
jueves, 30 de julio de 2009
Todos/as coa Guardia Civil

miércoles, 29 de julio de 2009
Terroristas: Dícese daqueles que practican a dominación polo terror

viernes, 19 de junio de 2009
Non nos dobleguarán
miércoles, 3 de diciembre de 2008
Asasinado Ignacio Uria. O seu delicto xerar riqueza e postos de traballo en Euskadi
Gardas civís, políticos, militares, funcionarios de prisións, policías, empresarios, traballadores... todos somos obxectivos de ETA. lunes, 17 de noviembre de 2008
A democracia está de noraboa
Levaba uns días sen escribir xa que estiven de mini vacacións: Madrid, Cuenca e Toledo, e logo un par de días de descanso (traballando) en Ourense. Por elo todos estes días non escribín nada.jueves, 30 de octubre de 2008
jueves, 15 de mayo de 2008
Condea e repulsa fronte o atentado de onte
Hoxe as 12 h. reunímonos na Praza Maior de Ourense representantes de todos os partidos políticos, sindicatos, empresarios, asociacións e demais peroas anónimas que coa súa presenza quixeron condear o vil asasinato e o atentado que onte levou a cabo a banda asasina ETA en Euskadi.miércoles, 14 de mayo de 2008
Unidade
Agora mesmo que os asasinos nós volveron a atacar, levándose por diante a vida dunha persoa que o único delicto que cometeu era gardar a nosa seguridade, só nos queda a unidade. viernes, 7 de marzo de 2008
O 9-M, Vota

jueves, 6 de diciembre de 2007
Varios días de inactividade (ou vagancia)

Levo varias días sin escribir nada no blog. En parte debido a actividade no traballo, que me absorve gran cantidade do meu tempo, pero en parte tamén a un pouco de vagancia.
E o certo é que estes días ocorreron cousas de gran importancia que me gustaría comentar. A primeira delas, e máis importante, o vil asasinato de dous Gardas Civís en Francia. Outra vez volve ETA a empregar "a razón" das súas balas para convencernos a todas e todos de que as súas teses son as mellores e están no certo.
Dende aquí quero mostrar toda a miña solidariedade coas familias destes dous mozos que foron branco da sinrazón dunha xente que non sabe que neste mundo xa só valen as palabras e a política para defender argumentos distintos ós demais.
Parabéns para a Xendarmería francesa e os corpos de seguridade españois polo rápido apresamento de dous dos tres presuntos asasinos.
Creo que a partires de hoxe, e despois de que ANV non condenase este vil atentado, só cabe que o Estado poña en marcha toda a súa maquinaria en marcha para iniciar o procedemento de ilegalización desta formación, o igual que a do PCTV. Hoxe, e cos acontecementos que teñen pasado nos últimos meses (negociacións con ETA, ruptura da tregua, atentados, asasinatos...), non ten cabida xa que haxa algúns que non condenen estes actos. Tampouco o Estado se pode deixar guiar pola demagoxia oportunista e electoralista do PP e ilegalizar ós partidos ó día seguinte. Temos que deixar actuar á Fiscalís e os xuíces, e se hai probas suficientes que a Xustiza dicte sentenza.
Tamén teño que falar dun tema que me parece penoso. O outro día na concentración de repulsa a ETA, un grupo de "centristas" de Falange e do PP estiveron insultando e increpando a varios dirixentes socialistas, pero especialmente a Pedro Zerolo, chamándolle entre outras lindezas maricón.
Imaxino que Zerolo tivo que pasar un moi mal momento, mentres case todos os dirixentes do PP estiveron calados sen arroupalo, tan só o vice-alcalde de Madrid tivo agallas de defendelo.
Logo nunha manifestación (moi reducida, parece que xa só saímos á rúa para protestar polos manitromios gais, pola asignatura de educación para a cidadanía, ou cousas así) enfrontáronse persoas de dereitas e de esquerdas. Esto é o último que podería acontecer nunha manifestación de repulsa contra ETA. A estes actos vaise a protestar contra ETA e non contra a política de Zapatero ou as declaracións de Rajoy. Por primeira vez en catro anos parece que o PP e o PSOE estamos dacordo en saír á rúa xuntos por algo, e hai xente que se dedica a increpar ós que pensan distinto ca eles, pero sempre dentro do marco democrático. É de vergoña.
Só espero que sexa detido, canto antes, o terceiro membro de ETA que está implicado no asasinato e caía sobre el e os seus dous compinches (un deles aparece na foto do inicio) todo o peso da Lei.
lunes, 15 de octubre de 2007
¿Por qué vou a ter que condenar eu o franquismo? Mayor Oreja dixit

