martes, 24 de julio de 2007

A nova portada da revista El Jueves

Imaxino que a día de hoxe xa saberedes todas e todos que o pasado venres a revista satírica El Jueves foi secuestrada polo xuíz El Olmo. Non vou reproducir aquí a portada orixinal porque está máis que vista por todos os lados. De feito en internet xa se subastan exemplares por valor de 2500 euros.
A web da revista non funcionou durante algúns días posto que se saturou e logo foi intervida polo xuíz ata que retiraron a portada orixinal.
Hoxe amósanos unha nova versión que seguro non lle molestará en absoluto á Casa Real nin o xuíz.
A verdade é que debido a este secuestro hábrese un bonito debate sobre a liberdade de expresión, ¿por que vós credes que aínda que na portada dunha revista se amosen as figuran dos Príncipes de Asturias facendo o amor é para retirála de circulación?, ¿por que falando claro, é que Felipe e Letizia non follan?