domingo, 14 de diciembre de 2008

En directo dende a proclamación de E. Pérez Touriño

Teño que confesar que, ás veces, os actos de Partido son un pouco pesados. Demasiado tempo falando e un público non moi entregado.

Pero esto foi xusto o contrario do que hoxe ocorreu en Santiago de Compostela no acto de proclamación de Emilio Pérz Touriño como candidato á Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE.

Vouvos contar... Eu marchei cediño para Santiago (pilloume a neve no camiño) xa que quedara con Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSOE na Deputación de Ourense) para darlle uns últimos retoques á preparación da súa intervención no vindeiro pleno da Deputación ( o de Presupostos). Logo tivemos un Comité Nacional do PSdeG-PSOE (puro trámite e moi rápido).

Logo estiven tratando  con Pachi e Miguel temas orgánicos do PSOE de Ourense, xa que onte Lalo e máis eu xa viñeramos a unha reunión a Santiago cos de Ferraz para falar cousas "top secret".

Por último foi o acto de proclamación de Emilio como candidato á Xunta. Un acto organizado cun gusto exquisito e un aire de modernidade nunca visto ata agora (a verdade é que ós do Pino cada día supéranse).

No acto estivéronnos acompañando Guillermo Fernández Vara, Vicente Álvarez Areces, Pepe Blanco, Elena Espinosa, César Antonio Molina, Jorge Alarte... e un largo étcetera de compañeiras e compañeiros.

Un éxito de acto. Pálpase no ambiente que haberá PSOE para rato na Xunta de Galicia. E podo asegurarvos que ó respaldo ó PSdeG-PSOE vai aumentar nos vindeiros comicios do día 1 de marzo (porque eu aposto a que esa será a data).


Por certo teño unha novidade que contarvos (desta de traca), pero aínda non me deixan que o faga público. Así que atentos ó blog estes días porque vai haber novidades importantes para os socialistas de Ourense.