Este domingo La Voz de Galicia publicaba unha entrevista dunha páxina a Mayor Oreja, ex-ministro de interior e vicepresidente do Grupo Popular no Parlamento Europeo. Nesta noticia hai dous titulares que son demoledores. O primeiro deles í que "Zapatero fixo unha unión temporal de empresas con ETA". E o outro pregúntase que "¿Por que vou a ter que condenar eu o franquismo?".
Dende logo cada día que pasa eu sorpréndome máis con esta dereita española, centrista, democrática e de talante dialogante. Pero, imos a ver, está claro que día tras día e comentario tras comentario, estamos asistindo á aniquilación da centro-dereita española por un grupo de nostálxicos e fastizoides que controlan o PP.
Haberá quen diga, ¿e a ti que che importa se non eres do PP?, pero sí me importa esta a suceder o pior que pode pasar nunha democracia, que un grupo maioritario coma o PP se deixe arrastrar ó terreo da extrema dereita máis rancia.
Polo ben de todos/as, señores do PP poñan algo de cabeciña no que fan e no que din que parece que nos queren devolver ás épocas en que D. Manuel era ministro.
miércoles, 10 de octubre de 2007
Voltan os malnacidos

Onte eran pouco máis das dúas cando nunha reunión que mantiñamos no Pazo de San Damián (Amoeiro) con todos os alcaldes socialistas de Ourense nos sorprendeu unha nova desalentadora: ETA atentaba contra un escolta dun compañeiro socialista do País Vasco.
Gabriel Ginés, escolta privado de profesión, militante do PP e veciño de Zaragoza fora o obxectivo da banda asasina de ETA. Foi case unha casualidade que dera salvado a vida, xa que o artefacto que os terroristas colocaron no seu coche era unha bomba-lapa incendiaria adosada nos baixos ó carón do depósito de combustible.
Eu sempre fun un firme defensor de que para lograr acadar a paz en Euskadi só habís un camiño: o diálogo. A verdade é que a pesar de todo este recrudecemento dos actos terroristas sigo pensando que é imposible chegar ó final do conflicto se ámbalas dúas partes non chegar a un acordo, no que todos/as teremos que ceder. Pero tamén é certo que cada vez creo que é máis difícil chegar a un acordo con aqueles que son incapaces de moverse das súas posicións radicais. Eu aplaudo a Felipe, a Aznar, a Zapatero e a todos aqueles que intentaron poñerlle fin a esta lacra mediante o diálogo (aínda que algúns intenten distorsionar a realidade), pero creo que de momento tocanos volver a pasar unha época de falta de diálogo e de confrontación. Oxalá os asasinos se dean pronto conta de que levan moitos anos matando sen conseguir nada, pero cando o burro tira para atrás nin pegandolle paos vai para diante. Dende aquí só me queda pedir a PAZ.
viernes, 24 de agosto de 2007
Un día triste para todos os/as demócratas.

martes, 13 de marzo de 2007
Canto peor...mellor
oximarse a media europea, estase a por en marcha o cuarto piar do estado de benestar (Lei de Dependencia), estamos a ser un dos países claves nas relacións europeas, co mediterráneo e con latinoamérica, estamos a xulgar ós asasinos do 11-M, estamos a ampliar a gratuidade dos libros de texto, estamos a por en marcha máis leis que ningún outro goberno, pero nada desto se ve, nin se escoita.... Ó PP non lle interesa que se vexa nin se escoite.lunes, 5 de marzo de 2007
Os axitadores de gaseosa
se axita a botella da gaseosa antes de abrila, ó sacar o tapón bota todo para fora. Estes dous señores, Alcaraz e Jiménez Losantos son, entre outros uns dos que máis lles gusta menear o recipiente. Estamos vivindo uns momentos convulsos en España. Xente como estes dous elementos dedícanse a poñer a palla. Rajoy, Aznar, Acebes, Zaplama e Espe poñen o mechero. Logo por detrás veñen estes grupúsculos de extrema dereita que hoxe habitan dentro do Partido Popular e son os que pegan lume.
ar unhas declaracións de Mariano Rajoy nas que dicía que na próxima concentración que están a preparar non lle importaba en absoluto que apareceran bandeiras preconstitucionais nin que se unisen á mesma xente de extrema dereita. Dicía que el convocaba a manifestación para que se unisen todos os cidadáns que estiveran en contra das decisións do goberno en materia de terrorismo. martes, 27 de febrero de 2007
Un asasino quérese converter en mártir.
Juan Ignacio de Juana Chaos, un asasino de ETA, un verdugo que foi quen de decidir sobre a vida dos demais, está en folga de fame.





