jueves, 17 de enero de 2008

Rajoy volta da súa viaxe ó centro

Mario Rajoy chega de volta da súa curta viaxe ó centro. Xa volve a estar na casa que sempre foi súa. Aznar esperábao á porta para que se acomodase no lugar do que o ex-presidente nunca quixo que saíse: a dereita.
Agora cada quen no seu sitio.

Iván Puentes e a esquera volátil


De seguido reproduzco un artigo que o meu amigo Iván Puentes , alcalde de Fene, publica hoxe tanto no seu blog como no xornal A Nosa Terra. O título do mesmo é a esquerda volátil e está baseado nas teses do estadístico César Molina, as cales comparto totalmente, e das que xa se fixera eco o xornal El País nun artigo do día 11 de novembro do ano pasado.

Hai neste país a crenza de que o centro, ese terreo ideolóxico tan equilibrado, equidistante, equilátero, ecuánime... que se existise debería, por eslamiado, deixar de facelo, é o que decide o resultado das eleccións. En cada campaña vemos como as forzas de esquerda e dereita xogan a moderarse para captar o voto dos supostos cidadáns de centro, as estrelas vermellas desaparecen da propaganda do BNG e florecen os lemas bilingües, lexibles en galego e castelán, os do PP falan do país e do galeguismo no que non cren e o PSOE tradicionalmente ten centrado as súas campañas en temas asumibles para un amplo espectro ideolóxico.

Eu comparto a teoría do estatístico César Molina, que fala da “esquerda volátil” para referirse ó conxunto de votantes que pululan entre PSOE, IU, BNG no caso de Galicia, ou a abstención; cidadáns de esquerdas que rexeitan frontalmente ó PP, pero que teñen tamén unha actitude crítica con respecto ó PSOE. Para el, e para min tamén, son estes cidadáns, e non o centro, ós que deciden se en España goberna a esquerda ou goberna a dereita. As últimas eleccións xerais son unha boa proba, Zapatero gañou pola esquerda, falando de dereitos sociais, de igualdade de xénero e sexualidade, de non á guerra, de dereitos territoriais... O PP obtivo case os mesmos votos que nas eleccións do 2000, cando Aznar gañou por maioría absoluta, pero no 2004 perdeu, simplemente porque a esquerda se mobilizou.Polo tanto, a vitoria do PSOE nas xerais deste ano ou de calquera partido de esquerdas noutras eleccións, pasa necesariamente por elaborar e defender sen complexos un proxecto verdadeiramente progresista, que enganche a esa esquerda volátil e que cumpra co difícil obxectivo de facela votar, porque a historia nos di que cando a esquerda se mobiliza a dereita nunca gaña. O 9 de marzo eses cidadáns críticos de esquerdas terán, unha vez máis, a responsabilidade de decidir co seu voto ou a súa abstención, as dúas actitudes contan, quen goberna en España, o PSOE ou o PP, Zapatero ou Rajoy, porque máis opcións reais non hai. A esquerda, votando ou absténdose, elixirá Presidente.Mentres tanto, espero que os partidos non se dediquen a buscar o centro, porque é como o inferno, un lugar imaxinario ó que non temos noticias de que chegase nunca ninguén

"Benedetta Sapienza" (Benedicta Sabiduría)



Fágome eco dunha páxina italiana que está apoiándo ó movemento esudiantil da Universidade romana de La Sapienza.

Non sei se estaredes ó tanto de que Ratzinger pretendía visitar como Papa a Universidade máis grande de Italia para inaugurar unha capela e dar unha conferencia sobre a Igrexa e o Catolicismo. A raiz desta invitación, que fora cursada polo Rector Renato Guarini, iniciouse unha ola anticlerical comandada por estudantes e profesores, pero tamén apoiada por colectivos de gais, lesbianas, feministas, ateos, antiglobalización, secotres molestos co Vaticano, etc...

Finalmente o Papa decidiu non acudir a La Sapienza porque o movemento anticlerical, que en Italia estaba hibernado comeza a despertar con moita forza debido as posturas ultracatólicas e ultraconservadores que a Igrexa está levando a cabo. Podedes visitar a web da que vos falo, que se chama Indymedia Roma Node e aínda que está en italiano seguramente podedes comprender todo o que dí. Senón é así podedes visitar un dos múltiples traductores que hai na rede e axudaravos. Aquí vos queda o enlace a un deles worldlingo.

Para rematar só vós quería comentar que nun párrafo desta nova, de xeito moi gracioso, ven a anunciar a web italiana que Benedicto XVI logo de consultar ó Espíritu Santo declinou a invitación da Universidade. Pois nada que lle siga peíndo moitos consllos ó Espíritu Santo e que nos guíe ben neste Mundo a todos os ateos, agnósticos, apóstatas, laicos e outros bichos raros

Que animal

Pensei moito se colgar ou non este vídeo, pola brutalidade do mesmo, pero aí vós vai. Non é ningunha novidade, é o vídeo grabado polo veciño dun animal. Como animal refírome a Juan Lado, dono do can Ronny.
Este vídeo deu a volta a España hai un tempo. Nel pódese observar como o animal de Juan Lado lle dá unha malleira a Ronny, que logo morrería dunha parada cardio-respiratoria, e non da malleira (está é a versión oficial). Os veciños do animal Juan Lado saíron en defensa do seu veciño os días posteriores e apoiárono moralmente. O caso acabou na Xustiza e o animal de Juan Lado foi condeano a pagar 6000 euros.
Días despois deste caso de maltrato aun can, un grupo musical chamado Lyvon compuxo unha canción sobre este tema.
Bueno, pois a novidade é que agora o animal maltratador denuncia ó grupo por inxurias sobre a súa persoa e pide unha indemnización ó grupo de 6000 euros.
Xa vedes Juan Lado maltrata ó can, o grupo compón unha canción, todo o tema vai á Xustiza, e resulta que ó final o único que sae perxudicado pode que sexa o grupo Lyvon.
Dende aquí só me queda apoiar a este grupo por ter feito unha denuncia dos feitos mediante unha canción, mostrar a miña solidariedade coas sociedades protectoras de animais (que desenvolven un papel importantísimo para defendelos e axudalos), e por último só me queda dicir (aínda que non é moito o meu estilo): Juan Lado eres un ANIMAL.
P.D.:Agora estou a espera de que presente unha denuncia contra min pedíndome outros 6000 euros