viernes, 5 de septiembre de 2008

E esto será o que nos espere a partir de agora

Manel Fontdevila para o xornal Público 05/09/08

Por fin... cara a unha lei de prazos


Por fin este goberno vai afrontar con valentía a reforma da Lei do Aborto.

En toda Europa só en Andorra está prohibido abortar e en Irlanda só se permite se corre risco a vida da nai.

A partir de ahí, os países máis retrógrados, no referente ós dereitos das mulleres a decidir se queren abortar, son Polonia, Finlandia Reino Unido e España.

Os demais países europeos contemplan unha lei de prazos que vai dende as dez semanas de Turquía, Portugal ou Eslovenia ata as vintecatro de Holanda.

Pronto no noso país as mulleres poderán decidir se queren traer un fillo/a ó Mundo ou non. En fin, un novo avance en dereitos sociais.

Mortos de primeira e de segunda

Imaxino que estaredes ó tanto da polémica xurdidada estes días por mor da investigación que o xuíz Baltasar Garzón abriu sobre os mortos da Guerra Civil que aínda están en fosas comúns.

Non quero abrir aquí un debate sobre se o xuíz ten competencias ou non neste asunto. Tampouco quero falar de se Garzón ten cousas máis "importantes" (como dixeron algúns) a que adicarse. Non me interesa en absoluto que bando foi máis cruel na Guerra ou de quen foi a culpa de que esta empezase. Só quero lanzar unha pregunta ó aire para que opinedes todos/as aqueles que vós apeteza.

Logo de setenta anos de rematada esta guerra fraticida e de ver como os restos dos gañadores están localizados (algúns xacen no mauseleo dos Caídos costruído á forza polos perdedores) e ver como moitas familias non saben se os seus achegados morreron tal ou cal día, se morreron en tal ou cal aldea e se xacen nunha ou noutra cuneta, logo de ver todo esto, non vos parece de xustiza que se abran as fosas e que se inicie unha investigación para ver onde están os restos de cada quen?

Soamente eso, sen buscar culpables, sen botar ver quen foi o pior, sen resentimentos. Só darlle ás familias os corpos dos seus achegados e que descansen como os demais.