viernes, 8 de mayo de 2009

A promesa de Patxi López




Patxi López xa é lehendakari. O primeiro lehendaki que non pertence ó PNV, esto en sí é un feito histórico. Algúns analistas comentaban hai uns días que este era o último paso da transición en España. Eu non comparto en absoluto estas palabras. A transición en Euskadi está feita dende hai moitos anos. Non por estar o mesmo partido gobernando case trinta anos quere dicir que non se teña feito a transición política, porque senón o mesmo pasaría en Andalucía, Extremadura, Castela-León ou Castela-A Mancha. E ahí está en Alemania o Estado de Bavaria gobernado sempre pola dereita.

Ó que eu me refería é que é un feito histórico que haxa un cambio de goberno, igual que o será o día que se produza un cambio noutras comunidades que sempre estiveron gobernadas polo mesmo partido político.

Nótase que se van a producir cambios no fondo e na forma. O primeiro exemplo de cambio das formas é o de non xurar, senón prometer e o de facelo ante o Estatuto e non ante a Biblia e o Crucifixio.

Estes actos soen ser bastante rimbombantes, pero aínda así Patxi López mudou a fórmula de prometer o seu novo cargo por un modelo menos pomposo. Aquí o podedes ver:

A PROMESA DE PATXI LÓPEZ 

«De pie en tierra vasca, bajo el árbol de Gernika, ante vosotros, representantes de la ciudadanía vasca, en recuerdo de los antepasados, prometo desde el respeto a la ley desempeñar fielmente mi cargo de lehendakari».
O TEXTO TRADICIONAL DENDE JOSÉ ANTONIO AGUIRRE 

«Ante Dios humillado, en pie sobre la tierra vasca, con el recuerdo de los antepasados, bajo el roble de Vizcaya, juro cumplir fielmente mi mandato».