jueves, 6 de diciembre de 2007

Varios días de inactividade (ou vagancia)



Levo varias días sin escribir nada no blog. En parte debido a actividade no traballo, que me absorve gran cantidade do meu tempo, pero en parte tamén a un pouco de vagancia.

E o certo é que estes días ocorreron cousas de gran importancia que me gustaría comentar. A primeira delas, e máis importante, o vil asasinato de dous Gardas Civís en Francia. Outra vez volve ETA a empregar "a razón" das súas balas para convencernos a todas e todos de que as súas teses son as mellores e están no certo.

Dende aquí quero mostrar toda a miña solidariedade coas familias destes dous mozos que foron branco da sinrazón dunha xente que non sabe que neste mundo xa só valen as palabras e a política para defender argumentos distintos ós demais.

Parabéns para a Xendarmería francesa e os corpos de seguridade españois polo rápido apresamento de dous dos tres presuntos asasinos.

Creo que a partires de hoxe, e despois de que ANV non condenase este vil atentado, só cabe que o Estado poña en marcha toda a súa maquinaria en marcha para iniciar o procedemento de ilegalización desta formación, o igual que a do PCTV. Hoxe, e cos acontecementos que teñen pasado nos últimos meses (negociacións con ETA, ruptura da tregua, atentados, asasinatos...), non ten cabida xa que haxa algúns que non condenen estes actos. Tampouco o Estado se pode deixar guiar pola demagoxia oportunista e electoralista do PP e ilegalizar ós partidos ó día seguinte. Temos que deixar actuar á Fiscalís e os xuíces, e se hai probas suficientes que a Xustiza dicte sentenza.

Tamén teño que falar dun tema que me parece penoso. O outro día na concentración de repulsa a ETA, un grupo de "centristas" de Falange e do PP estiveron insultando e increpando a varios dirixentes socialistas, pero especialmente a Pedro Zerolo, chamándolle entre outras lindezas maricón.

Imaxino que Zerolo tivo que pasar un moi mal momento, mentres case todos os dirixentes do PP estiveron calados sen arroupalo, tan só o vice-alcalde de Madrid tivo agallas de defendelo.

Logo nunha manifestación (moi reducida, parece que xa só saímos á rúa para protestar polos manitromios gais, pola asignatura de educación para a cidadanía, ou cousas así) enfrontáronse persoas de dereitas e de esquerdas. Esto é o último que podería acontecer nunha manifestación de repulsa contra ETA. A estes actos vaise a protestar contra ETA e non contra a política de Zapatero ou as declaracións de Rajoy. Por primeira vez en catro anos parece que o PP e o PSOE estamos dacordo en saír á rúa xuntos por algo, e hai xente que se dedica a increpar ós que pensan distinto ca eles, pero sempre dentro do marco democrático. É de vergoña.

Só espero que sexa detido, canto antes, o terceiro membro de ETA que está implicado no asasinato e caía sobre el e os seus dous compinches (un deles aparece na foto do inicio) todo o peso da Lei.

12 comentarios:

Unknown dijo...

Ola! Grazas por comentares o meu blog, a verdade e que todo o mundo se sorprende coa miña historia :)
Casei cun esloveno o veran pasado, pero levabamos xuntos xa seis anos. Eu vin para Eslovenia no 2005, a ata agora, sigo. Pero estrano moito a miña terra.
Por certo, gústame o reloxio do PSOE :) Vou votar por correo, dende a embaixada, e espero que os españois teñan cabeciña e deixen ós do PP para os cans :)

Anónimo dijo...

I LOVE YOUR BLOG THANKS FOR VISIT ME

多洛雷斯 dijo...

