cambio Climático (IPCC) da ONU.
Agora xa sabemos quen era o primo de Rajoy, aquel que o asesoraba en cuestións de cambio climático, e que facía que o Preisdente do PP afirmase que este tema "non era para tanto".
Fotografía tomada da web de PSOE Ibi.