miércoles, 10 de octubre de 2007

Voltan os malnacidos



Onte eran pouco máis das dúas cando nunha reunión que mantiñamos no Pazo de San Damián (Amoeiro) con todos os alcaldes socialistas de Ourense nos sorprendeu unha nova desalentadora: ETA atentaba contra un escolta dun compañeiro socialista do País Vasco.

Gabriel Ginés, escolta privado de profesión, militante do PP e veciño de Zaragoza fora o obxectivo da banda asasina de ETA. Foi case unha casualidade que dera salvado a vida, xa que o artefacto que os terroristas colocaron no seu coche era unha bomba-lapa incendiaria adosada nos baixos ó carón do depósito de combustible.

Eu sempre fun un firme defensor de que para lograr acadar a paz en Euskadi só habís un camiño: o diálogo. A verdade é que a pesar de todo este recrudecemento dos actos terroristas sigo pensando que é imposible chegar ó final do conflicto se ámbalas dúas partes non chegar a un acordo, no que todos/as teremos que ceder. Pero tamén é certo que cada vez creo que é máis difícil chegar a un acordo con aqueles que son incapaces de moverse das súas posicións radicais. Eu aplaudo a Felipe, a Aznar, a Zapatero e a todos aqueles que intentaron poñerlle fin a esta lacra mediante o diálogo (aínda que algúns intenten distorsionar a realidade), pero creo que de momento tocanos volver a pasar unha época de falta de diálogo e de confrontación. Oxalá os asasinos se dean pronto conta de que levan moitos anos matando sen conseguir nada, pero cando o burro tira para atrás nin pegandolle paos vai para diante. Dende aquí só me queda pedir a PAZ.