Hola! Pois si que estamos cerca e tivo que ser Eslovenia a que dese con nós. Vexo que temos cousas en común,tamén son educadora social e a pesar de non estar afiliada voto ó PSOE dende os 18.
O outro día, aquí na vila rianxeira (con alcalde socialista) escoitei unha conversa entre dous señores na rúa. Un deles dixo : en marzo estará Mariano no poder, está cantado!.
Coño, que mal me sentou oir aquilo, sei que non será así pero aquel home falaba tan convencido... Este señor non sabe que o único que fará Mariano será fundir o PP, é o peor candidato que vin en tempo, como non cambien de dirixente ..... non teñen nada que facer.
Agora xa contestando a túa entrada, só podo mostrar a miña repulsa polos asesinatos de Raúl e Fernando, e espero que o terceiro etarra tamén teña nome e pague polo que fixo.
Xa nos leemos. bikos

P_R dijo...

pues en este tema tengo muchas ideas particulares que prefiero no compartir aquí para que no se arme un mal rollo en tu blog por mi culpa. Logicamente que ninguna de ellas perdona o justifica la muerte y la violencia pero estoy con Zapatero en el principio de su gobierno. Alguien tiene que parar la bola de violencia y la unica manera es dialogando. Entiendo a las familias de las victimas pero el interes general a veces exige ciertos sacrificios, incluso sacrificios "voluntario" de derechos. El mundo necesita paz y somos cada uno de nosotros los que pueden lograrla y no "nosotros juntos". La paz se consigue sumando y luego si se es UNO. saludos paloma

pd: contesté tu mensaje en mi blog y tal vez no lo leiste. Luego vengo y te lo posteo (en otro post, que este no es un post frivolo y no creo que sea el lugar para contarte de mis cosas) que tengas un excelente finde paloma

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Para loli: Moitas gracias por entrar no blog, dende hoxe poreite nos meus blogs recomendados e prometo seguir leendote moi a miudo
Para P_R: Xa leín o teu blog, entro todos os días. Non te preocupes por crear algo de polémica no meu blog ou nesta entrada. Non hai nada que enriquezaca máis que as visións distintas sobre un mismo tema.
Unha aperta para sa dúas.

Anduriña dijo...

Hola, primeiro , gracias por lerme e segundo, me alegro de coñece-lo teu blog.
En canto ó PSOE, tamén o levo na sangue. Non en van o meu pai é concelleiro socialista dende hai máis de 20 anos. O seu mérito é que sempre o foi desde a oposición, pero por sorte, agora lles tocou o turno de poder gobernar no meu concello que é A Guarda (Pontevedra), cumplindo así o seu maior sono, porque a vida política local é un dos traballos máis bonitos que pode haber, aínda que iso non significa que todo sexa cor de rosa, nin moito menos.

Respecto ó tema de ETA, creo que tódolos cidadáns queremos que esta organización terrorista deixe de ser dunha vez noticia e de selo, que sexa para anunciar o seu fin real. A verdade é que non me extraña que na última manifestación (onde por fin parece que houbo unidade entre tódolos partidos)participase tan pouca xente. O problema é que os cidadáns xa non se creen que ese consenso entre os políticos sexa real. Non me gusta buscar culpables, pero neste caso é inevitable. Creo que o PP vai a recibir coa misma moeda de cambio os resultados negativos de todo ese veneno que inxectou na sociedade contra Zapatero e o seu goberno. Ese discurso repetitivo e destructivo non fixo máis que dar alas a grupos minoritarios, representantes dun fascismo rancio, que por desgracia atoparon nas manifestación organizadas pola AVT, PP e Cía un espacio para os insultos, exibición de símbolos franquistas e outros comportamentos que sempre chaman a atención dos medios de comunicación, aínda que se traten de 4 pelagatos.
Antes, había unha unión incondicional ante os asasinatos de ETA, mentres que agora, gracias ó PP, trátase dun arma arroxadiza para atacar a política antiterrorista do goberno, que en ningún país democrático é cuestionable e sempre hai unha colaboración plena entre goberno e oposición, pero xa sabemos que Spain ist diferent.

Saúdos e prometo pasearme máis a miúdo por aquí.

Anónimo dijo...

Hola Eladio. Echábamos de menos una nueva entrada y, desgraciadamente, ésta no ha podido ser más acertada (triste ironía ¿verdad?).
La lacra terrorista de ETA exige la unidad política y ciudadana para lograr éxitos contra ella, en la lucha antiterrorista. Hoy por hoy esta circunstancia está lejos de producirse, y no sólo por la actitud del PP o por el sectarismo del presidente de la AVT (¡cómo echo de menos en estos momentos la figura de su primera presidenta, Ana Mª Vidal-Abarca!).
No tengo especial esperanza en que este último amago de unidad política sea fructífero a medio plazo. Demasiadas distancias y consensos rotos, tanto por unos como por otros (me refiero básicamente a PP y PSOE). Y, al menos, teníamos a Imaz en el PNV, para contrarrestar las aportaciones habituales del nacionalismo vasco en estos asuntos (como botón de muestra nos basta la irritante actitud del consejero de justicia, J. Azkárraga, cada vez que se produce cualquier inciativa judicial contra dirigentes supuestamente políticos pero, de facto, colaboradores terroristas o terroristas directos...)
Basta recordar el fracaso de la última convocatoria de los partidos con representación parlamentaria. Qué oportunidad perdida.
Sea como fuere, como ciudadano "me obligo a pensar" que los partidos con "vocación de gobierno", en los momentos clave, son capaces de llegar a acuerdos de estado. Quiero pensar que esto es así. Y, además, "me obligo" a ello. Volviedo a los argumentos de tu entrada, te diré que estoy bastante de acuerdo con su globalidad (no podía ser de otra manera), pero con dos ligeras discrepancias:
1. Sobre el PP. Oportunismo político aparte, el PP lleva toda la legislatura instando a que la fiscalía general del estado actúe globalmente (remarco este adverbio) contra ANV. No desde la pasada semana, sino desde que este partido proporcionó cobertura a la izquierda aber-nazi (me niego a emplear el término "abertzale" -patriota en euzkara- para citar a estos miserables). Creo que el ministro de justicia ha reaccionado muy tarde.
2. Sobre la no condena del asesinato por de ANV: Soy partidario de una actuación global, seria, fundamentada jurídicamente, sólida, en suma, de la fiscalía general del estado contra ANV. Pero lo que tengo muy claro es que la falta de condena del atentado por parte de ésta (ANV) no debe ser nunca razón suficiente para inhabilitarla políticamente. Eso sería burdo oportunismo político, al calor de la precampaña electoral. Una cosa es poder demostrar que ANV (como anteriormente HB, EHK o Batasuna) proporcionan cobertura política a las acciones de la banda terrorista, o que incurren en delito continuado de apología del terrorismo, parapetándose en el derecho a la libertad de expresión (diario Egin) o que incluso forman parte del entramando de financiación etarra (fenomenal el trabajo de corredor de fondo realizado por el juez Garzón en este último tema). Otro tema es que un partido no condene un asesinato, o una acción terrorista, en su sentido más general. Aunque esta actitud resulte repugnante, la no condena no implica apología, apoyo político, financiero,... o formar parte de ETA. Las razones para la legalización de ANV deben ser otras. Y seguro que las hay: todos tenemos esta certeza. Como decía anteriormente, es una pena que la fiscalía general del estado haya comenzado a actuar tan tarde.
Un saludo.

Gaby Gaby dijo...

El empleo de la violencia, solo trae desolación, muerte y más violencia como contrataque. ojalá los seguidores de estos grupo puedan concientizar el daño que hacen y que con cada acción como esta, solo logran que las personas los desprecien más y más.
Hay que prestar un cuidado adicional, pero si lo puedo leer!!!
Gracias por tu visita!!! estaremos en contacto!!!!
Saludos

Gaby Gaby dijo...

El empleo de la violencia, solo trae desolación, muerte y más violencia como contrataque. ojalá los seguidores de estos grupo puedan concientizar el daño que hacen y que con cada acción como esta, solo logran que las personas los desprecien más y más.
Hay que prestar un cuidado adicional, pero si lo puedo leer!!!
Gracias por tu visita!!! estaremos en contacto!!!!
Saludos

Anónimo dijo...

Hey Yo! I like this blog a lot! I will keep on coming... have a great day!

ZHP

http://zerohourproject.blogspot.com

Anónimo dijo...

Hola tambien me gusto mucho tu blog, hablo 6 idiomas por eso escribi en español, me agrado mucho tu mensaje te lo agradezco y el gallego no es tan copmplicado al menos lo pude entender, bueno un abrazo a la distancia y estamos en contacto.

Idril Elanessë

Anónimo dijo...

Eladio
Gracias por pasar por el blog de BBC Mundo. Es la primera vez que leo un texto en gallego y me gustó mucho la experiencia. Ya había escuchado esta lengua en canciones y ahora incursiono en su lectura. Volveré por acá.